arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Premio «Publicacións: outros soportes» á colección arquia/mestres na X BIAU de São Paulo, 2016

Audiovisuais
10 octubre 2016

A Fundación Arquia recibiu o pasado 10 de outubro de 2016, en São Paulo (Brasil), o Premio Publicacións na categoría «Outros soportes» outorgado polo xurado da X BIAU, Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo, pola súa colección de entrevistas audiovisuais a mestres internacionais da arquitectura: arquia/mestres

A xuntanza do xurado tivo lugar en Madrid (España) os días 1 e 2 de abril de 2016, e estivo formado polos membros seguintes: Luis Asín (España), Ricardo Carvalho (Portugal), Fernando Márquez Cecilia (España) e José Luis Uribe (Chile): «O traballo premiado na categoría “Outros soportes” foi a colección arquia/mestres da Fundación Arquia polas súas entrevistas a Rafael Moneo, Ricardo Bofill, Manuel Gallego, Oriol Bohigas e Antonio Fernández Alba.» Acta X BIAU-São Paulo, 2016.