En relación coa convocatoria da XIII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (XIII BEAU), promovida polo Ministerio de Fomento, a través da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Chan, en colaboración co CSCAE, a Fundación Arquia e a Unión de Agrupacións de Arquitectos Urbanistas, comunícoche que até o 15 de xaneiro de 2016 pódense enviar propostas para a súa participación.
Son obxectivos primordiais da presente Bienal posibilitar e fomentar a maior participación co fin de recoñecer e premiar un conxunto de obras de alta calidade que poidan representar o mellor e diverso panorama da arquitectura e o urbanismo español dos anos que comprende a convocatoria.
Poderán concorrer á presente edición aqueles traballos de arquitectura e urbanismo cuxa data de finalización se atope entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2015, ambos inclusive.
Para participar é necesario realizar unha inscrición previa (Fase 0) no seguinte formulario: http://www.bienalesdearquitectura.es/index.php/es/convocatoria-beau/inscripcion-de-propuestas
Co código asignado pódese remitir a documentación solicitada a través do formulario da Fase 1 até as 15 horas do 15 de xaneiro de 2016 dispoñible nesta ligazón: http://www.bienalesdearquitectura.es/index.php/es/convocatoria-beau/subida-de-documentacion-fase-1
Nesta edición, as obras premiadas pasarán a formar parte da selección que se remita ao xurado de obras da X Bienal Iberoamericana de Arquitectura (XBIAU) e Urbanismo sempre que cumpran as bases desta convocatoria. Por tanto, aquelas obras que queiran concursar na XBIAU deben facelo a través da XIIIBEAU.
Toda a información relativa a esta convocatoria está dispoñible en: http://www.bienalesdearquitectura.es/index.php/es/convocatoria-beau