arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
Las cookies propias y de terceros nos permiten mejorar nuestros servicios. Al navegar por nuestro sitio web, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información Aceptar
X

Centro de documentación / Ciclos

A Bauhaus

Mozos, vinde á Bauhaus!

Co gallo do centenario da Bauhaus, ofrecémosvos este ciclo comisariado por Jorge Torres Cueco.

A Bauhaus cumpriu cen anos e, ao meu xuízo, segue activa, esperta e vixente. É sorprendente que, con só catorce anos de vida, obxectos, produtos industriais, obras plásticas e arquitectura resistan o paso do tempo, a pesar das dificultades e contradicións en que se viu sumida nos anos da República de Weimar. Tampouco é de estrañar para os alumnos e mestres que ocuparon as súas aulas: Paul Klee, Wassily Kandinsky, Johannes Itten, László Moholy-Nagy, Lyonel Feiniger, Josef Albers, Günta Stolz, Walter Gropius, Mies van der Rohe ou Marcel Breuer. Este é o relato que podemos contemplar nos documentais dirixidos por Niels Bolbrinker: Bauhaus. El mito de la modernidad (2017, con Kerstin Stutterheim) e Bauhaus Spirit. 100 Years of Bauhaus (2018, con Thomas Tielsch), nos que desfilan algúns dos seus alumnos trasladándonos a súa experiencia artística e vital. Esta mesma experiencia é narrada polo seu protagonista no documental de Erich Schmid Max Bill. Un clásico del futuro (2008) que, á súa vez, nos introduce no mundo da Hochschule für Gestaltung en Ulm, debedora da Bauhaus e da cultura na posguerra. Outros documentais como Kandinsky and the Russian House (Michael Craig, 2007) e Mies van der Rohe (Michael Blackwood, 1986), ofrecen un retrato de dous dos seus protagonistas máis importantes: Kandinsky, un dos seus iniciadores, e Mies, o seu último director.
Non menos interese revisten as intervencións de profesores como Luis Fernández-Galiano no ciclo «O tempo da Bauhaus» con Klee, un mestre (2013), ou outras xa históricas como Abraham Moles coas súas reflexións sobre a arte e a comunicación en L'Experiènce du Bauhaus après la Deuxième Guerre Mondiale: L'École d'Ulm (1986); Wolf Tegethoff en O concepto de Museo de Mies van der Rohe e Ludwig Glaser con Os deseños de Mies para o pavillón e a exposición de Barcelona no ciclo do mestre alemán celebrado en 1986 en Barcelona.

 

Entre todos os documentos dispoñibles, cómpre destacar a película Impressionen vom alten Marseiller Hafen (vieux port) realizada por Lászlo Moholy-Nagy en 1929, un impresionante retrato visual e humano do vello porto de Marsella. Un testemuño fascinante constitúeno todas aquelas experiencias plásticas realizadas na Bauhaus en que o son, o movemento, a cor e a imaxe se recollían en películas de curta duración, pero de grande intensidade visual. Hoxe dispoñemos da edición orixinal ou reconstrución dunha parte destas obras experimentais realizadas por mestres e estudantes da Bauhaus: Werner Graeff, Komposition I e Komposition II (1922); Kurt Schwerdfeger, Reflektorische Farblichtspiele (1922/1967); Kurt Kranz, Zwanzig Bilder aus Dem Leben einer Komposition (1927-28/1972); Kurt Kranz Der Heroische Pfeil (1930/72) e Variationen über ein geometrisches Thema (1944/72); ou Viking Eggeling, Symphonie Diagonale (1921-24). Tamén merecen atención as reproducións de ensaios escénicos e ballets como os de Lothar Schreyer, Mann (1920/2012), Ludwig Hirschfeld-Mack, Kreuzspiel (1923/1964-65), Kurt Schmidt, Das Mechanische Ballett (1923/2009); Wassily Kandinsky, Bilder Einer Ausstellung (1928/1984) e, por suposto, Oskar Schlemmer con Das Triadische Ballet (1922/70 e 1989) e as recreacións Mensch und Kunstfigur (1969) e Oskar Schlemmer und Tanz (1980).

 

Nun panorama das recentes teses de doutoramento sobre a Bauhaus, comprobamos o interese que adquire a figura do seu último director, Mies van der Rohe, contemplado dende diferentes ángulos: «Mies y la conciencia del espacio» (Cristina Gastón); «Espacio, Tiempo y Silencio. Arquitectura y Música en la obra de Mies y Webern» (José Luis Baró); «Traslaciones Poéticas: un recorrido por la Friedrichstrasse de Mies van der Rohe en 1921» (Pablo Gallego); «El pilar en Mies van der Rohe. El léxico del acero» (Javier Ferrándiz);  «Las flexiones del arquetipo en la obra de Mies van der Rohe» (Carlos Lanuza); «Material, espacio y color en Mies van der Rohe. Café Samt & Seide 1927» (Enrique Colomés);  «Mies' Two-Way Span» (Euardo Mantovani) ou «La paradoja de Mies. Las simetrías invisibles a través del Pabellón de Barcelona» (Francisco Muñoz). Pero tamén, «Wassily Kandinsky y la evolución de la forma» (Antoni Maltas); «Hacia un concepto de espacio interior: 1927-1937. Lilly Reich» (María Melgarejo) e «Hilberseimer, El urbanismo de la gran ciudad» (José Antonio Sumay) constitúen valiosos documentos que tamén superan os simples perfís biográficos. «El camino hacia la arquitectura: las mujeres de la Bauhaus» (Josenia Hervás) e «La silla de la discordia» (Pablo López) mostran o proteico e vagaroso espazo que a Bauhaus concede á investigación.   
Jorge Torres Cueco
Doutor arquitecto. Catedrático de proxectos arquitectónicos da Universitat Politècnica de Valencia dende 2003. Impartiu seminarios, conferencias e cursos de doutoramento sobre modernidade e crítica da arquitectura.

Recursos

Todo este conxunto de documentais, teses, conferencias e películas ofrécennos un panorama moito máis complexo e intenso. A Bauhaus non só revolucionou o deseño de obxectos e a súa comprensión como síntese entre arte e industria, senón que as súas investigacións sobre os fenómenos visuais e plásticos traspasaron as fronteiras da arte moderna para nos introducir na experiencia da arte e do mundo contemporáneo.

 

La enseñanza de los viejos maestros

Choca que un título tan ousado pertencese a unha época en que aínda non existían eses mestres.
Ver artigo no Blog FQ

Agentes inmateriales de Laszlo Moholy Nagy

Os anos que Laszlo Moholy Nagy pasou como profesor da Bauhaus (1922-1928)
Ver artigo no Blog FQ

A Bauhaus celebra o seu centenario coa súa capacidade de influencia intacta

Alemaña conmemora o aniversario da escola cun ambicioso programa
 
Ver artigo no Blog FQ

Las mujeres de la Bauhaus

«Alma Buscher, Friedl Dicker, Wera Meyer-Waldeck, Marianne Brandt, Lucia Moholy-Nagy, Lilly Reich.


Ver artigo no Blog