arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

2.ª convocatoria da Bolsa en Emprendemento Social

Emprendemento
11 mayo 2018

A Fundación Arquia, en colaboración con Barcelona Activa, convoca 1 bolsa de emprendemento social destinada ao desenvolvemento dun proxecto de negocio sustentable con forte compoñente social co fin de fomentar e apoiar a creación de iniciativas empresariais que teñan como obxectivo conseguir unha incidencia positiva na sociedade mediante a resolución de problemas actuais da poboación dende unha vertente social ou ambiental.

Desta forma, dáselles pulo a novos proxectos emprendedores que xorden a partir de valores como o esforzo, o empuxe e a innovación, e dótase as persoas candidatas de coñecementos e ferramentas que complementen as súas habilidades emprendedoras e que as capaciten para poder facer realidade o seu proxecto de negocio.

Poderán optar á bolsa aqueles profesionais titulados en Ciencias Sociais, Ciencias Xurídicas, Artes, Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Económicas, Empresariais, Enxeñarías e Arquitectura nunha universidade española ou fóra do país e con homologación en España, que teñan permiso de residencia no territorio español, ou equipos pluridisciplinares, integrados maioritariamente por profesionais, cunha idea de negocio viable, creativa e innovadora.

Data límite de inscrición: 29 de xuño de 2018 ás 12.00 do mediodía

Máis información AQUÍ

.