arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Centro de Documentación / Ciclos

Miradas de cine: a través de la ventana

Afirma Le Corbusier no seu libro Urbanisme (París, 1925) que Adolf Loos lle dixera nunha ocasión que "un home culto non mira pola fiestra, a súa fiestra é un vidro esmerilado, está aí só para deixar pasar a luz, non para deixar pasar a ollada". E, consecuente ata o final, o arquitecto austríaco chegou de feito a organizar os espazos interiores nas súas obras de tipoloxía residencial e, mesmo a disposición do mobiliario fixo, de tal xeito que non fose posible acceder ás fiestras.

As fiestras, balcóns, terrazas, galerías... eses espazos de transición entre o espazo privado e o colectivo, entre o íntimo e o público, convertéronse, emporiso, nestes días de confinamento nas nosas vivendas no único contacto non virtual, tanto visual como incluso físico, co mundo exterior.

Nesta ocasión propómosvos, por medio dunha selección de películas de ficción, curtametraxes e documentais, volver a gozar da persoal ollada dalgúns realizadores que empregaron estes elementos arquitectónicos como recurso simbólico, metafórico e, en definitiva, cinematográfico.

REAR WINDOW 

La ventana indiscreta

Alfred Hitchcock, 1954

Dirixida por Alfred Hitchcock, un dos realizadores que máis explorou a relación entre o cine e a arquitectura e baseada no relato It Had to Be Murder (Cornell Woolrich, 1942). A escena inicial, coa aparición dos títulos de crédito sobre uns estores abríndose para mostrar un patio de rueiro, xa establece o punto de vista desde o interior do apartamento do protagonista, o fotógrafo interpretado por James Steward, un encadramento que se manterá durante a práctica totalidade da película.
Parece que todo transcorre con normalidade no complexo residencial, excepto polo encerro forzoso de Steward pola súa perna rota, ata que o tedio e a frustración fan que comece a observar con atención o comportamento dos seus veciños.
ver

UNA GIORNATA PARTICULARE

Una jornada particular

Ettore Scola, 1977

Durante a súa filmografía, Ettore Scola representou en infinitas ocasións unha visión persoal, irónica e punzante, da cidade de Roma, do seu urbanismo e a súa arquitectura. Nesta película localiza a trama nun gran edificio residencial construído durante a época fascista no Viale XXII Aprile, coñecido como Palazzo Federici e obra de Mario de Renzi, arquitecto que realizará durante os anos 30 varios proxectos en colaboración con Adalberto Libera.
A trama desenvólvese, como o propio título indica, nun só día, o 6 de maio de 1938, mentres Hitler visita a capital italiana, cuxa poboación se afana no recibimento. Só tres persoas permanecen no edificio baleiro: a porteira, unha ama de casa, Antonietta (Sophia Loren) e un locutor de radio, Gabriele (Marcello Mastroianni). E un paxaro que voa dunha fiestra a outra, o que provoca o contacto entre os dous últimos.
ver

La casa como la ventana al interior del arquitecto,

Alex Duro

ver

Recursos

Todos estes recursos ofrécennos un panorama moito máis complexo e intenso.

 

Ester Roldán

Ester Roldán (1976), arquitecta pola ETSA de Valladolid e DEA pola ETSA de Barcelona.

Funda de longo+roldán arquitectos xunto con Víctor Longo no ano 2000.