"Reconstrucción en el límite"
"A fotografía, que apareceu no diario El País o 3 de agosto de 2006, amosa os tráxicos efectos da ofensiva que o exército de Israel efectuou como resposta aos ataques de Hezbolá desde o sur do Líbano. O traballo que se propón para as persoas solicitantes das bolsas 2007 da Fundación Caja de Arquitectos, consiste na realización dunha proposta de reconstrución do edificio residencial que aparece, en primeiro plano, na fotografía, dentro da campaña de reconstrución do Líbano que, financiada por diferentes países, se realizará nos próximos anos. A única información que terán as persoas solicitantes é a que se pode deducir desta fotografía, polo que necesitarán realizar unha labor de análise e interpretación previa, baseada nos datos que se poden extraer da imaxe. A proposta deberá tratar de incidir sobre o maior número de caras do poliédrico corazón da arquitectura, é dicir, sobre cuestións tan variadas como son as ideolóxicas, simbólicas, sociais, formais, funcionais, enerxéticas, materiais, económicas, etc."