arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Centro de Documentación / Ciclos

El cine sobre Berlín: un relato de su historia reciente.

A principios do século XX, Berlín era unha cidade activa, cosmopolita cun dinamismo máis semellante ao das metrópoles estadounidenses emerxentes que ao doutras capitais europeas, como mostra Walther Ruttmann en Berlín: Sinfonía de una gran ciudad (1927).

Non obstante, nas décadas seguintes as cambiantes conxunturas socio políticas e económicas reflectíronse inevitablemente na súa configuración urbana. Deste xeito, mentres noutras cidades o crecemento produciuse a un ritmo moi lento, case secular, en Berlín foi bastante explosivo: no corazón dunha Europa devastada e dividida, as violentas metamorfoses e as tábulas rasas que sufriu fan dela un palimpsesto da memoria contemporánea alemá.

Non é estraño, polo tanto, que Berlín fose para os cineastas un lugar de interrogación constante sobre a historia europea do século XX. As fortes convulsións que a cidade coñeceu ao longo do século pasado deixaron inevitablemente a súa marca na produción cinematográfica, actuando as máis de 1.600 películas rodadas nela coma lugar de memoria colectiva no que recuperar a dimensión psicolóxica de acontecementos cruciais.
O cine sempre tivo un papel relevante como medio de propaganda política e un bon exemplo é Olympia (L. Riefenstahl, 1936), que documenta os Xogos Olímpicos de Berlín durante o goberno do Terceiro Reich, Historia de una joven pareja (K. Maetzig, 1952), un clásico do cine propagandístico da época do apoxeo do stalinismo, onde se inclúe a metraxe orixinal da construción do Stalinallee, o maior bulevar da zona oriental e escenario dos espectáculos oficiais do réxime socialista.
Apenas rematada a II Guerra Mundial, o director neorrealista italiano Roberto Rosellini roda Alemania, año cero (1948), última obra da súa Trilogía de la Guerra, que amosa a completa devastación da cidade e a loita diaria dos seus habitantes pola supervivencia. Ese mesmo ano Billy Wilder dirixe Berlín Occidente, unha comedia romántica sobre a Alemaña ocupada polos Aliados, patrocinada polo goberno estadounidense.
Se a cidade dividida se converte en símbolo da Guerra Fría, inspirando abondosas películas do xénero do thriller como Berlin Express (J. Tourneur, 1948), a construción do muro en 1961 marca definitivamente o carácter de Berlín no imaxinario cinematográfico internacional. Desde entón e ata a súa caída en 1989, sucédense unha serie de obras, producidas baixo a influencia occidental, co leitmotiv da cidade como zona franca da espionaxe mundial: El espía que surgió del frío (M. Ritt, 1965), Octopussy (J. Glen, 1983), Top Secret (Zucker, Abrahams, Zucker, 1984)…
Durante esa época, o cine na RDA preocúpase, no entanto, de indagar no seu doloroso pasado, difícil de ignorar e ten menos repercusión fóra do seu circuíto, aínda que non poden esquecerse títulos como La tercera generación (R. W. Fassbinder, 1979), que mostra unha imaxe de Berlín Oriental, especialmente arquitectónica, irremediablemente dividida entre o vello e o novo. Mención especial merece El cielo sobre Berlín (W. Wender, 1989), cos seus dous anxos sobrevoando unha cidade sen vida, sen cor, presa do peso das fronteiras físicas e emocionais.
Curiosamente, tras a reunificación do país comezaron a aparecer títulos que reflicten a vida cotiá, a estética e o modelo urbanístico e arquitectónico da Alemaña socialista e concretamente de Berlín do Leste, con grande éxito de crítica e público: Sonneallee (L. Haubmann, 1999), Goodbye, Lenin (W. Becker, 2003), La vida de los otros (F. H. von Donnersmarck, 2006)…
E, en parte, son responsables de que no 30 aniversario da caída do muro, a Ostalgie (contracción de ost, leste en alemán e nostalgie, nostalxia), é dicir, a nostalxia pola antiga RDA, siga máis presente ca nunca.

Recursos

Todos estes recursos ofrécennos un panorama moito máis complexo e intenso.

 

Recurso CD
Berlin
Symphony of a Great City
Recurso CD

El espía que surgió del frío

(The Spy Who Came in from the Cold),

Martin Ritt, 1965

ver

Olympia, de Leni Riefenstahl

ver

La tercera generación

(Die Dritte Generation),

R. W. Fassbinder, 1979

ver

Ester Roldán. Mallet-Stevens: Arquitectura, cine e modernidade.

Entre 1920 e 1928, o arquitecto e deseñador francés Robert Mallet-Stevens realiza numerosos decorados para o cine e ademais publica varios artigos sobre esta materia.
Ver artigo no Blog FQ

Goodbye, Lenin

(W. Becker, 2003)

ver

La vida de los otros

(Das leben der anderen, F. H. von Donnersmarck, 2006)

ver

Ester Roldán. Mallet-Stevens: Arquitectura, cine e modernidade.

Entre 1920 e 1928, o arquitecto e deseñador francés Robert Mallet-Stevens realiza numerosos decorados para o cine e ademais publica varios artigos sobre esta materia.
Ver artigo no Blog FQ
Ester Roldán

Ester Roldán (1976), arquitecta pola ETSA de Valladolid e DEA pola ETSA de Barcelona.

Funda de longo+roldán arquitectos xunto con Víctor Longo no ano 2000.