arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Centro de Documentación / Ciclos

En homenaxe a Vittorio Gregotti

O domingo 15 de marzo soubemos da morte de Vittorio Gregotti debido a unha pulmonía desencadeada polo coronavirus. O famoso arquitecto tiña 92 anos e era mundialmente coñecido como proxectista, ensaísta, crítico, docente, editor, polemista... Concibía a arquitectura como unha forma de mirar o mundo e a propia existencia, e creía na súa capacidade de transformar o contorno, e incluso a propia sociedade.

“Despedimos con profunda tristeza a Vittorio Gregotti, un dos nosos máis grandes arquitectos e embaixadores. Milan débelle moito, dende a primeira sala celebrada na Triennale en 1951 ata o barrio Bicocca, deseñado enteiramente por el. Grazas por todo.” Así o recordou Beppe Sala, alcalde da cidade cuxa imaxe contribuíu a construír.

En homenaxe a Gregotti, propoñémosvos redescubrir a súa figura e lembrar Milán, as súas rúas, a súa arquitectura, a súa arte, a súa xente, a súa vida... A través dunha selección de obras (películas de ficción, documentais, pezas de videoarte, conferencias, textos...) que vos iremos propoñendo nos próximos días e á que poderedes acceder a través de cada ligazón. Que as gocedes.

Recursos

Todos estes recursos ofrécennos un panorama moito máis complexo e intenso.

 

Documental
Milan, Italy.
CZA Cino Zucchi Architetti
Recurso CD
Recurso CD
Vittorio Gregotti
il disegno della ragione
Recurso CD
Recurso CD
Ficción
Stramilano
[Parte I]
Ficción
Stramilano
[Parte II]
Recurso CD
Recurso CD
Recurso CD
Mario Merz
Igloos

Ieri, oggi, domani

Vittorio De Sica, 1963, 118´

Película articulada en tres episodios ambientados cada un nunha cidade italiana (Nápoles, Milán e Roma), pero interpretados todos eles por marcello Mastroianni e Sophia Loren. Milán serve de escenario para a aventura extramatrimonial de Anna, unha muller rica casada cun home de condición humilde. De Sica ofrece a súa particular ollada da cidade seguindo o percorrido de Anna nun flamante Rolls-Royce dende a Piazza del Duomo para logo atravesar Piazza della Scala, Piazza della Repubblica e Piazza Duca d'Aosta, e tomar viale Tunisia ata chegar á via Ludovico il Moro, onde a espera o seu amante. Mentres se afastan xuntos pola A1, pode observarse ao fondo a Metanopoli, a company town proxectada por Mario Bacciocchi. Todo un homenaxe ao Milán dos anos 60.
ver

Rocco e i suoi fratelli

Luchino Visconti, 1960, 171´

Sen dúbida un dos mellores exemplos de neorrealismo italiano: o propio realizador afirma que inspeccionou Milán exhaustivamente, dende o centro ata a periferia, para escoller persoalmente tódalas localizacións.

A película comeza na Stazione Centrale, ata onde chega dende a súa aldea natal a anciá Rosaria cos seus cinco fillos procurando un futuro na industrializada capital lombarda, como fixeran tantas outras familias procedentes das rexións do sur entre os anos 50 e 60. Pero a cidade na que se atopan resúltalles hostil, gris: Visconti usa a arquitectura milanesa da periferia para denunciar os aspectos máis conflitivos e dramáticos do crecemento descontrolado da urbe, con un enfoque case teatral.

A escena nos tellados do Duomo e fermosísima, tanto como duro o retrato de Fabio Filzi, o barrio de vivendas sociais proxectado na época fascista por Franco Albini (mestre de Gregotti) onde a familia vese obrigada a aglomerarse nun minúsculo soto de aluguer e que se conserva idéntico na actualidade.

ver

L’albero degli zoccoli

Ermanno Olmi, 1978, 179´

Vencedora da Palma de Ouro no 31. º Festival de Cannes, a película está ambientada entre 1897 e 1898 e conta a vida cotiá de catro familias que habitan nunha granxa, unha tipoloxía de edificación característica do mundo rural na Italia setentrional que consiste nun conxunto de edificacións agrupadas en torno a un gran patio e inclúe cortes.

Nunha escena na que se narra a travesía dunha parella de recén casados polos canais que conducen a Milán, cunha suite para cello de Bach de banda sonora, é posible recoñecer varias edificacións destinadas naquela época a residencia estival da clase burguesa milanesa, como Villa Gaia, en Robecco sul Naviglio, a ponte de Castelletto di Cuggiono ou a igrexa parroquial de Bernate Ticino.

ver

La Notte

Michelangelo Antonioni, 1961, 122´

Enmarcada no xénero do drama psicolóxico e protagonizada por Marcello Mastroianni, Jeanne Moureau e Monica Vitti, esta película forma parte da famosa triloxía sobre a incomunicación de Antonioni xunto a La aventura (L’avventura, 1960) e El eclipse (L’eclisse, 1962).
O seu argumento trata neste caso a incomunicación nas relacións sentimentais, a infidelidade ou o medo a estar sós, cun discurso visual impecable. Resulta especialmente interesante a escena na que unha das protagonistas, Lidia, pasea por Milán, por como encadra o realizador os edificios e representa a cidade como un sistema carente de sentido, abstracto.
Sen dúbida, unha das películas que mellor retrataron a arquitectura racionalista milanesa da posguerra, representada por obras de Nervi, Ponti ou Moretti.
ver

Happy Family

Gabriele Salvatores, 2010, 90´

Coñecido internacionalmente por gañar o Óscar á mellor película de fala non inglesa en 1991 con Mediterráneo, nesta película Gabriele Salvatore roda unha disparatada comedia ambientada en Milán e en cuxa trama nótase claramente a influencia de Pirandello e os seus seis personaxes en busca dun autor.
Entre antigas case di ringhiera, unha tipoloxía de edificación propia do Milán do Ottocento, similar ás corralas madrileñas e aos polémicos salóns de masaxe chinesa de via Sarpi, a película de Salvatores tamén supón unha particular homenaxe á cidade, co Nocturno n. 20 de Chopin sonando de fondo.
ver

L´Amatore

María Mauti, 2016, 130´

Unha viaxe a través do arquivo visual do arquitecto Piero Portaluppi, que causou gran impresión na cidade de Milán co Planetario Hoepli, o edificio RAS e innumerables vilas para os milaneses adiñeirados nas décadas de 1920 e 1930. O "amadorismo" ao que se fai referencia no título deste documental experimental revelouse hai algún ano grazas ao descubrimento dunha colección de películas de 16 mm, que filmou, editou e subministrou con secuencias dos títulos.

Nestas curtametraxes este home (quen nun momento realizou un seguimento da cantidade exacta de sopa, carne, viño e ensalada que consumiu nun ano) da unha impresión igualmente controlada da súa vida persoal e social durante un período turbulento da historia italiana. Un período durante o cal o estilo arquitectónico de Portaluppi evolucionou do neogótico ao modernismo e ingresou en círculos de elite onde atopou aos seus clientes, ademais de adaptarse sen esforzo á ideoloxía dominante do fascismo de Mussoli

ver

Stramilano I e II

Corrado D´Errico, 1929, 9´- 6´

Curto documental (en dúas partes) que narra algúns aspectos vagamente futuristas da sociedade traballadora e glamurosa de finais dos anos 20 en Milán, de acordo cun lenzo clásico: do espertar da cidade co amencer ata o solpor da noite subterránea.
Musicalmente, a primeira parte da película trata o espertar da cidade de Milán de forma case documental e aparentemente "obxectiva". Non se sonorizan estas secuencias co uso da música, pero trátanse de reconstruír os ambientes e efectos de son que evocan as imaxes. Os sons utilizados foron recollidos polo músico Tiziano Popoli con gravacións de campo e de outras cidades: Módena, Bolzano ou Marsella. Nalgúns casos incluso utiliza elementos aínda máis abstractos de son, ou non relacionados coas escenas, por exemplo, o zunido dos insectos. A música vén do ruído, destílase lentamente, modulada e finalmente imponse dende a parte central da película, de modo que ao final acada un gran dinamismo cambiante. O "futurismo" dalgunhas secuencias influíu nas decisións da música, especialmente na procura dunha amálgama de cores de son en capas. Esta sonorización realizouse especialmente para a reposición da película durante o Festival de Cine Rimusicazioni en 2004.
ver

Miracolo a Milano

Vittorio De Sica, 1951, 9

Entre o neorrealismo e a comedia fantástica, segue a ser unha película conmovedora cun enfoque en ton de crítica social. A trama desenvólvese como unha fábula cuxo protagonista é Totò, un rapaz orfo que soña cun mundo onde "Buongiorno voglia davvero dire buongiorno". Totò vive nun mísero barrio de chabolas na periferia de Milán, produto do movemento migratorio masivo tas a Segunda Guerra Mundial dende o campo cara a cidade, que naquel tempo xa está fortemente industrializada, o abandono, o gris permanente no ceo e a crueza das rúas, desertas e os descampados, son reflectidos maxistralmente por De Sica.
A escena na que, tras roubar unha vasoira, todas as personaxes suben a cabalo nela para elevarse por enriba da Piazza do Duomo e voar sobre Milán é memorable e, sen dúbida, inspirou a Spielberg para ET.
ver

Milan, Italy

Oriol Faura, 2016, 10´

O arquitecto Cino Zucchi dende o seu estudio CZA Cino Zucchi Architetti en Milán, expresa o seu punto de vista sobre a identidade da arquitectura europea. Ademais, comenta a situación en Milán a través de edificios de diversas épocas como son: o Duomo de Milán, a Torre Velasca, o complexo residencial de Luigi Caccia Dominioni, o complexo residencial de Luigi Moreti e a Universidade Luigi Bocconi de Grafton Architects.
ver

Mario Merz: Igloos / Pirelli HangarBicocca”, Milán

Vídeo da exposición no centro Pirelli HangarBicocca en Milán, Italia, dedicada a un conxunto de instalacións crucial na obra do artista italiano Mario Merz: os iglús. Mario Merz concibiu o primeiro iglú para unha mostra colectiva en Roma en 1968 e desde entón seguiu producindo iglús de diferentes tamaños e materiais ata a súa morte en 2003.
O iglú é para Mario Merz unha metáfora do espazo e do lugar habitado polos humanos. Os seus iglús adoitan estar feitos dunha armazón metálica recuberta de anacos de materiais coma arxila, cristal, pedra, iute e metal.
A exposición “Mario Merz: Igloos at Pirelli HangarBicocca” presenta máis de 30 iglús de diferentes tamaños e materiais, organizados en orde cronolóxica (1968-2003). A mostra tivo como comisario a Vicente Todolí en colaboración coa Fondazione Merz e realizouse entre o 23 de outubro de 2018 e o 24 de febreiro de 2019.

Foto: P A Black © 2018

ver

PIRELLI RE - progetto bicocca (Andrea Bettinetti)

Unha grande área industrial abandonada ao norte de Milán: Pirelli-Bicocca. Un gran proxecto urbanístico de Vittorio Gregotti. Outrora chamada a Estalingrado de Italia pola concentración de fábricas e traballadores, a área acolle hoxe a nova Università degli Studio Milano-BIcocca, o Teatro degli Arcimboldi, centros de investigación, aloxamentos, a sede de Siemens e do Deutsche Bank, Pirelli, cines con varias salas.

ver

Spazio reale / spazio virtuale

1979, Ed. Triennale di Milano, film 16 mm, colour, 19’50’’

Entre os protagonistas deste vídeo, realizado para a décimo sexta Trienal de Milán que tivo lugar en 1979 baixo o lema “Lo spazio audiovisivo”, atopábanse figuras do talle de Gau Aulenti, Vittorio Gregotti, Andrea Branzi, Bruno Munari, Nanda Vigo, Virgilio Vercelloni, Enzo Mari, Gianfranco Bettetini, Aldo Grassi, Costantino Bardi, Alessandro Mendini, Pierluigi Nicolin, Gillo Dorfles, Davide Mosconi… entrevistados todos eles por Ugo La Pietra, quen despois transferiu as súas afirmacións a un gran “diagrama de obxectivos”
ver

Vittorio Gregotti: il disegno della ragione

Ultrafragola Channela, 27´

A vida do recentemente falecido Vittorio Gregotti desde as súas orixes na fábrica do seu pai ao suspenso na materia de Debuxo ao natural durante os seus anos de universidade, da experiencia nas máis prestixiosas revistas aos encontros cos grandes mestres do Movemento Moderno, incluso aquela vez que chamou á porta de Fernand Léger... E todo iso contado por el mesmo.
ver
Ester Roldán

Ester Roldán (1976), arquitecta pola ETSA de Valladolid e DEA pola ETSA de Barcelona.

Funda de longo+roldán arquitectos xunto con Víctor Longo no ano 2000.