CARME PIGEM
Carmen Pigem acabou os seus estudos na Escola Técnica Superior de Arquitectura do Vallés no ano 1987 e dende 1988 traballa xunta Rafael Aranda e Ramón Vilalta, agora co nome de RCR ARQUITECTES na súa cidade natal de Olot. Recibiron o Premio Nacional de Cultura en Arquitectura 2005 da Generalitat Catalunya, Chevalier de l’Ordre des Arts et des Lettres 2008 da République Française, membros honoríficos do AIA American Institute of Architecture 2010, Premio Internacional 2011 “Belgian Building Awards” e membros honoríficos do RIBA Royal Institute of British Architects 2012. Desde 1989 son arquitectos asesores do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa e son profesores de Urbanismo e Arquitectura da Paisaxe (1989-2001, Vilalta) e de Proxectos (1992-2004, Pigem), escribindo ensaios sobre arquitectura e paisaxe. Gañaron diferentes concursos internacionais (os últimos, o Parc del camino condal en Barcelona, o Waalsekrook Mediateca en Bélxica, o Soulages Museum de Francia, o Hofheide Crematorium en Bélxica e The Edge Business Bay en Dubai), recibiron distincións na obra, entre as que destacan tres traballos finalistas nos premios Mies Van der Rohe da Unión Europea. Algunhas das obras premiadas foron expostas en diferentes eventos (o último, Global Ends na Toto Gallery.Ma de Tokio) e agora publicadas en diferentes monografías, a última “El Croquis”, Nº 162 (IV), RCR Arquitectes 2003-2012. Abstracción Poética, “AV”, N.º 137, “El Croquis”, N.º 138 (V), RCR Arquitectes 2003-2007 Los atributos de la naturaleza, “RCR” 3C Design, Corea.