arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área Profesional / Convocatorias

Bolsas 2005

Acto de entrega

A xornada de celebración da entrega de Bolsas 2005 tivo lugar o xoves día 28 de outubro na Aula Magna da Escola Técnica Superior de Arquitectura. Universidade de Navarra. Participaron no acto o arquitecto Carlos Ferrater, ca conferencia titulada "Proyecto de investigación” e o arquitecto Patxi Mangado, xurado do concurso de Bolsas 2006, ca presentación do tema "Sentidos”.

 

  • Ver toda a galería

Conferencia xurado 2005

CARME PIGEM

Carmen Pigem finalizou os seus estudos na Escola Técnica Superior de Arquitectura do Vallès no ano 1987 e dende 1988 traballa xunto a Rafael Aranda e Ramón Vilalta, agora baixo o nome de RCR ARQUITECTES na súa cidade natal, Olot. Son Premio Nacional de Cultura en Arquitectura 2005 da Generalitat de Catalunya, Chevalier de l'Ordre des Arts et des Lettres 2008 da République Française, Membros honoríficos pola AIA American Institute of Architecture 2010, Premio Internacional 2011 "Belgian Building Awards" e Membros honoríficos polo RIBA Royal Institute of British Architects 2012. Desde 1989 son arquitectos asesores do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa e son profesores de Urbanismo e Arquitectura da Paisaxe (1989-2001, Vilalta) e de Proxectos (1992-2004, Pigem), escribindo ensaios sobre arquitectura e paisaxe. Gañaron diferentes concursos internacionais (os últimos, o Parc del camino condal en Barcelona, o Waalsekrook Mediateca en Bélxica, o Soulages Museum de Francia, o Hofheide Crematorium en Bélxica e The Edge Business Bay en Dubai), recibiron distincións na obra, entre as que destacan tres traballos finalistas nos premios Mies Van der Rohe da Unión Europea. Algunhas das obras premiadas foron expostas en diferentes eventos (o último, Global Ends na Toto Gallery.Ma de Tokio) e agora publicadas en diferentes monografías, a última “El Croquis”, Nº 162 (IV), RCR Arquitectes 2003-2012. Abstracción Poética, “AV”, Nº 137, “El Croquis”, Nº 138 (V), RCR Arquitectes 2003-2007 Los atributos de la naturaleza, “RCR” 3C Design, Corea.

Presentación tema 2006

PATXI MANGADO

Nado en Navarra en 1957, Francisco Mangado é arquitecto pola Escola Superior de Arquitectura da Universidade de Navarra, onde desenvolve a súa labor como profesor dende 1982. No campo da docencia, tamén foi profesor convidado na Graduate School of Design da Universidade de Harvard. Tamén foi profesor visitante de arquitectura Eero Saarinen na Escola de Arquitectura da Universidade de Yale. Mangado é tamén profesor de proxectos no mestrado de deseño arquitectónico e profesor extraordinario de proxectos na Escola de Arquitectura da Universidade de Navarra e profesor convidado na École Polytechnique Fédérale de Lausanne. En xuño de 2008 impulsou a Fundación Arquitectura e Sociedade, que traballa para promover a interacción da arquitectura con outras disciplinas de creación, pensamento e economía. Paralelamente á sua actividade académica e á sua dedicación aos programas da fundación, exerce de arquitecto desde o seu estudio en Pamplona.

Grazas a esta labor profesional, recibiu entre outros o Primeiro Premio de Arquitectura Andrea Palladio, o Thiene de Arquitectura, o Premio Architécti, o Premio da CEOE e o FAD, o Primeiro Premio na XX edición dos Premios de Urbanismo, Arquitectura e Obra Pública 2005 outorgados polo concello de Madrid. Ademais, obtivo o Premio Saloni de Arquitectura 2007, o Gran Premio Enor de Arquitectura 2007, así como o Primeiro Premio de Arquitectura do COAL 2007. O Pavillón de España na Expo Zaragoza 2008 obtivo os seguintes premios: o primeiro premio na VII edición de Cerámica de Arquitectura ASCER en 2008; en 2009, o primeiro premio Construmat en Edificación; a "Medalla de Oro Giancarlo Ius", outorgada pola UIA, o Premio García Mercadal outorgado polo Colexio de Arquitectos de Aragón (COA) e o Premio de Arquitectura Española polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), así como en 2010 o Green Good Design do Chicago Athenaeum. O Museo Arqueolóxico de Vitoria recibiu en 2010 o Premio Copper de Arquitectura, o Primeiro Premio COAVN de Arquitectura na categoría Edificación Dotacional e o International Architecture Award de 2010. O Centro Municipal de Exposicións e Congresos de Ávila obtivo o International Architecture Awards en 2011.

En decembro dese mesmo ano, Francisco Mangado foi nomeado RIBA International Fellowship, recoñecemento outorgado polo Real Instituto de Arquitectos Británico (RIBA) a profesionais non británicos pola súa particular contribución ao campo da arquitectura.

Tema Concurso 2005

Tema: 'SENTIDOS’

Di Louis I. Kahn: “Un hombre con un libro va hacia la luz. Así comienza una biblioteca”.
Definir un espazo de tres mil metros cúbicos para a lectura, desde a percepción.
Hai tantas percepcións como olladas.
"O que fai a ollada é inventar posibilidades perceptivas nas propiedades reais do estímulo. Que o lector tente mirar unha palabra sen lela. As letras son liñas, pero a ollada intelixente non quere descansar sobre elas e vai máis alá. Non ve: le. E esta elaborada percepción é inevitable". J. A. Marina
E di tamén Kahn: “O edificio en cuestión parte dun home que quere ler un libro".

Percorrido Arquitectónico

O percorrido arquitectónico pola cidade de Pamplona realizouse o venres día 27 de outubro de 2005. Contouse ca colaboración como guía do arquitecto Patxi Mangado.

  • Ver toda a galería