arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

Bolsas 2004

Acto de entrega

A xornada de celebración da entrega de Bolsas 2004 efectuouse o xoves día 28 de outubro no salón de actos da Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona. Participaron no acto o arquitecto Javier García-Solera, xurado de Bolsas 2004, coa conferencia titulada "aquí posar títol" e a arquitecta Carme Pigem, xurado do concurso de Bolsas 2005, coa presentación do tema "Público-privado, una injerencia. Definición programática y física de un entorno asequible para el trabajo".

 

  • Ver toda a galería

Conferencia xurado 2004

JAVIER GARCÍA-SOLERA

Arquitecto pola ETSA Madrid en 1984 e profesor de proxectos en Alacant desde 1999.
A obra que construíu recibiu premios en numerosas ocasións, entre as que destacan o Premio COACV nos anos 1987, 1992/93, 1996, 1999/00 e 2001/02; o Premio Camuñas para arquitectos novos no ano 1996, a selección nas IV, V, e VI Bienais de Arquitectura Española, nos anos 1997, 1999 e 2001, así como na III Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Enxeñaría, de 2002.
Gañou distintos concursos de arquitectura, como os que se destinaron a seleccionar anteproxectos para a construción de:
. Oficinas para a Deputación Provincial de Alacant en 1986,
. Centro de Tecnoloxía Química na Universidade de Alacant en 1995, 
. Vivendas no recinto amurallado de Madrid en 1989, 
. Colexio de Arquitectos en Elxe en 1998, 
. Peirao e edificio de servizos no porto de Alacant en 1997, 
. Centro de Investigacións e Tecnoloxías Turísticas das Illas Baleares en 2000 e 
. Novo Campus de Arquitectura e edificio CTT en San Cugat del Vallès no ano 2001. 
. Foi gañador do concurso Europan na edición de 1988. 
É premio CEOE de Arquitectura 2002, mención especial no premio FAD de Arquitectura 2001 e finalista no premio FAD de Interiorismo 2002. A súa obra Aulario III foi proposta para o Premio Nacional de Arquitectura 2001 e forma parte da selección europea para o Premio Mies Van der Rohe 2001.

Presentación tema 2005

CARME PIGEM

Carme Pigem rematou os seus estudos na Escola Técnica Superior de Arquitectura del Vallès no ano 1987 e desde 1988 traballa xunto a Rafael Aranda e Ramon Vilalta, agora baixo o nome de RCR ARQUITECTES na súa cidade natal, Olot. Os tres son Premio Nacional de Cultura en Arquitectura 2005 da Generalitat de Catalunya, Chevalier de l’Ordre des Arts et des Lettres 2008 da République Française, membros honoríficos polo AIA American Institute of Architecture 2010, Premio Internacional 2011 “Belgian Building Awards” e membros honoríficos polo RIBA Royal Institute of British Architects 2012. Desde 1989 son arquitectos asesores do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa e son profesores de Urbanismo e Arquitectura da Paisaxe (1989-2001, Vilalta) e de Proxectos (1992-2004, Pigem), escribindo ensaios sobre arquitectura e paisaxe. Gañaron diferentes concursos internacionais (os últimos, o Parc del camino condal en Barcelona, o Waalsekrook Mediateca en Bélxica, o Soulages Museum de Francia, o Hofheide Crematorium en Bélxica e The Edge Business Bay en Dubai), recibiron distincións na obra, entre as que destacan tres traballos finalistas nos premios Mies Van der Rohe da Unión Europea. Algunhas das obras premiadas foron expostas en diferentes eventos (o último, Global Ends na Toto Gallery.Ma de Tokio) e agora publicadas en diferentes monografías, a última “El Croquis”, Nº 162 (IV), RCR Arquitectes 2003-2012. Abstracción Poética, “AV”, Nº 137, “El Croquis”, Nº 138 (V), RCR Arquitectes 2003-2007 Los atributos de la naturaleza, “RCR” 3C Design, Corea.

Tema Concurso 2004

Tema: 'Público-privado, una injerencia. Definición programática y física de un entorno asequible para el trabajo’

Deberá propoñerse a definición dun programa capaz de dar unha opción de acceso a espazos equipados para o traballo e susceptibles de seren alugados por períodos moi curtos de tempo (horas). Será preciso reflexionar sobre a súa viabilidade desde todos os aspectos que o fan verosímil: necesidade social, demanda real, diversidade de formas de uso, posibilidades de xestión, de financiamento, de explotación.

Percorrido Arquitectónico

O percorrido arquitectónico pola cidade de Barcelona realizouse o mércores día 27 de outubro de 2004. Contouse coa colaboración como guías dos arquitectos Carlos Ferrater e Benedetta Tagliabue.

  • Ver toda a galería