-
Becas y convocatorias
A xornada de celebración da entrega de Bolsas 2013 tivo lugar o venres día 25 de outubro no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Valladolid. Participou no acto o arquitecto Alberto Campo Baeza, xurado do concurso de Bolsas 2014 ca presentación do tema "Construir un sueño!" e ca conferencia titulada "Obras recientes".
| Ourense. Carballiño - Decembro 1936 |
|
| Desde 2002 | Catedrático do Departamento de proxectos arquitectónicos e urbanismo da Escola Superior de Arquitectura da Universidade de A Coruña |
| Desde 1991 | Profesor titor do proxecto fin de carreira. |
| 1987-2002 | Profesor Titular de Urbanística I. 4º curso |
| 1978-1986 | Profesor encargado de Urbanística I. 4º curso. |
| 1966-1986 | Arquitecto do Ministerio da Vivenda (por oposición) Arquitecto Xefe dos Servizos Provinciais de Urbanismo de A Coruña. |
| 1969-1970 | Cours des Techniques d´Urbanisme. ASTEF. París. Francia |
| 1963-1966 | Traballa no estudio do arquitecto Alejandro de la Sota |
| 1963 | Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. |
Naceu en Valladolid e viu a luz en Cádiz.
As súas obras van dende casas pequenas, como a Casa Turégano, a Casa Gaspar ou a Casa de Blas, ata obras grandes como Caja Granada ou o Consejo Consultivo de Zamora.
O seu traballo foi exposto no Crown Hall de Chicago ou na Basílica de Palladio oy no Tempietto de S. Pietro in Montorio ou en Santa Irene de Estambul ou no MAXXI en Roma. Este año de 2013 na American Academy of Arts and Letters en Nova York.
É Catedrático de Proxectos en Madrid dende 1986 e fui profesor na ETH de Zúric, na EPFL de Laussane, Penn University en Philadelphia, e o ano pasado na CUA de Washington. E en moitas outras universidades do mundo.
Este ano recibiu a Tessenow Gold Medal 2013 dos arquitectos alemáns en Hamburgo, o Arnold W. Brunner Memorial Prize 2013 dos arquitectos americáns en Nova York e o International Award Architecture in Stone 2013 dos italianos en Vernona. E aínda hai algún outro premio gordo no aire.
Na súa biblioteca hai máis libros de poesía que de arquitectura. Non ten coche nin televisión, móbil nin reloxo.
E é feliz.
Construir un sueño
Soñar un espazo construíble onde todo é posible. Construír ese espazo soñado.
O que Le Corbusier chamaba unha "boîte à miracles", que eu prefiero chamar "boîte à réves" ou mellor todavía "box of dreams", caixa de soños.
Sen ordenanzas. Coa maior economía de medios. Sostible con sentido común. Usando a tecnoloxía punta con enxeño.
Un espazo onde o home poida ser feliz.