arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área Profesional/Enquisas

Arquitectos 2014

  • Resultados
  • O informe de resultados da IV Enquisa a arquitectos obtívose a partir das respostas dos participantes no módulo profesional de arquitectos do cuestionario da Enquisa Arquia 2014, realizada durante o derradeiro cuadrimestre dese ano.


    Ao pechar a convocatoria a fecha de 31 de decembro, completaran o cuestionario un total de 4.397 participantes. Os cuestionarios sometéronse a un proceso de revisión e validación. Puideron participar aqueles que cumpriran os requisitos expostos nas bases.


    O estudo foi dirixido e elaborado polo sociólogo Emilio Luque, profesor titular da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UNED.

  • CONVOCATORIA 2014
  • Durante o derradeiro cuadrimestre do ano 2014, a Fundación Arquia levou a cabo a IV Enquisa a arquitectos sobre o estado da profesión.
    Ao pechar a convocatoria a fecha de 31 de decembro, obtívose a participación de 2.520 arquitectos de España. Os cuestionarios sometéronse a un proceso de revisión e validación. Puideron participar aqueles que cumpriran os requisitos expostos nas bases.
    O estudo, no marco da Enquisa Arquia 2014, foi dirixido e elaborado polo sociólogo Emilio Luque, profesor titular da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UNED e elaborouse coa vontade de actualizar os datos recollidos no 2009, así como de perfilar unha imaxe do estado da profesión para identificar e dar a coñecer a estrutura actual do colectivo de arquitectos en España e a súa forma de pensar sobre o estado da profesión, os retos aos que se enfronta e as perspectivas de evolución da mesma.
    Anteriormente, convocáronse 3 edicións da enquisa a arquitectos (2003, 2007 e 2009), que foron o resultado do convenio de colaboración entre o Consello Superior dos colexios de arquitectos de España e a Fundación Arquia.


  • Candidatos
  • Puideron participar os titulados como arquitectos superiores en calquera das Escolas Técnicas Superiores de Arquitectura do estado español, os arquitectos estranxeiros con título obtido en España e os arquitectos con título obtido fóra de España e homologado en España.

  • Data limite de inscrición
  • 31 de decembro de 2014 ás 12 do mediodía.

  • Premio
  • Entre os participantes que completaron enviaron a enquisa sorteáronse, ante notario, tres viaxes para dúas persoas a Nova York que foron realizados dende o 31 de marzo ata o 5 de abril de 2015; e dez lotes de dous libros e dous documentais editados pola Fundación Arquia. Quedaron excluídos da participación do sorteo os empregados e membros dos organismos rectores do Grupo Arquia, así como os seus familiares en primeiro grao.

  • Sorteo
  • O sorteo tivo lugar ante notario o 30 de xaneiro de 2015.
    PARTICIPANTES GAÑADORES DUNHA VIAXE PARA DÚAS PERSOAS A NOVA YORK

    1. ANDRES LOMBAO BARBERO

    2. NOEMÍ MARTÍNEZ TEJERO

    3. MARIA VIRTUDES NAVARRO SARRIÓ


    PARTICIPANTES GAÑADORES DUN LOTE DE DOUS LIBROS E DOUS DVDS EDITADOS POLA FUNDACIÓN AQUIA:

    1. FRANCISCO JOSÉ PÉREZ OLEA

    2. MARÍA DEL PILAR REYES GÓMEZ

    3. CONSUELO VÁZQUEZ DE LA TORRE DE PRADO

    4. FRANCISCO CASTRO GONZÁLEZ

    5. ANGEL BAUTISTA LOPEZOSA

    6. ZOFÍA SZCSUDCIK

    7. CELIA GARCÍA TORRENS

    8. SANTIAGO PELAYO ANDRÉS

    9. ISABEL MAS ROBLEDO

    10. SOFÍA MATEOS AMANN