-
Becas y convocatorias
A bolsa ten como obxectivos:
Fomentar a cultura do emprendemento e a iniciativa empresarial como motor de crecemento económico apoiando propostas innovadoras nos ámbitos relacionados coa arquitectura.
Ofrecer aos candidatos coñecementos e ferramentas que complementen a súa formación académica para poder facer realidade o seu proxecto de negocio.
Dar impulso a novos proxectos emprendedores xurdidos a partir de valores como o esforzo, o empeño e a innovación.
Poderán optar á bolsa aqueles arquitectos que obtivesen o título nunha escola española de Arquitectura ou fóra do país e homologado en España, que teñan permiso de residencia no territorio español, ou equipos pluridisciplinares integrados maioritariamente por arquitectos e cunha idea de negocio viable, creativa e innovadora.
O proxecto pode ser desenvolvido por un ou máis membros dun estudio, sociedade ou agrupación.
Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que gozasen dunha bolsa da Fundación Arquia na actual ou en anteriores convocatorias.
Apertura da convocatoria: 20 de febreiro de 2017 ás 12 h do mediodía
Período de inscrición: Dende o 20 de febreiro de 2017 ás 12 h do mediodía ata o 20 de abril de 2017 ata as 12 h do mediodía.
Resultados: Xuño de 2017
Incubación: desenvolvemento dos proxectos: dende o 15 de setembro de 2017 ata o 15 de marzo de 2018.
Campaña de crowdfunding: desenvolverase durante os 2 meses seguintes á finalización da bolsa.
A documentación requirida poderase enviar a través do formulario de 'inscrición' ata o mesmo día do peche da convocatoria (20 de abril de 2017 - 12 h do mediodía).
Máis información nas Bases en PDF.
O proceso de inscrición realízase a través da plataforma web da Fundación Arquia e formalízase segundo os seguintes puntos:
A inscrición á convocatoria unicamente se poderá efectuar en liña a través da plataforma da Fundación Arquia.
Para poder iniciar a inscrición, necesitarase previamente acreditación na plataforma web da Fundación Arquia para aqueles que non sexan usuarios FQ ou aínda non estean acreditados.
A participación quedará efectuada cando sexa completado o formulario de inscrición e achegados os arquivos requiridos na convocatoria. Non se aceptarán propostas presentadas por outro medio que non sexa Internet.
A decisión do xurado será inapelable.
A Fundación resérvase o dereito á reprodución e/ou exposición total ou parcial das propostas seleccionadas do concurso.
As solicitudes serán valoradas polo Xurado tomando en consideración os seguintes criterios.
Currículo académico profesional do solicitante e/ou de cada integrante do equipo, para avaliar a capacidade de liderado, compromiso e motivación cara o proxecto empresarial.
Memoria do proxecto proposto para a bolsa, onde se aprecie a orixinalidade e viabilidade do mesmo. Análise Canvas.
O titor e membros do xurado poderán contactar directamente cos candidatos para realizar unha entrevista personalizada se se considerase necesario aclarar aspectos sobre a idea ou proxecto.
Cremos en proxectos con gran potencial que deben cumprir os seguintes criterios:
Orixinalidade da idea de negocio: debe ser unha idea creativa e innovadora que achegue un novo enfoque de traballo e que contribúa de maneira significativa no ámbito relacionado coa arquitectura.
A idea de negocio deberá contar cunha estrutura clara, ordenada e lexible, así como estar baseada nunha oportunidade de mercado con potencial suficiente de monetización.
Modelo de negocio innovador con alta capacidade de xeración de valor e un gran potencial de crecemento.
O proxecto deberá permitir unha inserción viable no mercado: obxectivos claros e realistas, definición de estratexias e recursos necesarios para levala á práctica, unha planificación estudada e un orzamento detallado.
Capacidade e liderado do emprendedor ou equipo emprendedor: débense posuír cualificacións e coñecementos sólidos, e demostrar competencias para levar a cabo o proxecto con éxito.
Durante o período de formación, a Fundación Arquia subvencionará ao bolseiro cunha dotación económica de 7.000 €.
A bolsa inclúe ademais o desenvolvemento do plan de innovación e emprendemento de Factoría Cultural que consiste en 24 horas de asesoría (durante 3 meses) distribuídas en tres bloques (mercado, oferta de valor e desenvolvemente de prototipo), nos que desenvolveranse obradoiros de Mercado, Oferta, Branding e Marketing e sesións de creatividade. Máis de 6 horas de seguimento do proceso (durante tres meses máis) por parte dun mentor de Factoría Cultural que seguirá a implementación do prototipo e a saída ao mercado.
A este plan de innovación e emprendemento incluiránselle os servizos transversais de Factoría Cultural, tales como: 100 Mb de internet simétrico de subida e baixada de contidos, accesos a asesoramentos (entre outros: legal, contable, tecnoloxía, programación, comunicación, etc.). Así como outros programas de valor engadido: acceso a campaña de crowdfunding, acceso a campañas de márketing dixital e programas de visibilización.
Aparte dos servizos e recursos de Factoría Cultural, a Fundación Arquia pon á disposición do emprendedor bolseiro dende o primeiro día un (1) asesor de recoñecido prestixio na xestión do desenvolvemento profesional relacionado co ámbito Arquitectura que actuará como o titor ao longo de todo o proxecto mediante sesións presenciais e en liña. Esta titorización estará orientada á toma de decisións e guiaraos durante todo o proceso de elaboración do plan de empresa e análise da súa viabilidade. Tamén facilitará ao bolseiro os contactos e a información que precisará para traballar no seu proxecto empresarial con éxito.
A Fundación Arquia asumirá os gastos do desprazamento a Madrid (un billete de ida e volta en avión, tren ou vehículo; segundo determine a Fundación), subministrará cobertura nos termos da póliza de asistencia en viaxe contratada a través da axencia de seguros Arquiseguros.
O aboamento da matrícula realizarase directamente a Factoría Cultural .
No caso de que o candidato bolseiro traballe cun equipo de unha ou dúas persoas máis, Factoría Cultural bonificaría ao interesado as seguintes cantidades:
Factoría Cultural/viveiro de industrias creativas é un espazo para a creación e o desenvolvemento de iniciativas empresariais nos distintos ámbitos das artes, a comunicación e as novas tecnoloxías, todos eles incluídos entre as industrias culturais e creativas. Factoría Cultural tamén se dirixe a entidades e asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade neste sector.
É un viveiro que nace para fomentar e facer realidade proxectos innovadores e sustentables nunha contorna de traballo agradable, humana, aberta, dinámica, orientada ao usuario e que favoreza o networking, que acolle e apoia emprendedores que desexen facer realidade unha idea ou proxecto creativo.
Factoría Cultural aspira a crear un ecosistema que facilite ao emprendedor residente o acceso aos recursos, os servizos e a formación requiridos para desenvolver a súa idea ou proxecto en condicións idóneas.
Neste sentido, quere converterse nun referente, a nivel nacional e internacional, no mundo dos viveiros e aceleradores especializados nas industrias culturais e creativas.
rodrigo delso gutierrez
E.T.S. A - Madrid - UPM
ESPAÑA
Urban Data Eye (UDE)
Ignacio Gias
C.E.S.A - U. San Pablo CEU
MADRID, ESPAÑA
Playgrounds Educativos
Alba Balmaseda Domínguez
E.T.S. A - Madrid - UPM
ESPAÑA
INCLUS: Diseño universal