arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área cultural / Filmoteca

Proxección en salas

Acerca de proxección en salas


A Fundación Arquia pon á disposición dos colexios e escolas de arquitectura, así como daquelas institucións culturais interesadas, a posibilidade de proxectar algúns dos audiovisuais das súas coleccións arquia/documental, arquia/mestres e arquia/filmoteca.

Protocolo a seguir:

Seleccionar os audiovisuais da Listaxe de títulos dispoñibles.


Enviar o Formulario de solicitude.

Condicións da prestación:

O acceso ás proxeccións debe ser gratuíto.
Débese incluír o logotipo da Fundación Arquia en todo o material promocional ou comunicación pública que se faga de cada proxección, así como facilitar a ligazón web da institución onde figure programado o ciclo/proxección.
Xunto ao título debe constar: «Documental cedido e editado pola Fundación Arquia» ou simplemente «Documental cedido pola Fundación Arquia» para os audiovisuais da colección arquia/filmoteca.
Durante as proxeccións débese expoñer unha bandeirola facilitada pola Fundación Arquia, para os efectos de representación da colaboración institucional.
Despois da proxección, faranse chegar á Fundación Arquia algunhas fotografías como testemuño do evento, co fin de rexistrar a actividade na Memoria anual da fundación.

Rexístrate na Fundación

Rexístrate como usuario da Fundación nos diferentes perfís de usuario