arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área Profesional / Convocatorias

Bolsas 2014

Acto de entrega

A xornada de celebración da entrega de Bolsas 2014 tivo lugar o xoves día 23 de outubro na Sala B do Auditorio Manuel de Falla de Granada. No acto arquitectónico participaron o arquitecto Alberto Campo Baeza, xurado do concurso de Bolsas 2014 ca conferencia titulada "Buscando con ahínco la belleza", e o arquitecto Juan Domingo Santos ca presentación do tema do concurso 2015 titulado "Una torre para volar".

 

Conferencia xurado 2014

ALBERTO CAMPO BAEZA

Naceu en Valladolid e viu a luz en Cádiz.
As súas obras van dende casas pequenas, como a Casa Turégano, a Casa Gaspar ou a Casa de Blas, ata obras grandes como Caja Granada ou o Consejo Consultivo de Zamora.
O seu traballo foi exposto no Crown Hall de Chicago ou na Basílica de Palladio oy no Tempietto de S. Pietro in Montorio ou en Santa Irene de Estambul ou no MAXXI en Roma. Este año de 2013 na American Academy of Arts and Letters en Nova York.
É Catedrático de Proxectos en Madrid dende 1986 e fui profesor na ETH de Zúric, na EPFL de Laussane, Penn University en Philadelphia, e o ano pasado na CUA de Washington. E en moitas outras universidades do mundo.
Este ano recibiu a Tessenow Gold Medal 2013 dos arquitectos alemáns en Hamburgo, o Arnold W. Brunner Memorial Prize 2013 dos arquitectos americáns en Nova York e o International Award Architecture in Stone 2013 dos italianos en Vernona. E aínda hai algún outro premio gordo no aire.
Na súa biblioteca hai máis libros de poesía que de arquitectura. Non ten coche nin televisión, móbil nin reloxo.
E é feliz.

Presentación tema 2015

JUAN DOMINGO SANTOS

(Granada, 1961) é un arquitecto titulado da escola de arquitectura de Sevilla (1986), profesor de proxectos arquitectónicos na escola de arquitectura de Granada dende 1994, profesor convidado da Technischen Univertät München (Alemania, 2010) e foi tamén profesor convidado en diversas escolas de arquitectura nacionais e internacionais.
Co seu traballo, desenvolve unha liña de investigación tocante á intervención arquitectónica sobre o patrimonio e as paisaxes en transformación. Os seus proxectos e obras foron seleccionados en exposicións internacionais e nacionais como On-Site, New Architecture in Spain, organizada polo MoMA de Nova York; a 7ª Biennale di Architettura de Venecia; e na Bienal de Arquitectura Española (1993-1994 e 2010-2011), entre outras. Foi nomeado aos Premios Mies van der Rohe, gañou o premio Enor e obtivo o recoñecemento de Arquitectura na XI Bienal de Arquitectura e Urbanismo Española, e o premio da VIII Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo.
Hai pouco gañou con Álvaro Siza o concurso internacional Atrio da Alhambra.
O seu libro “La tradición innovada. Escritos sobre regresión y modernidad”, publicado pola Fundación na súa colección Arquia/Teses, gañou o premio FAD de Pensamento e Crítica do ano 2014.
O seu estudio atópase na torre de destilación dunha antiga fábrica de azucre en Granada, que recuperou a través dun proxecto de revitalización dun espazo industrial coma unha contorna para vivir e traballar, un lugar que acondicionou ao seu modo de entender a relación entre a arquitectura e o patrimonio; unha actividade que, co tempo, amosouse coma unha acción de rescate deste recinto industrial abandonado. Sobre este tema fixo a curtametraxe "Un encuentro" xunto ao director de cine Juan S. Bollaín, que relata a ocupación da fábrica e as experiencias vividas dende a mesma en 1986.

Tema Concurso 2015

UNA TORRE PARA VOLAR

Soñei que San Giorgio maggiore voaba cara as alturas…

Proponse proxectar un espazo entre o ceo e a terra, por riba ou por baixo das nubes, onde vivir, observar o mundo e as estrelas. Como un cometa que se despraza no aire.

Un lugar para sempre, como o fareiro no seu faro ou o campaneiro na súa torre. Un espazo para facer acenos ao mundo, un símbolo efémero para que o habiten "individuos estraños".
Torres de aire, captadores de vento, luz e auga.

Pensar na sombra que proxecta sobre a terra, na maneira de subir e baixar, na luz e no aire, construír pendurado no aire pero tocando o chan, con vertixe.

A torre era o máis parecido a unha casa soñada...

Iniciouse a historia. Corresponde ao estudante acabala.

Percorrido Arquitectónico

O percorrido arquitectónico pola cidade de Granada realizouse o venres día 24 de outubro de 2014 no marco do Foro Arquia/próxima. Contouse coa colaboración como organizadora de Carmen Moreno, arquitecta titulada e profesora na Escola de Arquitectura de Granada.
  • Ver toda a galería