arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

Bolsas 2007

Acto de entrega

A xornada de celebración da entrega de Bolsas 2007 efectuouse o xoves día 23 de outubro, no salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura das Palmas de Gran Canaria. Participaron no acto os arquitectos Luis Moreno Mansilla e Emilio Tuñón, xurado do concurso de Bolsas 2007, coa conferencia titulada "Objetos vivos, paisajes sociales" e o arquitecto José Antonio Sosa Díaz-Saavedra, xurado do concurso de Bolsas 2008, coa presentación do tema "150 %".

 

  • Ver toda a galería

Conferencia xurado 2007

MANSILLA + TUÑÓN

Emilio Tuñón Alvarez (1959) e Luis M. Mansilla (1959), fundadores da cooperativa de pensamentos CIRCO, son profesores titulares do departamento de proxectos arquitectónicos da Escola de Arquitectura de Madrid e foron profesores na Princeton University School of Architecture (2008-2010) e na Harvard Graduate School of Design (2006). Recibiron o Premio Mies van der Rohe 2007, o Premio Nacional de Arquitectura Española 2003 e os Premios FAD 2001 e 2007.

Presentación tema 2008

JOSÉ ANTONIO SOSA DIAZ-SAAVEDRA

Arquitecto pola Universidade Politécnica de Madrid, doutor arquitecto e catedrático de Proxectos arquitectónicos da ULPGC, visiting scholar na Universidade de Harvard, 2000, guest critic na ETH de Zurich, Studio Basel, 2005. Socio principal de nred arquitectos. Coordinador de LIP(a) Laboratorio de Investigación de Proxectos Arquitectónicos.
Primeiro Premio en: Concursos de Ideas para a Rehabilitación do Gabinete Literario (1997), Concurso para a rehabilitación das Casas Consistoriais das Palmas de Gran Canaria (Ministerio de Fomento, 1998-2002), Concurso para a Praza Pública e Aparcadoiro Subterráneo de Venegas (2001), Concurso para a nova Sede dos Órganos Xudiciais de Las Palmas (2004), Concurso para a Fronte-Litoral do Porto do Rosario (2005) e Concurso para Centro de Arte La Regenta (2005). Terceiro premio no Concurso Matadero Madrid, 2008. Primeiro accésit no Concurso para la Renovación Arquitectónica de la Antigua Tabakalera, en Donostia-San Sebastián, para a súa transformación en centro cultural (2008).
Publicou diversos textos críticos, de entre os que se extraen os libros: Contextualismo y Abstracción. Interrelación entre Suelo, Paisaje y Arquitectura. ICAP e ULPGC 1995.; "La Casa del Marino, Las Palmas de Gran Canaria, 1958-1964" Archivos de Arquitectura. España Siglo XX,. Colexio de Arquitectos de Almería. 2002; "Arquitectura Moderna en Canarias, 1925-1965", COAC, 2002. E os artigos de revista: “Constructores de Ambientes” Quaderns, 220, Barcelona, 1997;“Armazones”, Transfer, 5, Madrid, 2003; “Espacios sin Sombra” Arquitectura Madrid, 2003; “Condiciones de Contorno”, Arquitectura, Madrid, 2006.
Barcelona, 1997;“Armazones” Transfer, 5, Madrid, 2003; “Condiciones de Contorno”, Arquitectura, Madrid, 2006.

Tema Concurso 2008

Tema: "150 %"

Enunciado
Reducir o consumo de solo, o consumo de novos territorios, sen diminuír o crecemento de poboación dá como resultado matemático aumentar a densidade das áreas edificadas. Esta fórmula normalmente tradúcese en aumentar a altura dos edificios novos substituíndo o existente ou, alternativamente, creando novas áreas de expansión. Pero que acontece coa cidade xa construída? Pódese actuar sobre ela con estas premisas sen ter que demoler o anterior?
Reciclar é dotar de nova vida ao vello. Moitas áreas urbanas de baixa densidade soportarían ou mellorarían as súas condicións coa inxección de novos espazos habitacionais ou co incremento de superficie das vivendas existentes destinadas a mellorar as condicións sociais dos seus habitantes. Áreas con pouco uso, baleiras, sen a densidade necesaria para xerar vida urbana: cascos históricos pouco densos, urbanizacións axardinadas, ensanches de baixa altura, polígonos de vivenda…
A reflexión xeral que se propón parte da aplicación desta cuestión a áreas que xa se construíron. Actuar sobre edificios existentes colonizando as súas cubertas, suspender ou engrosar as súas fachadas e proporcionarlles espazos habitados, construír baixo novas ópticas de maior densidade en espazos específicos de calquera cidade... superpoñer; inxectar novas densidades a áreas urbanas: aumentar as súas densidades de edificación nun 150% ese é o obxectivo proposto, sen perder de vista que a razón última é a reciclaxe da cidade existente; aforro no consumo de novos solos. Comprender que unha alternativa á sustentabilidade medioambiental dos solos é reutilizar os existentes de xeito máis intensivo. Algo así como o que ocorre cos folios. É mellor utilizalos polas dúas caras que limitarse a utilizar os reciclados por unha soa.

Localización
Elixirase unha localización idónea na cidade de orixe ou de acollida. Ao seleccionar a localización, deberá analizar as condicións de densidade actuais. Propoñer alternativas para superpoñer novas densidades de edificación. Mellorar as condicións dos espazos públicos. Xerar novos espazos de encontro. Aínda que a área seleccionada poida abranguer un contorno amplo: unha praza, unha rúa ou o espazo entre edificios... do que se trata finalmente é de desenvolver unha ampliación específica nun edificio específico. É interesante ofrecer a imaxe xeral nunha fotomontaxe, ou en debuxos, pero insístese nisto, trátase do desenvolvemento dun proxecto concreto sobre unha edificación específica.

Algunhas referencias para concretar un pouco máis as cuestións.





Nos sesenta, Jean Louis Chaneac avanzaba as súas propostas para unha arquitectura insurreccional baseada na rebeldía contra a máquina burocrática e no fomento da construción de "células pirata" que, ao colgarse das fachadas que existían nos polígonos de vivenda ou ao instalarse como parasitos clandestinos nas cubertas destes edificios, invadían literalmente, coma un fungo incontrolado, as súas superficies. Para el, tratábase dunha proposta do que denominou "anarco-arquitecturalismo"; movemento promotor dunha insurrección a favor da mellora das condicións de vida dos inquilinos por incremento notábel das súas superficies.



Máis recentemente, Lacaton e Vassal proxectan e executan actuacións sobre polígonos de vivenda encamiñadas á súa rehabilitación e extensión. Unha alta porcentaxe alta das nosas vivendas das nosas cidades forman parte dos polígonos industriais que se desenvolveron principalmente desde a Segunda Guerra ata os anos oitenta. Moitos destes complexos residenciais non cumpren as condicións de vida máis axeitadas na actualidade. A proposta de Lacaton e Vassal trata de mellorar as súas condicións mediante a construción de peles habitadas de certa espesura.



Mais non é só en actuacións sobre polígonos de vivenda onde pode atoparse a aplicación, aínda que certamente reducida, desta investigación sobre os principios simultáneos de transformación e incremento da densidade. Tamén na propia cidade consolidada. Por referir algún exemplo recente, este sería o caso da proposta Roof-Top Urbanism do equipo chinés Urbanus en que encabalgan nova edificación sobre o existente.

Proposta
Trátase de reflexións que nos interesan hoxe a todos, que constitúen un camiño para investigar sempre desde a premisa inicial de que o obxectivo último sería o da redución de consumo de chan, da preservación do territorio e, asemade, da reciclaxe do existente.
Respecto ao nivel das investigacións e traballos, estes deberían mostrar a incidencia das novas densidades sobre a edificación existente á vez que apuntan cara aos modelos de habitabilidade propostos atendendo ao seu sistema construtivo e estrutural, especialmente no relativo á interrelación coas estruturas existentes; ao particular sistema de adición proposto. Quer con módulos de pouco peso que empreguen materiais lixeiros, en liña con certa prefabricación lixeira, do tipo do Loft Cube de Werner Aisslinger, quer de elementos existentes no mercado, do tipo contedores ou sistemas máis integrais onde a propia estrutura sirva de armazón-soporte das células de habitabilidade.
O espazo doméstico novo, que se suma ao existente, pode formularse como ampliación dos espazos habitacionais incluídos nos edificios que se toman como base de traballo, ou ben como células de aloxamento pensadas para un usuario novo, máis fáciles de imaxinar en contextos de transformación e reciclaxe como os que se tratan de atinxir. 

En todos os documentos irá indicado claramente só o Lema.
O veredicto do xurado será inapelable.

Non se aceptarán propostas presentadas por outro medio que non sexa Internet ou recibidas unha vez clausurada a convocatoria.
A presentación deberá ser a título individual. Para asegurar o anonimato do participante perante o xurado, os arquivos enviados deberán omitir os datos persoais.
A Fundación reserva o dereito á reprodución e/ou exposición total ou parcial das propostas presentadas ao concurso.

Percorrido arquitectónico

O percorrido arquitectónico pola cidade das Palmas de Gran Canaria realizouse o luns día 22 de outubro de 2007. Contouse coa colaboración como guía de José Luis Gago Vaquero, arquitecto titulado pola Escola de Arquitectura das Palmas de Gran Canaria.
  • Ver toda a galería