arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

ENQUISA ARQUIA 2014. O 31 de decembro de 2014 finalizou o prazo de participación.

enquisas
12 enero 2015

Durante o mes de xaneiro de 2015 realizarase ante notario entre os participantes que completen e envíen a enquisa o sorteo das tres viaxes para dúas persoas a Nova York para realizar os días seguintes á Semana Santa de 2015, e dez lotes de dous libros e dous documentais editados pola Fundación Arquia. Unha vez verificados os datos, comunicarase o resultado individualmente aos participantes gañadores e farase público a través das páxinas web do grupo Arquia durante o mes de febreiro de 2015. Na primavera deste mesmo ano, publicarase o informe dos resultados obtidos a partir das respostas dadas polos participantes nos módulos profesionais de arquitectos e estudantes de Arquitectura no cuestionario da enquisa. As respostas son tratadas de maneira confidencial. Este informe será elaborado polo sociólogo Emilio Luque, profesor titular de Medio Ambiente e Sociedade na UNED.