-
Becas y convocatorias
Alejandro Zaera estuda na ETSAM e, con posterioridade, un mestrado na Harvard Graduate School of Design en 1991. Funda en Londres Foreign Office Architects en 1992, e dirixe desde 2011 AZPA ltd, tras a disolución de FOA.
De forma paralela ao seu traballo arquitectónico, Alejandro Zaera foi docente convidado nos EUA, nas universidades de Princeton, Os Ánxeles e Columbia, e en Europa, no Berlage Institute e ETSAM. Na actualidade, é o decano da Escola de Arquitectura de Princeton University, e foi director do Berlage Institute entre 2002 e 2006. O seu traballo crítico e teórico foi publicado en diversas publicacións internacionais.
-1991-92: Office for Metropolitan Architecture, Rotterdam, Países Baixos.
-1992: Establece Foreign Office Architects en Londres.
-2011: Establece AZPA ltd en Londres e Barcelona.
Desde xullo 2012 é decano da Escola de Arquitectura da Universidade de Princeton.
2002-2006: decano del Berlage Institute, Rotterdam, Países Baixos.
Docencia previa: UCLA, EE. UU. Universidade de Columbia, EE. UU. Architectural Association, Londres, Reino Unido. Universidade de Princeton, EE. UU. Berlage, Ámsterdam, Países Baixos. ETS de Arquitectura de Madrid, España. Universidade de Yokohama, Xapón.
Colaborador habitual en revistas profesionais coma El Croquis, Quaderns, AD, A+U, Archis.
Nace en 1956 na prefectura de Ibaraki, Xapón.
En 1981 gradúase na Universidade de Mulleres do Xapón cun mestrado en arquitectura e comeza traballar na firma Toyo & Associates.
En 1987 establécese pola súa conta coa firma Kazuyo Sejima & Associates.
En 1988 o seu proxecto MHC House é seleccionado para o Premio Kajima, SD Review 1988.
En 1989 recibe o Premio especial de arquitectura residencial da Asociación de Arquitectura de Tokio; o Premio Yosioka, The Japan Architect; e o 2.º Premio na Competición Internacional de Deseño Industrial do Bl.
En 1990 recibe unha mención de honra no concurso La Maison de La Culture de Japón en París, SD Review 1990.
En 1991 gaña o 2.º premio no concurso de deseño do Palacio da Música de Nasunogahara.
En 1992 gaña o 2.º premio na Competición '92 do GID e o 2.º Premio de Deseño de Espazo Comercial. É nomeada "arquitecta nova do ano" polo instituto de arquitectos do Xapón.
En 1994 gaña o Premio de Deseño de Espazo Comercial '94 por Pachinko Parlour I e II.
En 1995 recibe o 3.º posto no concurso de deseño da terminal internacional do porto de Yokohama. Funda xunto con Ryue Nishizawa o estudio de arquitectura SANAA (Sejima + Nishizawa and Associates).
En 2000 recibe o Premio de Arquitectura Erich Schelling en Karlsruhe, Alemaña.
En 2010 recibe o Premio Pritzker de Arquitectura.
Kayuzo foi profesora en varias escolas de arquitectura:
• Profesora na Universidade de Keio, Tokio, Xapón. 2001.
• Profesora visitante na Escola Politécnica Federal de Lausana, Suíza. 2006.
• Profesora visitante na Universidade de Princeton, EE. UU. 2006.
Tema: 'MATERIA:RITMO’
Despois duns anos nos que o debate arquitectónico andou centrado nas posibilidades críticas e teóricas da arquitectura e nos que a disciplina evolucionou respecto ás técnicas de tradución entre a arquitectura e outros medios, nestes momentos parece axeitado insistir nas calidades da arquitectura como organización material, non como imaxe nin como incorporación dun determinado discurso.
O obxecto deste exercicio é a reflexión sobre esta calidade da arquitectura no tocante á organización material.
O percorrido arquitectónico pola cidade de Bilbao realizouse o mércores día 18 de xullo de 2001. Contouse coa colaboración, en calidade de guía, de Ignacio Intxausti, arquitecto titulado pola Escola de Arquitectura da Universidade do País Vasco.