arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

VII Festival arquia/próxima 2020

Vivimos nun munda en constante mutación. Xa sexan conflitos políticos, desigualdades sociais, desastres ecolóxicos ou pandemias; o planeta e a humanidade afrontan un continuo estado de transformación e necesaria adaptación. Na VII edición do Festival arquia – comisariada por Gonzalo Herrero Delicado – examinouse colectivamente como a arquitectura emerxente de España e Portugal está a afrontar estes desafíos. Unha oportunidade para reflexionar sobre aquelas prácticas que están a responder con risco e innovación, xerando unha nova radicalidade en arquitectura.

O festival tivo lugar os días 21 e 22 de outubro con un amplo programa de debates, conversacións e presentacións cos arquitectos e estudios seleccionados no programa arquia/próxima, así como outros convidados entre os que se inclúen Anupama Kundoo, Carme Pinós e Peter Cook. A plataforma virtual que acolleu o festival, deseñada por Space Popular e inspirada na cidade de Barcelona, tamén serviu como marco para acoller actividades paralelas como galerías dos programas arquia/próxima e arquia/bolsas, e un novo documental dirixido por Javier Peña que achéganos á arquitectura máis radical de Barcelona.