arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
Las cookies propias y de terceros nos permiten mejorar nuestros servicios. Al navegar por nuestro sitio web, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información Aceptar
X

Área Profesional / Exposicións

Soño de habitar

2000

Soño de habitar

 

en la España de la Ilustración

A casa, ademais de ser protagonista da arquitectura por primeira vez nos tempos modernos, é espazo receptor e transmisor especialmente sensible ás máis sutís variacións acaecidas en cada momento deste século.

A idea que subxace no texto ("proxecto moderno, proxecto inacabado") participa dun pensamento actual que proclama que aquel proxecto que se anunciaba na metade do século XIX coa revolución industrial segue sendo hoxe un proxecto vixente; vixente no movemento continuo entre pasado e futuro e inmerso nas tensións do presente. Sen dúbida, esta posición inestable do proxecto moderno é o signo e condición da súa propia renovación incesante.

Trátase dun percorrido a saltos por episodios dispersos e emerxentes en torno ao soño moderno de habitar. No inicio, a casa Soane á luz de La obra de los pasajes de Walter Benjamin é o intéreur que se resiste ante a modernidade exterior ameazante. A continuación, a Glass room de Mies Van der Rohe e as vilas parisienses de artistas dos anos 20 preséntanse como plasmacións heroicas da modernidade ortodoxa. Máis adiante, a explosión liberadora do proxecto moderno suporá outra expresión cunha visión máis ampla, complexa e multiforme recollida nas casas propias dos arquitectos como autobiografía construída. A revisión crítica dos setenta na casa suburbial queda reflectida na obra de dous arquitectos que conflúen e se contrapoñen: Matta-Clark e Venturi.

Ao final, as propostas revolucionarias, utópicas ou futuristas dos sesenta conducen a unha visión do presente, en que os novos procesos de información e comunicación aparecen na casa como potenciais transformadores e continuadores do soño moderno de habitar.

 

 

Inauguración

OA Palencia: 17/01/2000

 

Itinerancias

COA Palencia: 06/03/2000 - 31/03/2000
UNIV. CAST. LA MANCHA Toledo: 15/06/2000 - 30/06/2000
COA Bilbao: 19/07/2000 - 31/08/2000
COA Oviedo: 21/10/2000 - 31/10/2000
COA Burgos: 03/11/2000 - 24/11/2000
COA Zaragoza: 17/07/2001 - 20/09/2001
CT Alicante: 08/11/2001 - 22/11/2001