arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
Las cookies propias y de terceros nos permiten mejorar nuestros servicios. Al navegar por nuestro sitio web, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información Aceptar
X

Área Profesional / Exposicións

Novas poboacións

1999

Novas poboacións

 

na España da Ilustración

As "Novas poboacións" constitúen unha das experiencias máis notables do urbanismo español. Foron cidades de nova fundación realizadas en consonancia coas políticas emprendidas polos gobernantes ilustrados.

Baseándose nunha ampla documentación gráfica e escrita, reconstrúese esta experiencia, enmarcándoa no contexto histórico en que se produciu e relacionándoa con exemplos similares doutros países.

A análise das propostas dos teóricos e os técnicos (arquitectos, enxeñeiros militares e agrimensores) revela as distintas maneiras de trazar unha cidade ex novo, sen os condicionantes nin os defectos das xa existentes. No caso das "Novas poboacións", a definición da forma urbana aparece polarizada entre o damero colonial, avalado por unha ampla experiencia, e a crítica ao mesmo sostida polo emerxente pintoresquismo.

Respecto da ordenación global do territorio, ponse de relevo que existiu, xa entón, un debate sobre sistemas de urbanizar, provocado polos primeiros efectos perniciosos das aglomeracións urbanas. Polo que ideoloxía antiurbana, ruralismo fisiócrata e utopismo social áchanse presentes nas "Novas poboacións".

Un verdadeiro ensaio alternativo de ordenación territorial, valioso exemplo do equilibrio campo-cidade, que se apoiaba na limitación do tamaño das poboacións e nun sistema extensivo de cidades, aldeas e casa en parcelas.

 

 

Inauguración

COA Málaga: 18/02/1999

 

Itinerancias

COA Málaga: 12/03/1999 - 26/03/1999
COA Jaen: 05/04/1999 - 23/04/1999
ETSA Granada: 04/05/1999 - 09/06/1999
COA Almería: 17/06/1999 - 28/06/1999
COA Manresa: 03/11/1999 - 16/12/1999
COA Segovia: 18/02/2000 - 05/03/2000
CT Alicante: 24/03/2000 - 06/04/2000
COA Terrassa: 17/04/2000 - 31/05/2000