arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Centro de Documentación / Ciclos

BARQ Festival

BARQ Festival, o único certame internacional de cine de arquitectura de España, presenta a programación completa e as actividades paralelas da súa primeira edición, que se celebrará do 11 ao 16 de maio de 2021.
As proxeccións das 9 longametraxes e 11 curtametraxes seleccionadas poderanse ver nos Cineaes Girona de Barcelona e o Disseny HUB, e estarán tamén dispoñibles na
plataforma Filmin España durante os días do festival.
O programa inclúe debates e conferencias noutras sedes da cidade como a Fundació Joan Miró de Barcelona, o MACBA, a Filmoteca de Catalunya, o Barcelona Roca Gallery e o Pavillón Mies van der Rohe en formato presencial e en directo.

Os documentais do BARQ Festival somérxennos no cine de arquitectura e presentan
realidades sociais de actualidade que formulan debates de interese xeral, que terán
voz a través de mesas redondas e conversas nas que participarán recoñecidos profesionais
do sector da arquitectura do país: comunicadores, xornalistas, cineastas, comisarios e
directores de entidades. Todos eles crearán un marco de reflexión e ampliarán as
posibilidades de debate das historias narradas nos documentais, como o acceso á
vivenda, sostibilidade, a inclusión, o debate de xénero ou o espazo público. Será una
oportunidade para aprofundar en historias humanas a través da arquitectura, o escenario das
nosas vidas.

Longametraxes

 

Recurso CD
Recurso CD
Recurso CD
Recurso CD
Richard Leplastrier
Framing the View
Recurso CD
Recurso CD
Peter Rice
An Engineer Imagines
Recurso CD

Curtametraxes 

 

Recurso CD
Recurso CD
Recurso CD
Max Holzheu
A Legacy of Guatemalan Brutalist Architecture
Recurso CD
Extreme Conservation
Croft Lodge Studio
Recurso CD
Recurso CD