PATXI MANGADO
Nado en Navarra en 1957, Francisco Mangado é arquitecto pola Escola Superior de Arquitectura da Universidade de Navarra, onde desenvolve o seu labor como profesor desde 1982. No campo da docencia, tamén foi profesor convidado na Graduate School of Design da Universidade de Harvard. Tamén foi profesor visitante de arquitectura Eero Saarinen na Escola de Arquitectura da Universidade de Yale. Mangado é tamén profesor de proxectos no mestrado de deseño arquitectónico e profesor extraordinario de proxectos na Escola de Arquitectura da Universidade de Navarra e profesor convidado na École Polytechnique Fédérale de Lausanne. En xuño de 2008 impulsou a Fundación Arquitectura e Sociedade, que traballa para promover a interacción da arquitectura con outras disciplinas de creación, pensamento e economía. Paralelamente á sua actividade académica e á sua dedicación aos programas da fundación, exerce de arquitecto desde o seu estudio en Pamplona.
Grazas a esta labor profesional, recibiu entre outros o Primeiro Premio de Arquitectura Andrea Palladio, o Thiene de Arquitectura, o Premio Architécti, o Premio da CEOE e o FAD, o Primeiro Premio na XX edición dos Premios de Urbanismo, Arquitectura e Obra Pública 2005 outorgados polo concello de Madrid. Ademais, obtivo o Premio Saloni de Arquitectura 2007, o Gran Premio Enor de Arquitectura 2007, así como o Primeiro Premio de Arquitectura do COAL 2007. O Pavillón de España na Expo Zaragoza 2008 acadou os seguintes premios: