Directorio profesional
O Directorio profesional presenta as fichas profesionais, xestionadas polo usuario dende a súa área privada. Toda a información que se mostra nas fichas profesionais é definida na xestión de currículos.
A Galería de profesionais mostra unha selección aleatoria das fichas profesionais existentes na nosa base de datos determinada polo sistema Math Random. Cada vez que se accede á páxina web ou que esta se actualiza, a galería actualízase e mostra unha nova selección.
Buscador de profesionais
Para realizar unha procura no Directorio profesional, a páxina da Fundación dispón dun motor de busca dende o que se poden aplicar filtros segundo as necesidades específicas para localizar, dunha maneira rápida e eficaz, a ficha profesional daquel estudante, arquitecto, empresa, estudio ou institución que máis se axeite ás súas necesidades.
Alta no directorio
A alta no Directorio profesional está reservada a estudantes de arquitectura, arquitectos, estudios e empresas de arquitectura e institucións.
Se te queres unir ao Directorio profesional, podes acceder ao formulario de rexistro a través da ligazón que atoparás no pé de páxina ou a través de «Rexistrarse» no menú lateral da páxina.
Despois de te rexistrares como usuario da plataforma FQ, accede ao apartado «Perfís» na área de usuario da túa área privada onde poderás crear, nuns poucos minutos, a túa ficha profesional ou a da túa empresa ou institución.
Máis información sobre perfís profesionais
Completa a información da ficha profesional coas realizacións da túa actividade profesional. Para iso, accede ao apartado «Realizacións» da túa área privada e anexa dunha maneira rápida e cun formato atractivo a información sobre as túas obras e actividades.
Máis información sobre Realizacións
Nota: A Fundación non é responsable da veracidade dos datos introducidos polos usuarios nas súas fichas profesionais do Directorio profesional.