COMUNICACIÓN AO CONGRESO DE ARQUITECTOS DE ESPAÑA
INFORME DO COMISARIO DE ARQUIA/PRÓXIMA
PROPOSTA DE COMUNICACIÓN PARA O CONGRESO DE ARQUITECTOS DE ESPAÑA 2009
por Marta Cervelló
vogal 3 do Consejo Rector de Caja de Arquitectos s. coop. de crédito
DATOS DE CONTACTO
c. Arcs nº 1, 08002 Barcelona
934826810
mcervello@mateo-maparchitect.com
dg@arquia.es
TÍTULO DA COMUNICACIÓN
Os inicios do desenvolvemento profesional dos arquitectos en España
RESUMO (Máximo 12 líneas)
Unha serie de actividades encadenadas, iniciadas en torno ás bolsas de estudantes e recén titulados arquitectos, enquisas ao colectivo de estudantes (a última delas elaborada en 2008), publicacións de teses (a miúdo de textos de xóvenes profesionais) e o agora recentemente celebrado foro Arquia-Próxima proporcionounos unha suma de documentación arredor aos inicios do desenvolvemento profesional dos arquitectos en España.
COMUNICACIÓN (Máximo 1200 palabras)
Una serie de actividades encadenadas, iniciadas arredor das Bolsas a estudantes e recén titulados arquitectos, enquisas ao colectivo de estudantes (a última delas elaborada en 2008), publicacións de teses (a miúdo de textos de xóvenes profesionais) e o agora recentemente celebrado foro Arquia-Próxima proporcionounos unha suma de documentación arredor dos inicios do desenvolvemento profesional dos arquitectos en España. A modo de resumo enunciamos a continuación os trazos principais retidos destas informacións..
Con Arquia-Próxima na súa primeira convocatoria, recolleuse ao longo dun ano unha base de datos de preto de 1000 "realizacións" elaboradas por arquitectos novos de toda España, rastreadas pro un proxecto elaborado polo seu iniciador Félix Arranz e agrupadas nunha plataforma dixital. O termo "realización" proporcionou unha dimensión aberta e ampla, que abarca calquera produción de arquitecto profesional. A mostra recollida neste primeiro foro non pretendía ser o único representante de todo o grupo novo en España, senón dar unha certa versión das súas preocupacións e intereses. El obxectivo de Arquia-Próxima foi o de axudar aos que comezan a ter unha plataforma de relación e difusión dos seus traballos.
Tamén serviu para configurar unha mostra do estado da profesión dos arquitectos novos. Usando os datos agregados de Arquia-Próxima e da Enquisa de estudantes de arquitectura de 2008, é posible confirmar ou cualificar as conclusións de ambos estudos sobre quen compón o grupo, cales son os seus intereses e as inclinacións dos profesionais máis novos. Para os 20000 novos arquitectos que deben existir en España, as preguntas seguen a ser as mesmas: cales son a formación / aprendizaxe e os seus tempos apropiados? Os camiños profesionais escóllense por interese "vocacional" ou para resolver temporalmente un sistema de subsistencia? A sociedade autorregula a oferta e a demanda de arquitectos nas súas distintas especialidades de xeito equilibrado?
Unha primeira anotación importante refírese á denominación de "xove", se ben é tradicional denominar xove ao que está por debaixo dos 40 anos, actualmente interesa máis aceptar a denominación de "xove" para aquel que leva menos de 10 anos na profesión: esta nova definición permite camiños máis transversais e contemporáneos de formación, entendendo a importancia do tempo que transcorre entre o final da formación académica regulada e o seu desenvolvemento persoal posterior, inclusive formacións de postgrado ou períodos de prácticas. Parécenos pertinente insistir precisamente neste período, alí onde comeza a verdadeira carreira profesional do arquitecto, onde se marcan os camiños do futuro.
En canto á definición do grupo, onde radica a maior novidade do colectivo xove fronte a outras xeracións é nas fontes de influencia e información. Se ata hai unhas décadas había mestres, e os seus estudos, as súas clases, ditaban un marco para a evolución da cultura arquitectónica, na actualidade, as correntes globais flúen por outras redes, máis amplas, con gran rapidez, sen focalizar, organizadas en matrices, de alta internacionalización e que só pode interpretar quen o intenta. Probablemente por esta razón, no referente á diversidade cultural e xeográfica, é difícil distinguir/diferenciar os traballos dos novos arquitectos españois, porque son dispares en semellanza, sexa cal sexa o seu lugar.
No referente á porcentaxe de homes e mulleres arquitectos, estableceuse certa igualdade entre os sexos. A muller, case maioría nas aulas, participa na profesión coma o home nas fases iniciais do desenvolvemento profesional, como "novo". Porén, pode que fora conveniente verificar o seu grao de permanencia e continuidade durante a súa vida profesional, xa que a miúdo a difícil conciliación familiar lévaa a abandonar o traballo e logo é complicado volver á "carreira".
En relación cos intereses de desenvolvemento profesional do grupo, pódese concluír que a meirande parte dos arquitectos novos intentar exercer como arquitectos de profesión liberal, asociados ou en solitario, sobre todo desenvolvendo proxectos de edificación ou da paisaxe. A maioría deles pensa que é necesario / interesante realizar prácticas profesionais en estudios de arquitectura nacionais ou estranxeiros, especialmente para cubrir ocos nos seus estudos universitarios, antes de emprender o seu propio camiño individual. Co seu estudio aberto, conseguen traballos como os seus maiores, a través da participación en concursos e a través das súas relacións e promoción persoal. Os traballos que se obteñen neste período inicial adoitan ser de magnitude, complexidade e dotan de indiscutible calidade arquitectónica. O tempo que se require para "cumprir coas súas expectativas profesionais"* atópase entre os cinco e seis anos de profesión.
Aínda que Arquia-Próxima non puido rexistrar exemplos de tódalas formas profesionais (por exemplo, é difícil incluír neste traballo a xestores públicos ou privados, ou a docentes, etc.), a enquisa recente a estudantes si que inclúe outras posibles formas profesionais: con menor preferencia que a actividade liberal, o contorno docente ou o do asalariado ou funcionario son saídas recoñecidas por algúns dos arquitectos novos. Con todo, parece que hai pouca tendencia cara a sectores máis científicos, dedicados á investigación e ao desenvolvemento no campo dos novos materiais, por exemplo. Por outra banda, camiños próximos ao deseño industrial, interiorismo ou grafismo teñen un bo recibimento nestas fases de afianzamento profesional. O concurso de tese de Arquitectura, que se convoca cada dous anos pola Fundación Arquia, tamén mostra unha maior tendencia de textos no contorno da historia e da crítica, que cara a campos máis técnicos.
É difícil recoñecer no colectivo dos arquitectos españois novos unha tendencia cara a internacionalización do seu traballo, malia que si cara ás prácticas no estranxeiro: porque atopan suficiente oferta e campo de desenvolvemento no seu contorno próximo ou, tamén pode que entenderan con anterioridade que a dificultade ao cruzar as fronteiras é superior ao beneficio que se espera.
Ao facer un resumo breve dos informes que elaborou a Fundación Arquia, pódese chegar á conclusión de que a meirande parte dos arquitectos novos desexan dedicarse á profesión de arquitecto liberal clásico, en solitario ou asociados, desde a participación activa nos novos contornos, en rede, con varias disciplinas e igualitarios. Preocúpalles a vinculación social da arquitectura e o seu compromiso co medio ambiente. Pode que por isto, os arquitectos novos din que non buscan o "éxito" famoso e entenden que son necesarias as fórmulas profesionais de colaboración.
Os arquitectos españois novos demostraron que están ben preparados, saben asumir as súas responsabilidades e son pragmáticos, ademais de ofrecer unha alta calidade nos seus traballos.
*(segundo Iribas)
PRÓXIMOS PRINCIPIOS
Novembro de 2008
por Félix Arranz
comisario bienal 2006-2007 do programa “arquia/próxima”
Dende a miña perspectiva, que intentei reflectir no artigo “Orígenes y desacuerdos” (*), o programa arquia/próxima da Fundación Arquia supón, pola activación do "Rexistro aberto de principios", un gran paso a nivel de cantidade e calidade ao ratificar unha sospeita íntima: a do relevo das rotativas críticas, digamos Gutemberg, baseadas na distribución periódica de opinións individuais de autoridades por metodoloxías alternativas documentais, kiwi, wam ou scalae.net, baseadas en mostrar de forma permanente e exhaustiva, pero discriminada de principios persoais e profesionais sobre estruturas comprensibles, comparables e de non intermediación. Noutros termos: na miña opinión e intención, arquia/próxima aposta no seu formato polo debate estruturado e sostido en relatorios directos dos axentes de participación no canto da exposición crítica de voces expertas, autorizadas, únicas..., alleas. De certo modo, ver así este informe, na miña condición de comisario, supón unha contradición que debo asumir.
A culminación real e práctica da base teórica que fundamenta a existencia do "rexistro aberto" de arquia/próxima, púidose vivir na forma do debate que se iniciou en público no paraninfo da Universidade Politécnica de Valencia durante o foro no que, durante tres días do pasado outubro, conviviron os bolseiros da FQ (estudantes de arquitectura e/ou arquitectos que acababan de titularse e bolseiros para a súa incorporación durante seis meses en prominentes estudios profesionais españois e internacionais) e os "próximos" (autores das 28 realizacións seleccionadas (**) como representantes do traballo que fan os arquitectos españois que se atopan nos seus principios, dentro dos dez primeiros anos como profesionais e como representantes dos autores das preto de 800 realizacións censadas no rexistro aberto). Tres días nos que, de maneira literal, unha xeración de arquitectos españois, a próxima xeración, os seus integrantes, cambiaba os cromos da súa propia colección memorizando os nomes de autores e realizacións: as 128 rexistradas no preciso catálogo-álbum de arquia/próxima, gracias a unha diabólica "xogada" de participación executada polos, de feito, "próximos" do colectivo zulo_ark.
Nese debate, que prendeu con rapidez pola idoneidade dos seus participantes e que persiste e atopa o modo de sobrevivir día a día nos blogs, nas comunidades virtuais e nos vídeos e podcasts que se comparten na rede Internet, puideron evidenciar (a partir das intervencións dos "próximos", os "bolseiros" e coa escusa da invención colectiva da "escola próxima de arquitectura española) algunhas das características e aspiracións da próxima xeración. Cómpre salientar que a distancia das intencións, ben como a lectura da realidade da nova xeración, resulta da vertixe aos ollos de persoas e profesionais afeitos á retórica herdada e aprendida nos currículos ata fai pouco tempo vixentes nos plans de estudos das escolas de arquitectura e no sistema de tramitación profesional convalecente dos colexios de arquitectos. Vou ser máis directo: é un clamor o desapego novos cara / polo aprendido nas escolas e a oferta dos colexios, xa que ambos os asuntos están moi lonxe da realidade que viven, atenden e entenden e, polo tanto, resultan menos que herdanzas inútiles e estériles. Nin sequera os critican, non lles serven como chegaron e intúen que quizais xa lles non servirán máis. Identifico aquí o debate aludido mediante a mostra de tres «fíos», complexos, da conversa colectiva, todos eles apuntan cara a unha resincronización coa realidade:
Nas súas verbas, contra prognóstico e coa ratificación das súas realizacións, os «próximos» argumentan unha reconsideración e preferencia do matérico sobre o retórico, nun sentido práctico que, para ilustrar, «prefire construír sen proxecto antes do que proxectar sen construír». Unha evidencia do referido é a concesión, por votación aberta, do «premio da opinión» ao estudio para o pintor Damià Jaume en Mallorca, de Francisco Cifuentes. Sirva unha ollada ao non-proxecto e obra mallorquino para identificar o que é unha fermosa primeira bandeira xeracional. Sirvan tamén as atentas conclusións do sociólogo Iribas sobre a enquisa realizada aos equipos catalogados en Arquia/Próxima e as motivacións íntimas de quen hoxe comeza.
A tecnoloxía e os recursos informáticos e de comunicación, as TIC, que resultan fascinantes para quen está «fóra», para os próximos —que naceron «dentro»— son o habitual, o cotián e o natural, ata ao punto de comezaren cunha fase crítica de relación cos gadgets e co software, pois poden distinguir e discriminar os recursos electrónicos de traballo e lecer da electrónica e uselessware de consumo. Posibelmente, por causa da aparente presión da «necesidade de construír sobre o construído» nunha reciclaxe mental e material que ve intelixentemente e vai alén das trangalladas industriais e socialmente correctas, os próximos poden identificarse colectivamente co Le Corbusier máis novo, quen sostiña por primeira vez un tixolo nas súas mans comprobando/afirmando con deleite: «pois si que pesa!». É, sen dúbida, unha vulgarización excesiva dicir que unha boa parte dos próximos pode que non estea incómoda na figuración dunha neoartesanía hipertecnolóxica... mais aí queda. Sirva de referencia o traballo e a actitude dun colectivo como Ecosistema Urbano, que decidiu sintetizar boa parte das aspiracións da xeración vindeira. Quer o proxecto e a obra do EcoBulevar en Vallecas, quer o proxecto e a obra de comunicación web 2.0 http://ecosistemaurbano.org resultan paradigmáticos e constitúen cadansúa bandeira xeracional.
Por último, especialmente polo compromiso de non estender o comentario e limitar os fíos a tres, e en vista dos principios expostos no rexistro aberto de Arquia/Próxima, a vindeira xeración de arquitectos españois parece non estar incómoda no apartamento de alugueiro —a propiedade non é que sexa imposíbel..., sinxelamente queda obviada—, algo así como os «netos do 68».
Os síntomas da ligazón entre avós-netos do 68 son a insistencia na reformulación da realidade; a hipersensibilidade ambiental; a mestizaxe internacional non como modo de relación senón como vida propia; o gusto polo anonimato e os alias de ocultación; o desenraizamento territorial e familiar ao tempo que existe unha forte adscrición aos sistemas ideolóxicos tradicionais; a promiscuidade intelectual e a reconfiguración grupal permanente en colectivos...; mais, sobre todo, a especial atención polo que acontece individualmente, ao recoñecemento dos sentidos e do propio benestar como eixo do sentido da vida e, dentro dela, da arquitectura. A explicación que Roque Viejo ofreceu en Valencia sobre os seus debuxos-pensamento de identidade gráfica, para os galegos Encontros internacionais de arquitectura, e que foi referendada co premio de comunicación en arquitectura próxima, ilustrou marabillosamente esta condición vital e pecha o conxunto principal de bandeiras que dei calibrado no comisariado fundacional de Arquia/Próxima e que agora relato.
Arquia/Próxima pon nas mans das persoas interesadas nos principios dos arquitectos e da arquitectura española os seus propios axentes e motivacións, e ofrece a posibilidade dun encontro directo sen intermediarios. A vindeira xeración, atenta a calquera variación da realidade, encontrou no seu rexistro, catálogo, cromos e foro un vehículo óptimo e adecuado para o seu particular Magical Mistery Tour e con xenerosidade expuxo as súas realizacións e modelos de pensamento.
É labor persoal, de cada un, recompor a lista persoal de seleccionados e premiados. É posible. Están todos convidados... porque isto non fixo senón comezar, que é o principio.
(*) Félix Arranz: «Orígenes y desacuerdos», en AA. VV.: Arquia/Próxima 2008, orígenes y desacuerdos Madrid: Fundación Arquia, 2008.
(**) Arquia/próxima catalogou na súa primeira edición e mediante o traballo conxunto do consello científico do comisariado formado por Emilio Tuñón, Carme Pinós, Sara de Giles, Marta Cervelló, Patxi Mangado e Félix Arranz 128 das 760 realizacións censadas no rexistro aberto na Internet [http://www.arquia.es/proxima], seleccionou para a súa exposición 28 das realizacións catalogadas e concedeu o premio Arquia/Próxima 2008 á realización Ecobulevar en Vallecas, de Ecosistema Urbano