-
Becas y convocatorias
Unha colaboración entre institucións de prestixio
Co obxectivo de contribuír á formación do arquitecto e ao seu crecemento profesional, a Fundación Arquia, en colaboración coa escola de negocios ESADE, presenta o Mestrado en Dirección e Administración de Empresas Corporate MBA-arquia banca, que permite proporcionar ao arquitecto ou profesional vinculado ao ámbito arquitectónico recursos persoais e capacidades de liderado e emprendemento que permitan novas visións empresariais ou a creación de empresas caracterizadas pola innovación e a creatividade á hora de ofrecer servizos distintivos e competitivos de calidade á sociedade, adaptados ao contexto actual.
Entre as principais actividades da Fundación Arquia, dende a súa constitución en 1990, cómpre destacar a edición de materiais en diferentes formatos (libros, libros electrónicos, DVD) a través de diferentes coleccións; e as convocatorias de concursos e bolsas de investigación, emprendemento e práctica profesional, como arquia/teses, arquia/bolsas e arquia/próxima, co obxectivo de promover e fomentar fins de carácter cultural, social, asistencial, profesional e formativo no campo da arquitectura, a construción, o deseño e o urbanismo.
A Fundación ESADE - Escola Superior de Administración e Dirección de Empresas, no sucesivo ESADE, é unha institución privada de ensino superior dedicada á docencia e á investigación nas áreas de economía, dirección de empresas, dereito e ciencias sociais, con diversos centros universitarios en que leva a cabo a súa actividade docente, dirixida a estudantes universitarios, posgraduados, altos directivos e profesionais. Dende a súa constitución en 1958, caracterizouse polo seu espírito de innovación e polo seu claro compromiso de servizo á sociedade. Conta con campus en Barcelona, Sant Cugat e Madrid e ofrece formación en calquera parte do mundo, xa que estableceu convenios de colaboración con máis de 100 universidades e escolas de negocios dos cinco continentes.
O programa permitirache asumir novas responsabilidades, proporcionándoche novas competencias directivas, financeiras e recursos organizativos de alto nivel. Adquirirás unha visión innovadora e a capacidade de dar respostas creativas, innovadoras e adaptadas ás novas circunstancias. Por iso, o Corporate MBA-arquia banca está deseñado para formar directivos cunha visión fresca e proactiva capaces de liderar e fortalecer modelos de negocio novos e xa existentes no sector da arquitectura.
Unha comunidade aberta ao networking e ao intercambio
Integrarte nunha rede de contactos moi heteroxénea e prestixiosa, formada por unha gran variedade de profesionais, empresas e directivos de primeiro nivel vinculados á arquitectura, á industria e á construción, cos que podes compartir experiencias e coñecementos e que poden abrir novas oportunidades á túa empresa ou estudio de arquitectura, así como ao teu desenvolvemento profesional.
Action Learning Project.
Entrepreneurship ou Intrapreneurship. Desenvolve o teu proxecto ou idea de negocio nunha contorna segura. O programa é unha excelente oportunidade para poñer en marcha proxectos da túa empresa ou estudio. Na ESADE disporás de múltiples recursos que che permitirán desenvolvelo con rigor, cun asesoramento experto e cun seguimento formal e de alto nivel. O Action Learning Project destaca por ser un foro ideal para probar novas ideas e estudar/valorar/incorporar novos conceptos.
Unha acreditación académica recoñecida.
Titulación propia dunha das escolas de maior prestixio internacional (n.º 8 do mundo segundo o Financial Times 2015). O programa CMBA é un programa homologado, título propio da Universidade Ramon Llull.
Profesionais con alto potencial de desenvolvemento
O programa está dirixido a profesionais e directivos vinculados ao ámbito da arquitectura, como arquitectos, arquitectos técnicos, directivos de empresas públicas e privadas, promotores etc. aos que a súa empresa ou estudio propuxo un plan de formación para dar impulso á súa carreira directiva ou Project manager.
Todos os participantes serán profesionais con alto potencial cuxo principal obxectivo sexa o desenvolvemento de coñecementos e competencias para asumir crecentes niveis de responsabilidade directiva.
A interacción con outros profesionais e directivos do mesmo sector garante un contorno de aprendizaxe fértil, dinámico e global en que profesores, directivos e técnicos comparten as súas experiencias e coñecementos sobre as mellores prácticas de xestión.
O Corporate MBA-arquia banca da ESADE e da Fundación Arquia abre múltiples traxectorias de crecemento nun ámbito colaborativo que fomenta o intercambio e o apoio mutuo, xerando un grupo cohesionado que atopa, tanto no seu crecemento profesional como na materia/temática arquitectónica, un denominador común.
As actividades académicas e formativas do programa forman parte desta filosofía de aprendizaxe e utilizan variadas metodoloxías para garantir o máximo aproveitamento.
O Lead Program, os Action Learning Projects, o simulador de xestión do cambio ou a formación en liña son metodoloxías especialmente deseñadas para conseguir o máximo impacto no mínimo tempo.
No programa cada disciplina e materia é tratada da maneira máis adaptada ao contido e ao perfil executivo do participante, sen perder en ningún momento o rigor que caracteriza un programa de posgrao.
1. Action Learning Projects
Os proxectos de empresa ou modelos de negocio traballan a integración de habilidades e coñecementos adquiridos durante o programa e recalcan a interrelación existente entre as decisións que afectan a distintos aspectos funcionais da empresa ou estudio. Permiten desenvolver un proxecto relacionado coa propia empresa ou unha nova idea de negocio ou servizo profesional que achegue valor engadido ao sector da arquitectura, da industria ou da construción.
2. Programa Lead de desenvolvemento de competencias directivas
Metodoloxía exclusiva baseada no modelo de intelixencia emocional de Daniel Goleman e Richard Boyatzis.
3. Simuladores de xestión
Aplicación de diferentes tácticas de xestión. Os diferentes simuladores inciden en áreas diversas: cambio, estratexia, mercadotecnia etc., nun contorno controlado e traballando en equipo, visualizando o seu impacto nos distintos stakeholders.
4. Actividades en liña
O formato semipresencial permite compatibilizar mellor o aproveitamento do programa coas obrigas profesionais. O módulo e-finance, os vídeos interactivos ou os cuestionarios en liña son algunhas das actividades de aprendizaxe a distancia.
5. Sesións con invitados do sector
A selección dun conxunto de invitados permite contrastar a actualidade do mercado e os modelos de negocio, así como a oferta de servizos profesionais que se requiren na actualidade. Estas sesións son paralelas ás materias formativas e contribúen a afianzar e propoñer un proxecto real no campo da arquitectura.
Módulo 1. Comprensión da contorna: O obxectivo deste bloque é proporcionar aos participantes unha comprensión profunda da contorna que rodea unha organización empresarial e dos diversos factores (políticos, culturais, económicos) que inciden nela. Materias: Contorno Xeopolítico, Managerial Economics, Corporate Social Responsability.
Módulo 2. Comprensión da estratexia: Este bloque ten como obxectivo que os participantes teñan unha profunda comprensión da importancia da estratexia na empresa, que sexan capaces de analizar a súa formulación e que comprendan as dificultades e os procesos necesarios para implementala. Materias: General Management, Estratexia Competitiva e Xestión do Cambio.
Módulo 3. Dirección das áreas funcionais: Con este bloque pretendemos dotar os participantes dunha visión global das diferentes áreas funcionais da empresa e dos procesos que levan a cabo cada unha delas, co fin de que comprendan a importancia estratéxica de cada un deles. Materias: Dirección Financeira, Dirección de Mercadotecnia e Comercial, Dirección de Operacións, Dirección de Sistemas de Información, Dirección RR.HH., Innovación e Entrepreneurship.
Módulo 4. Desenvolvemento directivo e liderado: O obxectivo deste bloque é desenvolver as habilidades de traballo en equipo dos participantes, como compoñente fundamental da súa capacidade de levar a cabo proxectos complexos cos seus clientes e de xestionar as persoas involucradas neles.
Programa LEAD. É un programa de coñecemento persoal dirixido a mellorar o teu exercicio de liderado. E é, especialmente, unha invitación a reflexionar sobre as túas aspiracións e as capacidades necesarias para facelas realidade. No teu día a día profesional ou persoal seguro que dedicas moito tempo a pensar e a relacionarte cos demais, pero moi pouco a pensar en ti mesmo. O LEAD ofréceche a ocasión de facelo, nun marco amigable e cunha metodoloxía contrastada.
Módulo 5. Action Learning Project ou proxecto de empresa. Con este bloque preténdese que a adquisición de coñecementos, habilidades e competencias desenvolvidas ao longo do programa transcenda toda a actividade profesional, contribuíndo á capacidade de xerar solucións innovadoras e de alto valor para a organización do participante. A empresa ou estudio poderá decidir que proxecto levará a cabo o participante se o considera oportuno.
Módulo Managing directors forum. Sesións de intensificación no sector da arquitectura ao longo do programa: Managing directors Forum – con directivos líderes de opinión e grandes expertos do sector que achegarán a súa experiencia e coñecementos.
Pedro Armangué, colaborador académico do Departamento de Mercadotecnia
Jordi Brunat. Profesor asociado, Departamento de Dirección Xeral e Estratexia. Profesor asociado URL. Director executivo, Unidade Executive Education
Josep Lluís Cano, profesor asociado sénior, Departamento de Operacións, Innovación e Data Sciences. Profesor contratado doutor. Director, Área e-learning
Jaime Castelló, profesor asociado, Departamento de Mercadotecnia. Profesor asociado URL
Director do programa (Madrid) Mestrado en Dirección de Mercadotecnia e Vendas
Ángel Castiñeira, profesor titular, Departamento de Ciencias Sociais. Profesor titular URL
Director da Cátedra LiderazgoS y Gobernanza Democrática
Marc Correa, profesor asociado, Departamento de Dirección de Persoas e Organización
Profesor contratado doutor. Director da unidade Executive Masters
Jordi Fabregat, profesor titular, Departamento de Economía, Finanzas e Contabilidade
Profesor contratado doutor. Director (Barcelona) do Executive Máster en Dirección Económico-Financiera
Xavier Ferràs, Profesor visitante, Departamento de Operacións, Innovación e Data Sciences
Rafael García, Colaborador académico do Departamento de Economía, Finanzas e Contabilidade Steven Guest, colaborador académico do Departamento de Dirección de Persoas e Organización. Profesor asociado URL
Ignacio Guitart, colaborador académico do Departamento de Mercadotecnia
Jaume Hugas, profesor titular, Departamento de Operacións, Innovación e Data Sciences
Profesor asociado URL
Carlos Jordana, colaborador académico do Departamento de Mercadotecnia
Xavier Mena, profesor ordinario, Departamento de Economía, Finanzas e Contabilidade. Catedrático URL
Jordi Molina, profesor titular, Departamento de Mercadotecnia. Profesor asociado URL
Director executivo, Custom Program Area
Manel Peiró, profesor titular, Departamento de Dirección e Persoas e Organización
Profesor contratado doutor
Marcel Planellas, profesor ordinario, Departamento de Dirección Xeral e Estratexia
Profesor titular URL
Andrés Raya, colaborador académico, Departamento de Dirección de Persoas e Organización
Profesor asociado URL Director do Programa PARTNERS
Ricard Serlavós, profesor asociado, Departamento de Dirección de Persoas e Organización na ESADE Profesor asociado URL
Ismael Vallés, colaborador académico do Departamento de Mercadotecnia
Julio Villalobos, profesor, Departamento de Mercadotecnia
Director do Programa inDIGITAL – Dirección de Mercadotecnia e Vendas Dixital
Jordi Viñaixa, profesor asociado, Departamento de Dirección Xeral e Estratexia Profesor contratado doutor
REQUISITOS DE ACCESO AO PROGRAMA
a. Titulación universitaria
b. Acreditar un mínimo de 3 anos de experiencia profesional a tempo completo. En caso dunha experiencia inferior, consulta o teu caso particular co equipo de admisións
c. Nivel business de inglés
d. O candidato debe ser proposto polas empresas participantes no Corporate MBA, co obxectivo de progresar no plan de carreira individual elaborado pola empresa ou o estudio.
PROCESO DE ADMISIÓN
1. SOLICITUDE. Solicitude de admisión, con CV actualizado e fotografía tamaño carné
2. PROBA DE ADMISIÓN. Proba de admisión da ESADE ou GMAT (Graduate Management Admission Test)
3. PROBA DE INGLÉS. Proba de nivel de inglés ou achegar certificado oficial
4. ENTREVISTA PERSOAL. Entrevista co equipo de admisión e dirección do programa
FINANCIAMENTO
TITULACIÓN: Mestrado CMBA-Arquia Banca. O programa CMBA é un programa homologado, título propio da Universitat Ramon Llull que outorga un diploma de 60 ECTS. O programa consta de 340 horas presenciais, máis 260 horas de formación en liña; o que supón un total de 600 horas lectivas. IDIOMA: A docencia impártese en castelán, pero entregarase material en inglés.
ONDE E CANDO: Celebrarase no Campus da ESADE de Madrid (c/ Mateo Inurria, 25-27. 28036 Madrid), de abril de 2017 a decembro de 2018. O formato para a realización do programa será dun día e medio ao mes (luns de 15:00 a 21:00 horas e martes de 9:00 a 18:00 horas, unhas 15 horas en total), e de 3 semanas intensivas (semana inicial, semana a mediados do programa e semana final).
IMPORTE: 29 000 euros. PAGAMENTOS: 2900 euros para a admisión, 14 500 euros ao comezo do programa (abril de 2017), 11 600 euros ao comezo do segundo semestre (xaneiro de 2018). BOLSA DE VIAXE: 10 axudas para desprazamentos. Dirixido a candidatos con lugar de procedencia diferente a Madrid. FINANCIAMENTO ARQUIA BANCA: O candidato pode financiar a matrícula co «Préstamo máster» ofrecido polas oficinas arquia-banca.
Luns, 28 de novembro de 2016. Pamplona, Hotel Alma, presentación-aperitivo
Martes, 29 de novembro de 2016. Madrid, COAM, clase maxistral-presentación
Luns, 12 de decembro de 2016. Bilbao, COAVN, presentación-aperitivo
Febreiro de 2017. Madrid, Campus ESADE, clase maxistral-presentación
Xoves, 9 de marzo de 2017. Sevilla, Fundación FIDAS, clase maxistral-presentación
Luns, 24 de abril de 2017. Madrid, Campus ESADE. Inicio Mestrado CMBA_Arquia Banca
Para obter máis información sobre o mestrados, así como sobre o proceso de admisión e solicitude de entrevista persoal, poden contactar con:
Fundación Arquia
c/ Arcs, 8, pral dcha. 08002 Barcelona
mba.fundacion@arquia.es
www.fundacion.arquia.es/master
Tel. +34 936 011 115 // +34 934 826 838 (Persoa de contacto: Yolanda Ortega Sanz)
ESADE_Barcelona
Custom Programs. Executive Education
Av. de Esplugues 92-96. 08034 Barcelona
www.esade.edu
cmbaarquitectura@esade.edu ou fatima.pique@esade.edu
Tel. +34 93 280 61 62 (ext. 3715) (Persoa de contacto: Fátima Piqué Aldomà)
ESADE_Madrid
Custom Programs. Executive Education
Campus Madrid. c/ Mateo Inurria, 25-27. 28036 Madrid
www.esade.edu
cmbaarquitectura@esade.edu
Tel. +34 913 597 714 (ext. 5817) (Persoa de contacto: Cristina Liao)