arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

Emprendemento Arquitectura

III CONVOCATORIA BOLSA DE EMPRENDEMENTO E INNOVACIÓN EN ARQUITECTURA

1 Bolsa de Emprendemento e Innovación en Arquitectura
en Factoría Cultural/Vivero de Industrias creativas en Matadero Madrid
  • Bases
  • A Fundación Arquia, en colaboración con Factoría Cultural / Vivero de Industrias Creativas en Matadero Madrid, convoca unha bolsa de emprendemento e innovación destinada ao desenvolvemento dun proxecto de negocio en calquera dos campos da profesión de arquitecto, co fin de promover e apoiar a creación de iniciativas empresariais e de impulsar a innovación nos ámbitos relacionados coa arquitectura, favorecendo así a creación de postos de traballo.

    • Obxecto
    • A bolsa ten como obxectivos:

      Fomentar a cultura do emprendemento e a iniciativa empresarial como motor de crecemento económico apoiando propostas innovadoras nos ámbitos relacionados coa arquitectura.

      Ofrecer aos candidatos coñecementos e ferramentas que complementen a súa formación académica para poder facer realidade o seu proxecto de negocio.

      Dar impulso a novos proxectos emprendedores xurdidos a partir de valores como o esforzo, o empeño e a innovación.

    • Candidatos
    • Poderán optar á bolsa aqueles arquitectos que obtivesen o título nunha escola española de Arquitectura ou fóra do país e homologado en España, que teñan permiso de residencia no territorio español, ou equipos pluridisciplinares integrados maioritariamente por arquitectos e cunha idea de negocio viable, creativa e innovadora.

      O proxecto pode ser desenvolvido por un ou máis membros dun estudio, sociedade ou agrupación.

      Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que gozasen dunha bolsa da Fundación Arquia na actual ou en anteriores convocatorias.

    • Calendario
    • Apertura da convocatoria: 20 de febreiro de 2017 ás 12 h do mediodía
      Período de inscrición: Dende o 20 de febreiro de 2017 ás 12 h do mediodía ata o 20 de abril de 2017 ata as 12 h do mediodía.
      Resultados: Xuño de 2017
      Incubación: desenvolvemento dos proxectos: dende o 15 de setembro de 2017 ata o 15 de marzo de 2018.
      Campaña de crowdfunding: desenvolverase durante os 2 meses seguintes á finalización da bolsa.

    • Documentación e envío
    • A documentación requirida poderase enviar a través do formulario de 'inscrición' ata o mesmo día do peche da convocatoria (20 de abril de 2017 - 12 h do mediodía).
      Máis información nas Bases en PDF.

  • Inscrición
  • O proceso de inscrición realízase a través da plataforma web da Fundación Arquia e formalízase segundo os seguintes puntos:

    • A inscrición á convocatoria unicamente se poderá efectuar en liña a través da plataforma da Fundación Arquia.

    • Para poder iniciar a inscrición, necesitarase previamente acreditación na plataforma web da Fundación Arquia para aqueles que non sexan usuarios FQ ou aínda non estean acreditados.

    • A participación quedará efectuada cando sexa completado o formulario de inscrición e achegados os arquivos requiridos na convocatoria. Non se aceptarán propostas presentadas por outro medio que non sexa Internet.

    • A decisión do xurado será inapelable.

    • A Fundación resérvase o dereito á reprodución e/ou exposición total ou parcial das propostas seleccionadas do concurso.

  • Data límite de inscrición e envío de documentación
  • 20 de abril de 2017 ás 12 h do mediodía
  • Xurado
  • O xurado estará composto por un equipo mixto de representantes de Factoría Cultural, Fundación Arquia e dous asesores:

    Rosina Gómez-Baeza

    Presidenta Factoría Cultural

    José Antonio Martínez Llabrés

    Patrón da Fundación Arquia

    Juan Herreros

    Arquitecto

    José Javier Quintana

    Director de BSA Rethinking Architecture
  • Criterios de valoración
  • As solicitudes serán valoradas polo Xurado tomando en consideración os seguintes criterios.

    • Currículo académico profesional do solicitante e/ou de cada integrante do equipo, para avaliar a capacidade de liderado, compromiso e motivación cara o proxecto empresarial.

    • Memoria do proxecto proposto para a bolsa, onde se aprecie a orixinalidade e viabilidade do mesmo. Análise Canvas.

    O titor e membros do xurado poderán contactar directamente cos candidatos para realizar unha entrevista personalizada se se considerase necesario aclarar aspectos sobre a idea ou proxecto.

  • Criterios de avaliación
  • Cremos en proxectos con gran potencial que deben cumprir os seguintes criterios:

    • Orixinalidade da idea de negocio: debe ser unha idea creativa e innovadora que achegue un novo enfoque de traballo e que contribúa de maneira significativa no ámbito relacionado coa arquitectura.

    • A idea de negocio deberá contar cunha estrutura clara, ordenada e lexible, así como estar baseada nunha oportunidade de mercado con potencial suficiente de monetización.

    • Modelo de negocio innovador con alta capacidade de xeración de valor e un gran potencial de crecemento.

    • O proxecto deberá permitir unha inserción viable no mercado: obxectivos claros e realistas, definición de estratexias e recursos necesarios para levala á práctica, unha planificación estudada e un orzamento detallado.

    • Capacidade e liderado do emprendedor ou equipo emprendedor: débense posuír cualificacións e coñecementos sólidos, e demostrar competencias para levar a cabo o proxecto con éxito.

  • Dotación
  • Durante o período de formación, a Fundación Arquia subvencionará ao bolseiro cunha dotación económica de 7.000 €.

    A bolsa inclúe ademais o desenvolvemento do plan de innovación e emprendemento de Factoría Cultural que consiste en 24 horas de asesoría (durante 3 meses) distribuídas en tres bloques (mercado, oferta de valor e desenvolvemente de prototipo), nos que desenvolveranse obradoiros de Mercado, Oferta, Branding e Marketing e sesións de creatividade. Máis de 6 horas de seguimento do proceso (durante tres meses máis) por parte dun mentor de Factoría Cultural que seguirá a implementación do prototipo e a saída ao mercado.

    A este plan de innovación e emprendemento incluiránselle os servizos transversais de Factoría Cultural, tales como: 100 Mb de internet simétrico de subida e baixada de contidos, accesos a asesoramentos (entre outros: legal, contable, tecnoloxía, programación, comunicación, etc.). Así como outros programas de valor engadido: acceso a campaña de crowdfunding, acceso a campañas de márketing dixital e programas de visibilización.

    Aparte dos servizos e recursos de Factoría Cultural, a Fundación Arquia pon á disposición do emprendedor bolseiro dende o primeiro día un (1) asesor de recoñecido prestixio na xestión do desenvolvemento profesional relacionado co ámbito Arquitectura que actuará como o titor ao longo de todo o proxecto mediante sesións presenciais e en liña. Esta titorización estará orientada á toma de decisións e guiaraos durante todo o proceso de elaboración do plan de empresa e análise da súa viabilidade. Tamén facilitará ao bolseiro os contactos e a información que precisará para traballar no seu proxecto empresarial con éxito.

    A Fundación Arquia asumirá os gastos do desprazamento a Madrid (un billete de ida e volta en avión, tren ou vehículo; segundo determine a Fundación), subministrará cobertura nos termos da póliza de asistencia en viaxe contratada a través da axencia de seguros Arquiseguros.

    O aboamento da matrícula realizarase directamente a Factoría Cultural .

    No caso de que o candidato bolseiro traballe cun equipo de unha ou dúas persoas máis, Factoría Cultural bonificaría ao interesado as seguintes cantidades:

    • Bonificación 2º persoa: 75% da cota mensual.
    • Bonificación 3º persoa: 50% da cota mensual.

     

  • Factoría Cutural_Viveiro de industrias creativas
  • Factoría Cultural/viveiro de industrias creativas é un espazo para a creación e o desenvolvemento de iniciativas empresariais nos distintos ámbitos das artes, a comunicación e as novas tecnoloxías, todos eles incluídos entre as industrias culturais e creativas. Factoría Cultural tamén se dirixe a entidades e asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade neste sector.

    É un viveiro que nace para fomentar e facer realidade proxectos innovadores e sustentables nunha contorna de traballo agradable, humana, aberta, dinámica, orientada ao usuario e que favoreza o networking, que acolle e apoia emprendedores que desexen facer realidade unha idea ou proxecto creativo.

    Factoría Cultural aspira a crear un ecosistema que facilite ao emprendedor residente o acceso aos recursos, os servizos e a formación requiridos para desenvolver a súa idea ou proxecto en condicións idóneas.

    Neste sentido, quere converterse nun referente, a nivel nacional e internacional, no mundo dos viveiros e aceleradores especializados nas industrias culturais e creativas.
    Visita a web de Factoría Cultural

Bolseiros

Os bolseiros correspondentes á Convocatoria 2017 son:

Becarios

Premio

rodrigo delso gutierrez

E.T.S. A - Madrid - UPM
ESPAÑA

Urban Data Eye (UDE)

Suplentes (mencións)

 

Ignacio Gias
C.E.S.A - U. San Pablo CEU
MADRID, ESPAÑA

Playgrounds Educativos

Alba Balmaseda Domínguez
E.T.S. A - Madrid - UPM
ESPAÑA

INCLUS: Diseño universal