Quen pode participar?
Poderán participar os estudantes matriculados no curso 2020/2021 que superaran en algunha escola de arquitectura de España ou Portugal, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título habilitador para o exercicio da profesión de arquitecto.
Poderán participar tamén, os novos arquitectos que obtiveran o título habilitador para o exercicio da profesión de arquitecto nunha escola de arquitectura de España ou Portugal ou ter obtido o título fóra dos devanditos países e estea homologado en algún deles despois do 30 de abril de 2020.
Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que disfrutaran dunha bolsa da Fundación Arquia nunha convocatoria anterior.
No poderán participar os estudantes de universidades estranxeiras que estean estudando temporalmente nalgunha escola española de arquitectura a través do programa ERASMUS.
Cal é o período de inscrición?
La inscrición poderá realizarse a partir da primeira semana de xaneiro até as 12 do mediodía (hora peninsular española) do día 30 de abril de 2021 a través da páxina web da Fundación Arquia, fundacion.arquia.com/becas2021.
Como podo inscribirme?
A inscrición no programa de bolsas só pode realizarse a través do sistema de inscrición en liña, co formulario habilitado para iso ao pulsar o botón «inscrición convocatoria 2021» na web FQ (convocatorias>bolsas>edición 2021)
Cales son as modalidades de participación?
Existen 2 modos de participación: CONCURSO e EXPEDIENTE. en ambas modalidades, os candidatos seleccionados poderán escoller calquera dos destinos ofertados pola Fundación Arquia, sempre e cando cumpran cos requirimentos das bases específicas.
Como podo participar?
Podes participar nunha das modalidades o nas dúas ávez dentro da mesma convocatoria.
No caso de participar pola modalidade «concurso», o participante quedará inscrito cando marque a caixa indicada para a devandita modalidade. O envío da documentación solicitada nas bases (Anexo 2) realizarase dende a «área privada» de cada participante.
No caso de participar pola modalidade «expediente» o participante quedará inscrito unha vez que marque a caixa correspondente a esa modalidade e despois de completar as dúas caixas onde se solicitan os promedios das materias aprobadas. Segundo se indica no Anexo 1 das bases do concurso, calcularase, por un lado, todas as materias aprobadas da carreira (incluídas as do departamento de Proxectos) e por outro lado, só as materias aprobadas que pertencen ao departamento de Proxectos.
Para optar a realizar as prácticas nos estudios de Estados Unidos, Fundación Metrópoli, Royal Academy, Administración Pública o Campus Ultzama, os interesados que cumpran cos requisitos detallados nas bases, deberán seleccionar a caixa correspondente.
As bolsas da Administración Pública están suxeitas á sinatura do convenio e os resultados da adxudicación das mesmas non se publicarán ata a data da sinatura.
Como se realiza a adxudicación das bolsas?
Unha vez pechada a convocatoria, comeza o proceso de preselección previo á publicación dos resultados.
Na opción Expediente, as bolsas distribuiranse de xeito proporcional ao número de inscricións recibidas nesta modalidade por centro de estudos. Unha vez se determine o número de bolsas por centro ou por grupo de centros, as solicitudes ordenaranse segundo a suma da media das notas obtidas nas materias superadas da carreira e a media das notas obtidas nas materias superadas de Proxectos. Deste xeito, preselecciónanse os candidatos coas mellores calificacións para cada escola ou grupo de escolas.
Na opción Concurso, procederase a distribuír as doce bolsas de xeito proporcional ao número de concursantes presentados por centro de estudos. Una vez se asigne o número de bolsas por escola ou por grupo de escolas, o xurado realizará unha revisión das propostas presentadas e procederase á selección das dez propostas finalistas.
Unha vez preseleccionados os 12 candidatos por modalidade concurso, elixidos polo xurado único e o resto de candidatos pola modalidade expediente, realizarase a verificación dos datos enviados na inscrición. Para iso, solicitaráselles aos estudantes participantes, unha copia do expediente académico co fin de verificar o cumprimento de créditos aprobados. (No caso dos participantes seleccionados por expediente, deberase indicar que materias pertencen ao departamento de Proxectos).
Cal é a orde de adxudicación das bolsas pola modalidade expediente académico?
Cada candidato establecerá unha orde de preferencia de escolla de destino no mesmo formulario de inscrición, até un máximo de 10 opcións. Esta lista de preferencias incorporarase ao cadro de adxudicación de bolsas que, xunto coa súa posición segundo a súa cualificación no concurso ou a súa nota de seu expediente, determinará provisionalmente o estudio ou institución de destino. Este método busca garantir o máximo grao de satisfacción nos candidatos e nos estudios ou institucións de arquitectura que os reciben. Porén, cómpre sinalar que a clasificación así obtida para a escolla do destino non é vinculante no proceso de asignación dos candidatos e non determina necesariamente o destino definitivo.
Como se escollen os estudios de destino?
Unha vez comprobados os datos e antes de que se publiquen os resultados, notificaráselles individualmente aos candidatos a concesión da bolsa.
A partir dese momento, a comunicación cos bolseiros, ademais de realizarse a través da súa «área privada» e por correo electrónico, tamén se pode realizar por correo postal ou por teléfono.
En primeira instancia, a Fundación solicitará aos bolseiros gañadores a realización das prácticas profesionais, unha relación coa orde de preferencias dos 10 centros de destino. Tras a tramitación da información elaborada polos gañadores, a Fundación informará a cada bolseiro do centro de destino adxudicado.
Cando se fan públicos os resultados?
Durante a última semana do mes de xullo do ano corrente.
Asínase convenio de prácticas?
Si, unha vez realizada a adxudicación e antes de incorporarse ao estudio de destino, o bolseiro asinará un convenio de prácticas coa Fundación Arquia. Enviaráselles dúas copias asinadas polo director e deberás devolver unha asinada por el. Ademais, deberá enviar o seu currículo a través da súa «área privada» para que a Fundación o presente ao estudio de destino.
O bolseiro pode ser rexeitado polo estudio de destino?
Si, os centros de destino teñen a facultade de non aceptar o bolseiro, sen compensación de ningún tipo por parte da Fundación. No caso de que algún candidato renuncie ao seu destino, ou non sexa admitido polo centro de destino, a Fundación Arquia resérvase o dereito de declarar deserta a bolsa. Porén, para poder recolocar na medida do posible aqueles candidatos sen destino adxudicado por ter exercido os seus estudios de arquitectura ou institucións o seu dereito de non aceptación, a Fundación Arquia habilitará un prazo adicional de 10 días naturais durante o cal destino asignarase aos ditos candidatos seguindo a orde establecida no cadro de adxudicación.
Como se realiza a forma de pagamento aos bolseiros?
En primeiro lugar, o bolseiro deberá abrir unha conta corrente en Arquia Banca e comunicar o número á Fundación. Nesta conta aboaránselle os ingresos semestrales correspondentes ao período no que realice as prácticas.
O primeiro pagamento realizarase, unha vez recibida a comunicación do inicio do período de prácticas por parte do despacho e non antes de 15 días antes da data prevista.
Para realizar o sexto e último pagamento, o bolseiro deberá entregar á Fundación unha carta de acordo do centro de destino. Ademais, deberá entregar un cuestionario e un expediente en formato .pdf no que se describa a súa experiencia, que poderá obter e completar dende a súa «área privada». Estes documentos faranse públicos a través da páxina web da Fundación.
A Fundación Arquia aboará á Fundación Arquitectura y Sociedad as taxas de matrícula.
Ademais, ingresaranse os gastos de desprazamento e cubriranse os gastos da póliza de asistencia en viaxe. Todos os pagamentos sufrirán as retencións de Seguridade Social e IRPF vixentes.
Realizará a Fundación Arquia as contribucións á Seguridade Social?
Si, segundo corresponda. Ademais, proporcionará ao bolseiro cobertura segundo os termos da póliza de asistencia en viaxe. A Tarxeta Sanitaria Europea necesaria para o seu uso en destinos europeos deberá ser solicitada polo beneficiario.
Cando se realiza o «Acto de Entrega» das bolsas?
O «Acto de Entrega» das bolsas lévase a cabo en outubro e deberán asistir todos os bolseiros. No marco deste acto realizarase un percorrido arquitectónico pola cidade elixida.
Cando se poden realizar as prácticas no estudio de destino?
A data de realización das prácticas deberá ser acordada polo bolseiro co centro de destino segundo corresponda. A Fundación Arquia facilitaralle ao bolseiro os datos de contacto. O bolseiro deberá ter dispoñibilidade temporal para poder incorporarse ao estudio no prazo de 6 meses desde a adxudicación da bolsa, é dicir, deberá incorporarse ás súas prácticas, antes do 30 de xaneiro de 2022, salvo de común acordo co estudio ou entidade de destino. . Este prazo podería superarse se o centro de destino acepta.
Cal é o período de prácticas?
O período de prácticas en estudios europeos e na Real Academia será de 6 meses. No caso de bolsas en Fundación Metrópoli, Administración Pública e Estudios dos Estados Unidos, o dito período será renovable por 6 meses máis, segundo o criterio dos devanditos centros. O Campus de Ultzama ten unha duración de dúas semanas no verán.
Cal é a dotación económica da bolsa?
Durante o período de prácticas, a Fundación Arquia subvencionará ao bolseiro cunha dotación económica de 7.000 € (destinos nacionais) e 9.000 € (destinos no estranxeiro). No caso de renovar o prazo de seis meses na Fundación Metrópoli ou na Administración Pública, o bolseiro será subvencionado con 7.000 € adicionais.
Quen busca aloxamento na cidade de destino?
O bolseiro debe atopar aloxamento na cidade de destino con suficiente antelación, especialmente en cidades estranxeiras (polo menos dous meses antes).
Que debo facer ao finalizar as prácticas?
O bolseiro deberá remitirlle á Fundación un texto de homologación do centro de destino que valide o cumprimento íntegro das prácticas. Ao mesmo tempo, o bolseiro deberá cubrir o cuestionario e o expediente pactado no convenio que poderá obter na súa «área privada». Terminado o envío da devandita documentación, a Fundación procederá á tramitación do último pagamento.
Ademais, para facer uso dos novos medios de difusión da plataforma web da Fundación, recoméndase entregar un audiovisual de factura doméstica (tipo móbil) co relato da experiencia vivida durante as prácticas.
O bolseiro deberá remitir á Fundación o xustificante dos gastos do billete de ida e volta, logo de acordar o seu custo, para que a Fundación realice os trámites correspondentes para efectuar o pagamento.