arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

4.ª convocatoria da Bolsa de Emprendemento e Innovación en Arquitectura 2018

Emprendemento
31 enero 2018

A partir do 1 de febreiro de 2018 poderás inscribirte na 4.ª convocatoria da Bolsa Arquia de Emprendemento e Innovación en arquitectura 2018 para a adxudicación dunha bolsa destinada ao desenvolvemento dun proxecto de negocio no viveiro de industrias creativas Factoría Cultural en Matadero Madrid.

O proxecto pode abarcar calquera dos campos da profesión de arquitecto.

A bolsa pretende fomentar a cultura do emprendemento, apoiar a creación de iniciativas empresariais e impulsar a innovación en ámbitos relacionados coa arquitectura como motor de crecemento económico. Así mesmo, téntase ofrecerlles aos candidatos coñecementos e ferramentas que complementen a súa formación académica e dar impulso a novos proxectos emprendedores xurdidos a partir de valores como o esforzo, o empuxe e a innovación.

Poderán optar á bolsa aqueles arquitectos titulados nalgunha das Escolas de arquitectura do territorio español ou equipos pluridisciplinares, integrados maioritariamente por arquitectos, cunha idea de negocio viable, creativa e innovadora.

A bolsa inclúe unha subvención de 7000 € e a matrícula para unha praza no viveiro de industrias creativas Factoría Cultural en Matadero Madrid durante un período de seis meses. Ademais dos servizos e recursos de Factoría Cultural, a Fundación Arquia pon ao dispor do arquitecto con bolsa un asesor de recoñecido prestixio no eido da xestión do desenvolvemento profesional na arquitectura que titorizará o proxecto mediante sesións presenciais e virtuais.

Inscríbete antes do 2 de abril de 2018 ás 12.00 do mediodía!

Podes consultar as bases da convocatoria e obter máis información no apartado correspondente á convocatoria actual na nosa web: http://fundacion.arquia.es/es/concursos/otrosconcursos/emprendemento/arquitectura/Convocatoria?anyo=2018