arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área Profesional / Exposicións

Skoura

2007

Skoura

 

Arquitectura, terra e palmeiras en Skoura

Entre a vertente meridional do Gran Atlas e o deserto do Sáhara, esténdese un territorio dunha gran aridez. Alí, a vida concéntrase xunto ás canles polas que descende a auga das grandes cimas.

Nestes oasis, existe unha arquitectura que, a pesar da austeridade dos materiais cos que se constrúe, terra e palmeiras, é dunha gran beleza e en harmonía co medio natural e o clima. Tres son as tipoloxías que constitúen o hábitat tradicional: o qsar ou poboado amurallado, a tighremt ou casa fortificada e a qasba ou fortaleza dos grandes xefes. Ademais, hai numerosos santuarios onde están enterrados e se venera aos santos locais, e é frecuente a existencia de celeiros colectivos para a garda e protección dos produtos alimenticios.

Durante unha quincena do mes de outubro do ano 2001 e, posteriormente, outra do mes de marzo do ano seguinte, realizamos senllos talleres no oasis de Skoura con estudantes de arquitectura da Escola de Valencia, coa finalidade de inventariar a súa arquitectura tradicional.

En maio de 2006, a Fundación Caixa de Arquitectos editou o libro "Arquitectura de tierra en el sur de Marruecos. El Oasis de Skoura" finalista na convocatoria dos premios FAD 2007 na categoría de pensamento e crítica, segundo palabras da organización: por ser un libro que xorde dunha investigación de campo, algo xa pouco habitual nos nosos días, e que se expón como unha declaración da necesaria correspondencia que debe existir entre o lugar, os materiais, os sistemas construtivos e as tipoloxías.

 

 

 

Inauguración

COA Córdoba: 27/09/2007

 

Itinerancias

COA Córdoba: 27/09/2007 - 02/11/2007
CTA Valencia: 28/11/2007 - 07/01/2008
COA León: 10/01/2008 - 03/02/2008
ETSA Sevilla: 13/02/2008 - 31/03/2008

ETSA A Coruña: 03/04/2008 - 25/04/2008
COA Girona: 13/05/2008 - 29/06/2008
COAC Tarragona: 02/03/2009 - 30/04/2009
ETSA Vallés: 04/05/2009 - 29/05/2009