arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área Profesional/Enquisas

Estudantes 2014

  • Resultados
  • O informe de resultados da VI Enquisa a estudantes de arquitectura obtívose a partir das respostas dadas polos participantes no módulo de estudantes de arquitectura do cuestionario da Enquisa Arquia 2014, realizada durante o último cuadrimestre dese ano.


    Ao pechar a convocatoria a fecha de 31 de decembro, completaran o cuestionario un total de 4.397 participantes. Os cuestionarios sometéronse a un proceso de revisión e validación. Puideron participar aqueles que cumpriran os requisitos expostos nas bases.


    O estudo foi dirixido e elaborado polo sociólogo Emilio Luque, profesor titular da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UNED.

  • CONVOCATORIA 2014
  • Durante o último cuadrimestre do ano 2014, a Fundación Arquia desenvolveu a VI Enquisa a estudantes de arquitectura dentro do marco da Enquisa Arquia 2014.
    A convocatoria pechouse a data de 31 de decembro cunha participación de 638 estudantes das escolas españolas de arquitectura. Os cuestionarios sometéronse a un proceso de revisión e validación e puideron participar aqueles que cumpriran os requisitos expostos nas bases.
    O obxecto da Enquisa a estudantes de arquitectura é coñecer a estrutura e o estado de opinión do colectivo de estudantes respecto á formación, profesión e as súas expectativas no campo da arquitectura.
    Estas enquisas, que ser realizan cada tres anos, convocáronse con anterioridade 5 edicións, coas que se puideron establecer pautas de cambio e estabilidade durante os últimos dez anos.
    O estudo foi elaborado polo sociólogo Emilo Luque, profesor titular da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UNED, cos resultados obtidos a partir das respostas dadas polos participantes nos cuestionarios en liña da enquisa de xeito anónimo e confidencial.

  • Candidatos
  • Puideron participar os estudantes matriculados en calquera Escola española de Arquitectura (non puideron participar os estudantes de universidades estranxeiras que estiveran a estudar temporalmente nalgunha escola española de arquitectura a través do programa Erasmus ou similar).

  • Data limite de inscrición
  • 31 de decembro de 2014 ás 12h do mediodía.

  • Premio
  • Entre os participantes que completaron enviaron a enquisa sorteáronse, ante notario, tres viaxes para dúas persoas a Nova York que foron realizados dende o 31 de marzo ata o 5 de abril de 2015; e dez lotes de dous libros e dous documentais editados pola Fundación Arquia. Quedaron excluídos da participación do sorteo os empregados e membros dos organismos rectores do Grupo Arquia, así como os seus familiares en primeiro grao.

  • Sorteo
  • O sorteo tivo lugar ante notario o 30 de xaneiro de 2015.
    PARTICIPANTES GAÑADORES DUNHA VIAXE PARA DÚAS PERSOAS A NOVA YORK

    1. ANDRES LOMBAO BARBERO

    2. NOEMÍ MARTÍNEZ TEJERO

    3. MARIA VIRTUDES NAVARRO SARRIÓ

    PARTICIPANTES GAÑADORES DUN LOTE DE DUOS LIBROS Y DOUS DVDS EDITADOS POLA FUNDACIÓN AQUIA

    1. FRANCISCO JOSÉ PÉREZ OLEA

    2. MARÍA DEL PILAR REYES GÓMEZ

    3. CONSUELO VÁZQUEZ DE LA TORRE DE PRADO

    4. FRANCISCO CASTRO GONZÁLEZ

    5. ANGEL BAUTISTA LOPEZOSA

    6. ZOFÍA SZCSUDCIK

    7. CELIA GARCÍA TORRENS

    8. SANTIAGO PELAYO ANDRÉS

    9. ISABEL MAS ROBLEDO

    10. SOFÍA MATEOS AMANN