arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área Profesional / Exposicións

Bolsas 2007

2007

Bolsas 2007

 

Reconstrución no Líbano

A definición do tema, confiada aos membros do xurado, Emilio Tuñón e Luis Moreno Mansilla, baseouse na fotografía que apareceu no diario El País o 3 de agosto de 2006, que mostraba os tráxicos efectos da ofensiva que o exército de Israel levou a cabo como resposta aos ataques de Hezbolá desde o sur do Líbano.

O traballo que se propuxo aos solicitantes das bolsas 2007, consistiu na realización dunha proposta de reconstrución do edificio residencial que aparece, en primeiro plano, na fotografía, dentro da campaña de reconstrución do Líbano que, financiada por diferentes países, vaise levar a cabo nos próximos anos.

A única información da que dispuxeron os solicitantes era a que se podía deducir da devandita fotografía, polo que foi necesario realizar un labor de análise e interpretación previa, baseada nos datos que se puidesen extraer da imaxe.

A proposta debía tratar de incidir sobre o maior numero de caras do poliédrico corazón da arquitectura, é dicir, sobre cuestións tan variadas como son as ideolóxicas, simbólicas, sociais, formais, funcionais, enerxéticas, materiais, económicas, etc.

 

 

Inauguración

ETSA Palmas de G. Canaria: 23/10/2007

 

Itinerancias

ETSA Palmas de G. Canaria: 23/10/2007 - 23/11/2007
ETSA A Coruña: 03/12/2007 - 15/01/2008
ETSA Madrid: 11/02/2008 - 15/03/2008
ETSA Valéncia: 14/04/2008 - 09/05/2008