arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área Profesional / Exposicións

Terragni

2004

Terragni

 

Obra construída 1904-1943

Giuseppe Terragni (1904-1943) foi un arquitecto italiano de carreira breve, só quince anos, pero no entanto, a súa obra é recoñecida como a de maior talento no período de entreguerras e gañou merecidamente un lugar de prestixio na historia da arquitectura moderna.

A bibliografía da súa obra, ferramenta básica para o seu coñecemento, é en comparación á súa importancia, relativamente escasa e practicamente inexistente en castelán. Esta circunstancia dificultou a divulgación e comprensión da súa obra, das súas cores, dos materiais que utilizaba e dos seus detalles. Non fai falta dicir que a obra e o pensamento de Terragni sobre a arquitectura, á marxe do seu valor puramente histórico, é aínda hoxe perfectamente válido e interesante.

A exposición quere ofrecer, en primeiro lugar, unha revisión da súa obra construída que permita mellorar o seu coñecemento e entender a visión polémica que tiña sobre a arquitectura e, en segundo lugar, aproveitar a conmemoración do centenario do seu nacemento para recuperalo como un dos grandes arquitectos da primeira metade do século XX.

  

 

Inauguración

COAC Ebre: 14/04/2004

 

Itinerancias

COAC Ebre: 03/05/2004 - 20/05/2004
COA A Coruña: 27/05/2004 - 26/06/2004
COA Córdoba: 16/09/2004 - 15/10/2004
COA Badajoz: 21/10/2004 - 05/11/2004
COAC Terrassa: 08/11/2004 - 30/11/2004
COA Jaen: 13/12/2004 - 08/01/2005
COA Burgos: 10/01/2005 - 31/01/2005
COA Pamplona: 02/02/2005 - 28/02/2005
COA Murcia: 16/03/2005 - 31/03/2005

Govern Balear Balears: 04/04/2005 - 29/04/2005
COA Tarragona: 02/05/2005 - 07/06/2005
COA Salamanca: 16/06/2005 - 25/07/2005
COA La Rioja: 08/09/2005 - 02/10/2005
COA València: 02/11/2005 - 21/11/2005
CT Alicante: 24/11/2005 - 20/12/2005
COA Gijón: 23/02/2006 - 14/04/2006
COAC Figueres: 07/10/2006 - 28/11/2006