-
Centro de documentación
-
Área cultural
-
Área profesional
-
Medios
-
A Fundación
Poderán optar á bolsa os estudantes de arquitectura e arquitectos mozos con nacionalidade española, portuguesa ou cidadáns con permiso de residencia en España ou Portugal que, na data en que remate a entrega de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:
Estudantes
a) Ter superado nalgunha escola de arquitectura de España ou Portugal, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título que habilita para o exercicio da profesión de arquitecto.
b) Estar matriculado no curso 2019/2020 nalgunha escola de arquitectura de España ou Portugal.
Arquitectos
Ter obtido o título que habilita para o exercicio da profesión de arquitecto nunha escola de arquitectura de España ou Portugal, ou ter obtido o título fóra dos devanditos países e homologado nalgún deles, despois do 30 de abril de 2019.
Apertura convocatoria: 2 de xaneiro de 2020
Período de inscrición: do 2 de xaneiro ao 30 de abril de 2020
Resultados: xullo de 2020
Acto de entrega: outubro de 2020
Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pódese optar por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultaneamente. Convócanse 12 bolsas para a modalidade concurso e o resto para a modalidade expediente. Para garantir unha distribución xeográfica axeitada das bolsas, farase unha ponderación proporcional ao número de inscricións válidas recibidas por centro de estudos e modalidade.
Os candidatos poderán optar a realizar as prácticas en todos os destinos ofrecidos pola Fundación Arquia dentro do programa. Para iso, deberán seleccionar as súas preferencias ao realizar a inscrición e cumprir os requisitos específicos de cada bolsa
Expediente académico. Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Este valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas da carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas de Proxectos (para este efecto, consideraranse todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal como se especifica no Anexo I das Bases.
Concurso. Os estudantes serán seleccionados en virtude do material achegado ao concurso, tal como se especifica no Anexo II das Bases.
A información pódese editar até o día e a hora que rematen as inscricións: 30 de abril de 2020 ás 12 do mediodía (hora peninsular española).
Expediente académico. Despois de realizar a inscrición, acceder á área privada de usuario inserindo o enderezo electrónico e mais o contrasinal e introducir a media das notas descritas anteriormente na casa habilitada para iso (apartado bolsas, opción «editar participación»). Posteriormente requiriráselles aos preseleccionados o PDF do expediente académico.
Concurso 2020: «Repensar os sistemas de fachada para os futuros edificios residenciais en altura». Despois de realizar inscrición, acceder á área privada de usuario introducindo o enderezo electrónico e mais o contrasinal e completar os campos obrigatorios. Presentación nun arquivo PDF en formato DIN A1 con 72 dpi, formato .pdf e un tamaño máximo de 10 MB que inclúa o seguinte material:
Título e texto de 100 palabras
Alzado e maqueta física a escala 1:200 dunha fachada de edificio residencial en altura de 12 a 18 plantas nunha localización urbana
Plantas, sección, alzado e maqueta física a escala 1:50 dunha zona máis detallada, cunha altura de 4 plantas e unha anchura de 4 cuartos
Listaxe de materiais e sistemas construtivos que reflicta as solucións e infraestruturas adoptadas
1 vista do ambiente interior, 1 vista que mostre o aspecto exterior
Os estudios foron seleccionados polos estudantes das escolas españolas de arquitectura como os seus preferidos para facer prácticas profesionais, segundo os resultados da VII enquisa en liña a estudantes de arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 2017. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos mediante unha enquisa en liña.
Os estudios que participan na presente convocatoria, cos que a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en réxime de prácticas, son os seguintes:
Aires Mateus e Associados
Alberto Campo Baeza
Álvaro Siza
Amid.cero9
AZPML
Barozzi Veiga
Carme Pinós
Cruz y Ortiz Arquitectos
EMBT. Miralles Tagliabue
Emilio Tuñón arquitectos
Flores Prats Architects
Foster and Partners
H-arquitectes
Herreros Arquitectos
Kéré Architecture
Lacaton & Vassal Architectes
MVRDV
Nieto Sobejano, Arquitectos GMBH, Berlín
Nieto Sobejano Arquitectos, Madrid
NoMAD
OAB Carlos Ferrater
Patxi Mangado
Rafael Moneo
RCR. Aranda Pigem Vilalta
A Fundación Arquia, coa colaboración de Architect-US, convoca 2 bolsas para arquitectos mozos de España e Portugal destinadas á realización de prácticas profesionais en estudios de arquitectura de Estados Unidos nos seguintes estudios:
OMA*AMO Architecture, New York
Diller Scofidio + Renfro, New York
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supón o coñecemento práctico da profesión, convoca 1 bolsa para estudantes de Arquitectura e arquitectos de recente titulación nas escolas de Arquitectura de España e Portugal destinada á realización de prácticas de xestión cultural, non-laborables, na sede da Fundación Arquia en Barcelona.
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supón o coñecemento práctico da profesión, convoca 1 bolsa para estudantes de arquitectura e arquitectos mozos das escolas de arquitectura de España e Portugal destinada á realización de prácticas de xestión cultural, non laborais, na sede da Royal Academy of Arts en Londres.
O obxectivo da bolsa é ofrecer aos candidatos a posibilidade de complementar, mediante prácticas nunha institución dedicada a fomentar a creación, o goce e o coñecemento das artes visuais a través de exhibicións, educación e debate, os coñecementos culturais adquiridos durante os seus estudos e os seus primeiros anos de actividade profesional.
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supón o coñecemento práctico da profesión, convoca 2 bolsas para arquitectos mozos titulados nalgunha escola de arquitectura de España ou Portugal interesados en urbanismo, innovación e desenvolvemento da cidade destinadas á realización de prácticas profesionais na Fundación Metrópoli.
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supón o coñecemento práctico da profesión convoca, coa colaboración do Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, 3 bolsas para estudantes de arquitectura e arquitectos mozos das escolas de arquitectura de España destinadas á realización de prácticas profesionais na Administración pública, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo en Madrid e 6 bolsas para arquitectos mozos no Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación (4 bolsas en Madrid e 2 en Roma).
*A adxudicación das bolsas coa Administración pública está anualmente suxeita á prórroga dos convenios xa asinados coa Fundación Arquia.
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supón o coñecemento práctico da profesión convoca, coa colaboración da Fundación Arquitectura y Sociedad, 2 bolsas de matrícula para estudantes de arquitectura e arquitectos mozos das escolas de arquitectura de España e Portugal destinadas á participación no Campus de Ultzama 2020.
O obxectivo das bolsas é ofrecer aos candidatos a posibilidade de complementar, mediante a participación nos encontros de arquitectura e na escola de verán Ultzama, os coñecementos adquiridos durante a súa formación e contribuír ao achegamento dos ámbitos profesional e académico.
A inscrición no concurso arquia/bolsas só se pode realizar mediante o sistema de inscrición en liña, completando o formulario habilitado para iso.
Para facilitar o proceso de inscrición podes gardar o estado da inscrición en calquera momento e seguir máis tarde.
Xoves 30 de abril de 2020 ás 12 h do mediodía (hora peninsular española).
Xoves 30 de abril de 2020 ás 12 h do mediodía (hora peninsular española).
31-35 rue Saint-Ambroise, Roger Anger, Paris.
© Aurovici Sercomanens
Nun contexto de urbanización sen precedentes, a arquitectura contemporánea demanda plantas compactas que limiten o impacto da cidade no contorno. Isto xerou unha profusión de edificios en altura que non son alleos ao uso residencial. Dado o risco de abandono da escala humana nesta vivenda de alta densidade, onde a monótona repetición de apartamentos superpostos uns sobre outros sen un criterio vertebrador adoita estar acompañada de técnicas industrializadas como muros cortina e peles monolíticas homoxéneas, este concurso explora a fachada como elemento clave da innovación, que encarna o novo rostro dun urbanismo antropocéntrico e integrador, sostible dende o punto de vista ambiental, social e económico.
A fachada dun edificio é un elemento arquitectónico fundamental que establece unha transición entre o interior e o exterior, entre a privacidade do individuo e o espazo colectivo da cidade, entre unhas condicións ambientais manipulables e un clima cambiante ao longo das estacións, cuxa incidencia se pode controlar mediante saíntes ou dispositivos de protección solar. Pero a «pel» do edificio tamén podería ser un volume de maior grosor, un espazo habitable de transición ao estilo dos balcóns e galerías de antano, pero actualizado. A súa materialidade podería incorporar novos aspectos, como a crecente preocupación polo efecto dos edificios no ambiente, a xeración de refugallos ou os materiais de baixo consumo enerxético. Tamén podería ser un elemento vivo capaz de evolucionar ao longo do tempo segundo o esixa a transformación da cidade. E non debería esquecer a porosidade necesaria para que ese organismo que alberga poida intercambiar aire co exterior. As fachadas do futuro deberían aproveitar o seu potencial para captar enerxía solar ou auga de chuvia, para facilitar o contacto coa natureza mediante hortos urbanos. A repetición de unidades residenciais nos edificios en altura, que podería dar lugar á monotonía e á dilución da identidade do individuo na colectividade, preséntanos un novo desafío ao que debemos facer fronte con ferramentas que anticipen o futuro da fachada residencial, como poden ser a expresión artística e intelectual baseada nas súas condicións formais ou a interiorización dos aspectos relativos á percepción e escala humanas. Este futuro, que se pode ver reflectido no rostro do hábitat construído, sintoniza cos valores sociais emerxentes: a preocupación polos problemas sociais, a escala humana e a expresión individual en relación coa identidade, a imaxe do individuo e o lugar que ocupa na sociedade ou as decisións materiais e tecnolóxicas que sustentan as definicións espaciais dos baleiros na arquitectura.
Mediante un equilibrio entre os complexos condicionantes expostos que derive nunha solución sintética que abranga todos estes aspectos, pídese unha proposta innovadora de fachada para esta tipoloxía de vivenda colectiva en altura. A fachada concíbese como o límite entre o construído e o non construído, como un escintileo da imaxe da cidade futura. A proposta detallará unha área de catro alturas e catro cuartos por altura, extraída dun esquema máis amplo ideado polo participante. As consideracións sobre o tamaño e a altura dos espazos interiores, así como as condicións climáticas, quedarán á elección dos participantes, pero deberanse reflectir na proposta.
Entrega:
• Título e texto de 100 palabras
• Alzado e fotografías da maqueta física a escala 1:200 dunha fachada de edificio residencial en altura de 12 a 18 plantas nunha localización urbana
• Plantas, sección, alzado e maqueta física a escala 1:50 dunha zona máis detallada, cunha altura de 4 plantas e unha anchura de 4 cuartos
• Listaxe de materiais e sistemas construtivos que reflicta as solucións e infraestruturas adoptadas
• 1 vista do ambiente interior, 1 vista que mostre o aspecto exterior
Anupama Kundoo, Berlín, 10 de xuño de 2019