arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Rede FQ

Bolsa de traballo

Acerca de Bolsa de traballo

A Fundación Arquia, co obxectivo de fomentar as relacións e colaboracións laborais no eido da arquitectura, así como de contribuír á creación de emprego e a unha maior xeración de oportunidades de traballo, pon ao dispor das empresas, institucións, estudios de arquitectura, sociedades e profesionais rexistrados na plataforma, unha bolsa de traballo gratuíta á que poden acceder para publicar novas ofertas ou inscribirse nas ofertas dispoñibles.
Ademais, ofrece un directorio de diferentes bolsas de traballo clasificadas segundo a tipoloxía e categoría das ofertas de emprego que publican.

 

Buscador de ofertas de emprego e directorio de bolsas de traballo

Para realizar unha procura de ofertas de emprego e de bolsas de traballo, a páxina da Fundación dispón dun motor de procura dende o que se pode filtrar por criterios específicos e localizar, dunha maneira rápida e eficaz, a ficha daquela oferta ou bolsa de traballo máis acorde cos principios de busca. As bolsas externas son discriminadas polo ámbito xeográfico que abranguen, sector ou especialidade, por se van dirixidas a profesionais ou estudantes, por se teñen un perfil institucional ou empresarial, segundo o cargo que as súas ofertas ofrecen ou se contemplan concursos ou non.

 

Crear unha nova oferta de emprego

O solicitante debe darse de alta previamente como usuario acreditado FQ.
Despois de se rexistrar, debe iniciar sesión co seu nome de usuario e contrasinal e ir a: A miña área privada> A miña área profesional> Bolsa de traballo e premer no botón «Crear oferta» enchendo o formulario habilitado para iso. O ofertante pode decidir se os seus datos son públicos ou non, así como seleccionar e descartar os candidatos.

 

Inscrición na oferta de traballo

O candidato debe darse de alta previamente como usuario acreditado FQ.
Despois de se rexistrar, debe iniciar sesión co seu nome de usuario e contrasinal e ir a A miña área privada> A miña área profesional> Bolsa de traballo. Premer no botón «Inscrición» situado en cada unha das ofertas. A Fundación ofrece a posibilidade de anexar un CV ou de vincular o CV creado na plataforma FQ.

 

Regístrate en la Fundación

Registrate en FQ para poder acceder, publicar o inscribirte a las ofertas de la Bolsa de Trabajo, entre otros servicios.