-
Becas y convocatorias
Poderán optar á bolsa aqueles estudantes de Arquitectura e arquitectos novos con nacionalidade española ou cidadáns con permiso de residencia en España que, na data de finalización da entrega de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:
Estudantes
a) Ter superados, nalgunha Escola española de Arquitectura, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título de arquitecto.
b) Estar matriculado no curso 2003/2004 nalgunha Escola española de Arquitectura.
Arquitectos
Estar en posesión do título de arquitecto nunha Escola española de Arquitectura ou dun título de fóra do país homologado en España, obtido despois do 30 de abril de 2003.
Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que xa gozaran dunha bolsa da Fundación Arquia nunha convocatoria anterior.
Os estudios de destino son seleccionados polos estudantes de Escolas españolas de Arquitectura como os seus preferidos para faceren prácticas profesionais, segundo os resultados da II Enquisa en liña a estudantes de Arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 2002. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos a través dunha enquisa en liña.
Os estudios participantes na presente convocatoria, cos cales a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en réxime de prácticas, son os seguintes:
Madrid
Ábalos & Herreros
París
AJN Atelier Jean Nouvel
Madrid
Alberto Campo Baeza
Porto
Álvaro Siza
Barcelona
Carles Ferrater
Sevilla
Cruz y Ortiz Arquitectos
París
DPA Dominique Perrault Architecte
Barcelona
EMBT Arquitectos
Madrid
Emilio Tuñón Arquitectos
Barcelona
Estudio Carme Pinós
Londres
FOA
Londres
Foster and Partners
Sevilla
G. Vázquez Consuegra
Basilea
Herzog & De Meuron
Barcelona
Josep Llinàs
Madrid
Juan Navarro Baldeweg
A Coruña
Manuel Gallego
Rótterdam
MVRDV
Rótterdam
OMA
Madrid
Rafael Moneo
Apertura da convocatoria: 1 de xaneiro de 2004
Período de inscrición: do 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2004
Resultados: primeira semana de xullo de 2004
Acto de entrega: outubro de 2004
Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pode optarse por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultaneamente. Convócanse 10 bolsas para cada modalidade. Para asegurar unha axeitada distribución xeográfica das bolsas, ponderarase proporcionalmente ao número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.
Expediente académico
Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Isto valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas na carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas en Proxectos (para este efecto, teranse en conta todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal e como se especifica no Anexo I das Bases.
Concurso 2004
Os estudantes serán seleccionados en virtude do material presentado a concurso.
A información pódese editar ata o día no que finalicen as inscricións.
Expediente académico
Unha vez realizada a inscrición, acceder a área privada de usuario inserindo o correo electrónico e contrasinal e introducir a media das notas descritas anteriormente na caixa habilitada para tal fin (apartado bolsas, opción "editar participación")
Posteriormente requiriráselles aos preseleccionados o PDF do expediente académico.
Concurso 2004: "Público-privado: una injerencia"
Unha vez realizada a inscrición, acceder a área privada de usuario inserindo o correo electrónico e contrasinal e achegar e completar os campos obrigatorios.
Material requirido:
o único documento que se entregará será un DIN A1 que conterá toda a información gráfica e textos.
A memoria non terá unha extensión superior ás 400 palabras e versará sobre os aspectos da proposta que non se poidan describir en documentos gráficos.
A presentación deberá ser a título individual. Para asegurar o anonimato do participante perante o xurado, o material entregado debe omitir os datos persoais e incluír, de forma clara e visible, o lema elixido polo concursante.
Este lema deberá constar tamén na solicitude (www.arquired.es/becas). O veredicto do xurado será inapelable.
A entrega do material requirido para o concurso efectuarase en calquera oficina da Caixa de Arquitectos ou remitirase á sede da Fundación Arquia (calle Arcs, núm. 1, 08002 Barcelona, correo electrónico: becas@arquia.es). O material enviado antes da data límite e non recibido na Fundación dentro dos sete días seguintes non será obxecto de consideración.
A Fundación non se responsabiliza de material perdido ou danado. As propostas que se presenten non se devolverán. A Fundación resérvase o dereito á reprodución e/ou exposición total ou parcial do material entregado.
30 de abril de 2004 ás 12 horas do mediodía
30 de abril de 2004 ás 12 horas do mediodía
Arquitecto pola ETSA Madrid en 1984 e profesor de proxectos en Alacant desde o 1999.
A obra que construíu recibiu premios en numerosas ocasións, entre as que destacan o Premio COACV nos anos 1987, 1992/93, 1996, 1999/00 e 2001/02; o Premio Camuñas para arquitectos novos no ano 1996, a selección nas IV, V, e VI Bienais de Arquitectura Española, nos anos 1997, 1999 e 2001, así como na III Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Enxeñaría, de 2002.
Gañou distintos concursos de arquitectura, como os que se destinaron a seleccionar anteproxectos para a construción de:
. Oficinas para a Deputación Provincial de Alacant en 1986,
. Centro de Tecnoloxía Química na Universidade de Alacant en 1995,
. Vivendas no recinto amurallado de Madrid en 1989,
. Colexio de Arquitectos en Elxe en 1998,
. Peirao e edificio de servizos no porto de Alacant en 1997,
. Centro de Investigacións e Tecnoloxías Turísticas das Illas Baleares en 2000 e
. Novo Campus de Arquitectura e edificio CTT en San Cugat del Vallès no ano 2001.
. Gañou o concurso Europan, na súa edición de 1988.
"Público-privado, una injerencia. Definición programática y física de un entorno asequible para el trabajo"
Programa: deberase propoñer a definición dun programa capaz de dar unha opción de acceso a espazos equipados para o traballo que poidan alugarse por períodos moi breves de tempo (horas). Haberá que reflexionar sobre a súa viabilidade desde todos os aspectos que fan que sexa verosímil: a necesidade social, demanda real, diversidade de formas de uso, posibilidades de xestión, de financiamento, de explotación...
Localización: a localización deberá ser nun espazo urbano, de uso público e de importante protagonismo ambiental: rúas, prazas, parques, peiraos, portos, praias... asociados á cidade sede da escola/estudio do alumno/arquitecto candidato. Será prioritario como tema do exercicio a creación dunha interferencia crítica entre os límites que determinan o público e o privado.
Técnica: o proxecto presentará suficiencia de definición no relativo ás súas propostas técnico-construtivas. Ademais, terá que indagar en solucións que non sexan convencionais, acordes coa proposta programática e de localización, incorporando posibles e adecuadas solucións materiais cuxa calidade resida non tanto na súa perfecta definición como no seu acerto ao propoñelas.
Economía: os aspectos económicos estarán presentes na proposta desde a confección do programa, que deberá atender ás condicións socioeconómicas do medio no que se instala, ata aos aspectos puramente técnicos que adquirirán verosimilitude pola súa economía de custos. En coherencia co anterior, a arquitectura que se presente rexerase por un rigoroso axuste métrico.
Medioambiental: as ríxidas fronteiras que separan no noso medio social os territorios de uso público e privado desvanecéronse, malia que de forma débil, nas paisaxes da periferia urbana. O exercicio que se presenta pretende unha posibilidade de calidade medioambiental baseada na debilitación destas fronteiras nun contorno, o urbano que se construíu, onde permanecen establecidas con firmeza.