arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

arquia / investigación

I convocatoria bolsa Arquia / Real Academia de Belas Artes de San Fernando

A Fundación Arquia, en colaboración coa Real Academia de Belas Artes de San Fernando, pon en marcha o programa Bolsas Arquia en Investigación co fin de crear as condicións e facilitar os medios para impulsar a realización de proxectos de investigación levados a cabo por arquitectos.

I convocatoria bolsa Arquia / Real Academia de Belas Artes de San Fernando

1 bolsa en investigación en Nova York
  • Bases
  • A Fundación Arquia, en colaboración coa Real Academia de Belas Artes de San Fernando, pon en marcha o programa Bolsas Arquia en Investigación co fin de crear as condicións e facilitar os medios para impulsar a realización de proxectos de investigación levados a cabo por arquitectos.

    • Obxecto
    • Convócase, en réxime de concurso público, unha bolsa para a realización dun proxecto innovador ou de investigación no ámbito da arquitectura na cidade de Nova York que contribúa a facer da real academia unha plataforma e laboratorio de experimentación internacional da arquitectura española. A bolsa desenvolverase durante un período de seis meses no marco dunha institución académica de prestixio en Nova York, beneficiándose de residir nunha cidade considerada como centro de innovación, cunha grande actividade en creación cultural e difusión do coñecemento.

    • Candidatos
    • Arquitectos superiores titulados en calquera das escolas técnicas superiores de Arquitectura do territorio español, arquitectos estranxeiros con título obtido en España e arquitectos con título obtido fóra do territorio español e homologado en España.

    • Calendario
    • Apertura convocatoria: 27 de abril de 2015
      Período de inscrición: 27 de abril a 17 de xuño de 2015
      Resultados: 3 de xullo de 2015
      Desenvolvemento da bolsa: 1 de setembro de 2015 a 1 de marzo de 2016

    • Documentación e envío
    • A documentación requirida poderase enviar a través do formulario de inscrición até o mesmo día do peche da convocatoria (17 de xuño de 2015 ás 12.00 do mediodía).

      Máis información nas bases en PDF.

  • Inscrición
  • A inscrición ao concurso arquia/investigación só pode realizarse a través do sistema de inscrición en liña completando o formulario habilitado para iso.

  • Data límite de inscrición
  • 17 de xuño de 2015 ás 12.00 do mediodía

  • Data límite envío documentación
  • 17 de xuño de 2015 ás 12.00 do mediodía

  • Xurado
  • O xurado estará composto por un equipo mixto de representantes da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e a Fundación Arquia:

     

    Fernando de Terán Troyano

    Director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando

     Fernando de Terán é director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, corporación en que previamente ocupou o cargo de secretario xeral.
    Doutorouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1966. Dirixiu órganos urbanísticos ou estreitamente relacionados co urbanismo na Administración pública do Estado e no Concello de Madrid. Desempeñou os cargos de Subdirector Xeral de Urbanismo (1972), Director Técnico de Plan da Área Metropolitana de Madrid (1977-1980) e Director do Instituto de Estudos de Administración Local (1985-1987).
    No ano 2000 recibiu a Medalla de Ouro de Urbanismo da Comunidade Autónoma de Madrid, e en 2005 foi galardoado co Premio Rei Jaume I da Generalitat Valenciana na categoría de Urbanismo, paisaxe e...

    Fernando Díaz-Pinés Mateo

    Patrón da Fundación Arquia

     Fernando Díaz-Pinés Mateo (Ceuta, 1959). Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM) en 1984, exerce dende entón a profesión dedicándose especialmente á restauración arquitectónica. Doutor pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Valladolid (ETSAV) en 1994. Profesor asociado no Departamento de Expresión Gráfica da Arquitectura (ETSAM, 1989-1991) Profesor asociado (1991-1997) e dende 1997 profesor titular de universidade de Proxectos Arquitectónicos no Departamento de Teoría da Arquitectura e Proxectos Arquitectónicos (ETSAV).
    Docencia na Escola de Arquitectura do Polo de Mantua do Politécnico de Milán (2006). Profesor dos cursos de doutoramento nos programas do Departamento de Teoría da Arquitectura e Proxectos Arquitectónicos da ETSAV: «O

    Alberto Campo Baeza

    Académico numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando

     Naceu en Valladolid e viu a luz en Cádiz.
    As súas obras van dende casas pequenas, como a Casa Turégano, a Casa Gaspar ou a Casa de Blas, até obras grandes, como Caja Granada ou o Consello Consultivo de Zamora.
    O seu traballo foi exposto no Crown Hall de Chicago, na Basílica de Palladio, no Tempietto de S. Pietro in Montorio, no MAXXI en Roma e na American Academy of Arts and Letters en Nova York.
    É catedrático de Proxectos en Madrid dende 1986 e foi profesor na ETH de Zúric, na EPFL de Laussanne, na Penn University de Filadelfia, na CUA de Washington e en moitas outras universidades do mundo.

    Gerardo García-Ventosa

    Director da Fundación Arquia, como secretario e sen voto

     Gerardo García-Ventosa López (Barcelona 1951) é arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona coas especialidades Edificación en 1977 e Urbanismo en 1979.
    Doutor arquitecto (cum laude) pola mesma escola cunha tese sobre a obra de Doménech i Montaner (1993).
    Diplomado (excelente) en Arquitectura Legal e Forense pola Universidade Pompeu Fabra (2003).
    Profesor non-numerario/asociado da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (1974-1990).
    Profesor da Escola de Interiorismo Massana de Barcelona.
    Adxunto á dirección da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (1984-1987).
    Vogal de cultura do Colexio de Arquitectos de Cataluña (1981-1985, 1986-1988. 1994-2000). Membro da xunta do...

  • Criterios de valoración
    • Ser unha idea innovadora e que achegue un novo enfoque de traballo.

    • Potencial de impacto. Debe contribuír de maneira significativa no ámbito da arquitectura.

    • Viabilidade, o proxecto de investigación debe ter obxectivos claros e realistas.

    • Capacidade, a persoa solicitante debe posuír unhas cualificacións e coñecementos consolidados, debe demostrar capacidade para levar a cabo o proxecto de investigación con éxito.

  • Criterios de avaliación
  • As solicitudes serán valoradas polo xurado tomando en consideración os seguintes criterios:

    • Currículo académico-profesional da persoa solicitante

    • Memoria do proxecto proposto para a bolsa

    • Nivel de coñecementos de inglés

  • Dotación
  • A bolsa inclúe unha dotación de 18 000 euros repartida en seis mensualidades de 3 000 euros cada unha.

    A Fundación Arquia asumirá os gastos de desprazamento a Nova York (un billete de ida e volta en avión). Así mesmo, proporcionará á persoa bolseira cobertura médica nos termos da póliza de asistencia en viaxe contratada a través da axencia de seguros Arquiseguros e as achegas á Seguridade Social segundo corresponda.

  • Real Academia de Belas Artes de San Fernando
  • A Real Academia de Belas Artes de San Fernando é a institución artística de máis longa traxectoria e maior vixencia cultural de España.
    Inaugurouse oficialmente en 1752 durante o reinado de Fernando VI. O establecemento das academias en Europa desempeñou un papel fundamental na normalización do gusto estético durante o Século das Luces. Dende 1773, a Real Academia de Belas Artes de San Fernando ten a súa sede no palacio de Goyeneche de Madrid, deseñado por José de Churriguera e adaptado ao gusto neoclásico por Diego de Villanueva.
    Na actualidade componse de cincuenta e seis académicos de número, personalidades de recoñecido prestixio nos campos da arquitectura, pintura, escultura, música, cinema, artes gráficas, fotografía, deseño e historia e teoría da arte.
    É unha do oito reais academias de alcance nacional integradas no Instituto de España que ten por obxecto «fomentar a creatividade artística, así como o estudo, difusión e protección das artes e do patrimonio cultural, moi particularmente da pintura, a escultura, a arquitectura, a música e as novas artes da imaxe».
    Visita a web da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.