-
Becas y convocatorias
Poderán optar á bolsa aqueles estudantes de Arquitectura e arquitectos novos con nacionalidade española ou cidadáns con permiso de residencia en España que, na data de finalización da entrega de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:
Estudantes
a) Ter superados, nalgunha Escola española de Arquitectura, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título de arquitecto.
b) Estar matriculado no curso 2012/2013 nunha Escola española de Arquitectura.
Arquitectos
Estar en posesión do título de arquitecto nunha Escola española de Arquitectura ou dun título de fóra do país homologado en España, obtido despois do 30 de abril de 2012.
Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que xa gozaran dunha bolsa da Fundación Arquia nunha convocatoria anterior.
Os estudios de destino son seleccionados polos estudantes de escolas españolas de Arquitectura como os seus preferidos para faceren prácticas profesionais, segundo os resultados da V Enquisa en liña a estudantes de Arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 2011. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos a través dunha enquisa en liña.
Os estudios participantes na presente convocatoria, cos cales a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en réxime de prácticas, son os seguintes:
Lisboa
Aires Mateus
Madrid
Alberto Campo Baeza
Porto
Álvaro Siza
Londres
AZPML. A. Zaera-Polo M. Llaguno Architecture
Barcelona
Carles Ferrater
Sevilla
Cruz y Ortiz Arquitectos
París
DPA Dominique Perrault Architecte
Barcelona
EMBT Arquitectos
Madrid
Emilio Tuñón Arquitectos
Barcelona
Estudio Carme Pinós
Londres
Foster and Partners
Madrid
Fundación Metrópoli
Madrid
Fundación Metrópoli
Madrid
Herreros Arquitectos
Basilea
Herzog & de Meuron
París
Lacaton & Vassal Architectes
Rotterdam
MVRDV
Madrid
Nieto Sobejano, Arquitectos
Madrid
NO.MAD Arquitectos. S.L.
Pamplona
Patxi Mangado
Madrid
Rafael Moneo
Olot
RCR Aranda Pigem Vilalta
Apertura da convocatoria: 1 de xaneiro de 2013
Período de inscrición: 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2013
Resultados: primeira semana de xullo de 2013
Acto de entrega: outubro de 2013
Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pode optarse por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultaneamente. Convócanse 10 bolsas para cada modalidade. Para asegurar unha axeitada distribución xeográfica das bolsas, ponderarase proporcionalmente ao número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.
Expediente académico
Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Isto valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas na carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas en Proxectos (para este efecto, teranse en conta todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal e como se especifica no Anexo I das Bases.
Concurso 2013
Os estudantes serán seleccionados en virtude do material presentado a concurso.
A información pódese editar ata o día no que finalicen as inscricións.
Expediente académico
Unha vez realizada a inscrición, acceder a área privada de usuario inserindo o correo electrónico e contrasinal e introducir a media das notas descritas anteriormente na caixa habilitada para tal fin (apartado bolsas, opción "editar participación)
Posteriormente requiriráselles aos preseleccionados o PDF do expediente académico.
Concurso 2013: "La construcción y el lugar"
Unha vez realizada a inscrición, acceder a área privada de usuario inserindo o correo electrónico e contrasinal e achegar e completar os campos obrigatorios.
Material requirido:
Documento PDF formado por un máximo de tres DIN –A3 que debe incluír a documentación necesaria para a comprensión das propostas: plans de andares, alzados, seccións, perspectivas, fotomontaxes, fotografías de maquetas, debuxos, etc e memoria. A extensión da memoria será dun máximo de 500 palabras que virá incluída nun dos A3.
O tamaño máximo do arquivo PDF será de 5 Mb.
Non se aceptarán propostas presentadas por outro medio que non sexa Internet ou recibidas unha vez clausurada a convocatoria. A presentación deberá ser a título individual. Para asegurar o anonimato do participante perante o xurado, os arquivos enviados deberán omitir os datos persoais. O material entregado debe incluír, de xeito claro e visible, o lema elixido polo concursante e a súa escola de orixe. O veredicto do xurado será inapelable. A Fundación resérvase o dereito á reprodución e/ou exposición total ou parcial das propostas presentadas ao concurso.
A inscrición ao concurso arquia/bolsas só pode realizarse a través do sistema de inscrición en liña, enchendo o formulario habilitado.
Para facilitar o proceso de inscrición podes gardar o estado da inscrición en calquera momento e seguir noutro momento.
30 de abril de 2013 ás 12h do mediodía
30 de abril de 2013 ás 12h do mediodía
Carballiño, decembro de 1936
Desde 2002 Catedrático do Departamento de proxectos arquitectónicos e urbanismo da Escola Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.
Desde 1991 Profesor titor do proxecto de fin de carreira.
1987-2002 Profesor titular de Urbanística I. 4º curso
1978-1986 Profesor encargado de Urbanística I. 4º curso.
1966-1986 Arquitecto do Ministerio da Vivenda (por oposición) Arquitecto Xefe dos Servizos Provinciais de Urbanismo da Coruña.
1969-1970 Cours des Techniques d´Urbanisme. ASTEF. París. Francia
1963-1966 Traballa no estudio do arquitecto Alejandro de la Sota
1963 Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.
- IMPARTE CURSOS, DITA CONFERENCIAS E RELATORIOS EN CENTROS E UNIVERSIDADES DE ESPAÑA E DO ESTRANXEIRO.
- FOI XURADO EN CONCURSOS NACIONAIS E INTERNACIONAIS
- PUBLICACIÓNS:
Trátase de proxectar nun parque público tres construcións de igual superficie mais de usos distintos. Os usos serán os seguintes:
1. Cafetaría – bar
2. Aseos públicos, quiosco para venta de xornais e zona de espazos de servizo.
3. Sala de exposicións
O exercicio aínda que é único pódese explicar en dúas partes: a primeira é pensar un sistema construtivo, é dicir, unha construción sen lugar.
Características:
Construción sustentable, lixeira, reciclable no posible, facilmente ampliable e desmontable con certa facilidade. (Coidarase o espesor dos pechamentos, illamentos, peso, ensamblaxes e transporte) Pode ser industrializada total ou parcialmente.
O sistema debe ser aberto que permita a súa personalización e adaptación.
A segunda é a construción dun lugar que definen:
A localización é de libre escolla, un parque escollido polo concursante que debe ser descrito e debuxado para a súa fácil comprensión, facendo explícita a súa topografía, orientacións e vexetación existente. As construcións poden ser tres pavillóns illados, enlazados, dous deles adosados ou formando un único edificio. Todos serán de planta baixa.
En calquera caso, reflexionarase e coidarase non só a relación de cada espazo proxectado co espazo exterior, senón tamén as relacións entre as construcións e a destas co espazo xerado por elas. Explicando o espazo que definen, o lugar concreto e especifico que crean no parque, facendo explícito o porqué da súa forma, a súa construción e os seus posibles usos.
Programa:
CAFETARÍA – BAR superficie 100 m2 Pequena cociña Aseo privado Cuarto de limpeza e espazo de almacenamento. Na súa superficie non se contabilizan os saíntes que pode ter o edificio. Permítese que as mesas ocupen a beira exterior do local.
SALA DE EXPOSICIÓNS: superficie 100 m² Espazo expositivo Almacén e aseo mínimo.
ASEOS PÚBLICOS - INFORMACIÓN E INSTALACIÓNS XERAIS - QUIOSCO DE XORNAIS Aseos públicos, 2 inodoros (1 adaptado) tanto feminino coma masculino Urinarios e lavabos (superficie total aproximada 25 m² ) Almacén. Cuarto de instalacións xerais, cuarto de superficie mínima para o persoal. Quiosco: pequeno aseo e almacén. Superficie máxima 50 m² Enténdese que os aseos son para darlles servizo aos 3 usos creados.
Reflexionarase sobre e describirase o clima; é dicir, a atmosfera que se desexa crear en cada espazo e a súa relación co parque e coa luz.
A Fundación Arquia acordou coa Fundación Metrópoli a admisión de 2 arquitectos de titulación recente que estean interesados en urbanismo, innovación e desenvolvemento da cidade para realizar prácticas profesionais nas súas instalacións de Madrid.