arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

arquia Teses

Verbo de arquia / teses

ANTECEDENTES

 O concurso bienal de teses doutorais que a Fundación Arquia celebra cada dous anos convocouse por primeira vez en 1997 seguindo a proposta de Carles Martí Arís, quen foi o seu director dende entón e até a IX convocatoria. Até a actualidade realizáronse 10 convocatorias: 1997, 1999, 2001, 2003, 2005, 2007, 2009, 2011, 2013 e 2015.

 

Xurados

 O xurado é proposto polo director da colección arquia/teses e ratificado polo Padroado da Fundación Arquia. Está composto por un presidente, dous vogais e un patrón representante da Fundación Arquia. Dende a primeira até a novena convocatoria, o director foi Carles Martí Aris, e actuou como o seu secretario, con voz pero sen voto. Dende a décima convocatoria (2015), o director da colección é José Antonio Sosa-Saavedra.

 

OBXECTIVOS

 O seu propósito é acceder ás teses máis relevantes que se realizaron nas escolas de Arquitectura para publicalas e así pór ao alcance do público interesado nos estudos sobre arquitectura un valioso material que, doutro xeito, resultaría de difícil consulta. Para iso, a Fundación Arquia creou a colección arquia/teses, que até o momento editou 39 teses, todas elas premiadas ou con mención.

 

PROCEDEMENTO

Convocatoria

 O programa convoca bienalmente a participar no concurso aqueles arquitectos españois que lesen a súa tese de doutoramento en calquera escola ou facultade de Arquitectura do mundo, así como aqueles arquitectos estranxeiros cuxa tese de doutoramento fose lida en calquera escola de Arquitectura española.

Inscrición

 Dende a VIII convocatoria en 2011, a inscrición realízase a través do sistema de inscrición en liña completando o formulario específico.

Selección das teses

 A principios do terceiro cuadrimestre, o xurado dá a coñecer a selección daqueles traballos que pasan á segunda fase do concurso. A Fundación Arquia solicita por correo electrónico aos autores os orixinais das teses preseleccionadas.

Premios

 O xurado poderá conceder un máximo de dous premios e catro mencións. Os premios consisten no compromiso de edición das teses por parte da Fundación Arquia.
O compromiso de edición está condicionado polo necesario traballo de reelaboración que deberá efectuar o autor da tese premiada de acordo cos criterios editoriais da Fundación Arquia.
As teses que obteñan «mención» terán unha consideración preferente nos plans editoriais da Fundación Arquia. O concurso pode ser declarado deserto.
A decisión do concurso comunícase aos participantes mediante correo electrónico e é inapelable.

Rexístrate na Fundación

Rexístrate como usuario da Fundación nos diferentes perfís de usuario