-
Centro de documentación
-
Área cultural
-
Área profesional
-
Medios
-
A Fundación
A Fundación DOCOMOMO Ibérico leva a cabo desde 1993 un ambicioso proxecto: a detección dos elementos máis destacados do patrimonio arquitectónico moderno do século XX. Froito deste traballo son os Rexistros DOCOMOMO Ibérico, dedicados á industria, á vivenda e aos equipamentos, que agrupan 1144 obras realizadas entre 1625 e 1965 e documentadas de forma exhaustiva. A través deste espazo web da plataforma FQ pódense consultar as obras incluídas nos Rexistros DOCOMOMO Ibérico, complementando a información dispoñible na propia base de datos da Fundación DOCOMOMO Ibérico.
A Galería de realizacións mostra unha selección aleatoria dos edificios incluídos nos Rexistros DOCOMOMO Ibérico. Cada vez que se accede á páxina web ou que esta se actualiza, a galería actualízase e mostra unha nova selección.
O buscador de realizacións permite realizar procuras entre os edificios incluídos nos Rexistros DOCOMOMO Ibérico, filtradas segundo a denominación do edificio, ben sexa orixinal ou actual, o uso orixinal, a autoría ou a localización.
As realizacións do rexistro DOCOMOMO están xeolocalizadas de maneira que permite ao usuario incorporalas aos itinerarios personalizados que queira xerar a partir dos edificios.