arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área Profesional / Convocatorias

Bolsas 2015

Acto de entrega

A xornada de celebración da entrega de Bolsas 2015 tivo lugar o xoves día 22 de outubro na Sala de Actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona. Participaron no acto o arquitecto Juan Domingo Santos, xurado do concurso de Bolsas 2015 ca conferencia titulada "Una torre para volar", e o arquitecto Jordi Badía coa presentación do tema do concurso 2016 titulado "Una capilla laica".

 

Conferencia xurado 2015

JUAN DOMINGO SANTOS

(Granada, 1961) é un arquitecto titulado da escola de arquitectura de Sevilla (1986), profesor de proxectos arquitectónicos na escola de arquitectura de Granada dende 1994, profesor convidado da Technischen Univertät München (Alemania, 2010) e foi tamén profesor convidado en diversas escolas de arquitectura nacionais e internacionais.
Co seu traballo, desenvolve unha liña de investigación tocante á intervención arquitectónica sobre o patrimonio e as paisaxes en transformación. Os seus proxectos e obras foron seleccionados en exposicións internacionais e nacionais como On-Site, New Architecture in Spain, organizada polo MoMA de Nova York; a 7ª Biennale di Architettura de Venecia; e na Bienal de Arquitectura Española (1993-1994 e 2010-2011), entre outras. Foi nomeado aos Premios Mies van der Rohe, gañou o premio Enor e obtivo o recoñecemento de Arquitectura na XI Bienal de Arquitectura e Urbanismo Española, e o premio da VIII Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo.
Hai pouco gañou con Álvaro Siza o concurso internacional Atrio da Alhambra.
O seu libro “La tradición innovada. Escritos sobre regresión y modernidad”, publicado pola Fundación na súa colección Arquia/Teses, gañou o premio FAD de Pensamento e Crítica do ano 2014.
O seu estudio atópase na torre de destilación dunha antiga fábrica de azucre en Granada, que recuperou a través dun proxecto de revitalización dun espazo industrial coma unha contorna para vivir e traballar, un lugar que acondicionou ao seu modo de entender a relación entre a arquitectura e o patrimonio; unha actividade que, co tempo, amosouse coma unha acción de rescate deste recinto industrial abandonado. Sobre este tema fixo a curtametraxe "Un encuentro" xunto ao director de cine Juan S. Bollaín, que relata a ocupación da fábrica e as experiencias vividas dende a mesma en 1986.

Presentación tema 2016

JORDI BADÍA

Barcelona 1961. Arquitecto titulado pola ETSAB dende 1989.
Fundador e director do estudio de arquitectura BAAS, combina a súa labor profesional como arquitecto coa de profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (ETSAB).
Tamén colabora como articulista no xornal ARA e é editor do blog de arquitectura HIC. Xunta Félix Arranz, foi comisario de VOGADORS, a exposición que representou a Cataluña e Baleares na 13ª Bienal de Arquitectura de Venecia 2012.
Entre as súas obras máis recentes atópase o Museo Can Framis (Premio Ciudad de Barcelona 2009 e Premio FAD da Opinión), a rehabilitación da fábrica Oliva Artés coma Museo de Historia de Barcelona MUHBA, o edificio de oficinas ALTA DIAGONAL e a sede do FAD.
Nestes momentos, o estudio está a construír, entre outros proxectos, a universidade de cine, radio e televisión da cidade de Katowice, no sur de Polonia, a sede do Barcelona Supercomputing Center en Barcelona e un edificio de vivendas en Palma de Mallorca.
www.baas.cat/es

Tema Concurso 2016

Una capilla laica

Un espazo de silencio dentro dunha gran cidade.
Un lugar de meditación, calma e reflexión que te illa da velocidade e o ruído da contorna e colócate nunha situación espiritual particularmente sensible.

Todos temos experimentado ese efecto cando, ao pasear por unha gran cidade, decidimos entrar nunha igrexa e pousar uns intres. A experiencia física e sensorial transfórmate durante uns minutos. A temperatura é diferente á exterior, especialmente agradable no verán cando pode ser uns grados máis fríos. Os ollos deben adaptarse á penumbra e poden tardar uns segundos en facelo, durante os cales te detés e esperas. Cando recuperas a túa marcha só escoitas o eco dos teus pasos e esa é a máxima expresión do silencio. O arrecendo da cera queimada e o incenso transpórtante a unha espiritualidade conectada á túa infancia....
Unha experiencia semellante á que podes experimentar cando, despois dunha longa ascensión de montaña, atopas unha pequena capela no cume e decides entrar. Soidade e silencio.
A proposta é deseñar un espazo que proporcione este tipo de experiencias na gran cidade. Unha cámara de baleiro.
Proponse unha localización no centro dunha gran cidade. A praza das Glòries en Barcelona. Un gran baleiro urbano que será nun futuro un gran parque metropolitano. Polo tanto, a peza deberá atender á situación provisional actual da localización, mais coa vista posta no futuro, cando a arquitectura quedará integrada de cheo na paisaxe do parque.
Para iso, tomarase como punto de partida o proxecto gañador do concurso arquitectónico convocado polo Concello de Barcelona, obra da Agence TER e Ana Coello.
A localización exacta da peza escolleraa cada proxectista dentro dese ámbito situado entre as rúas Cartagena, Badajoz, Consell de Cent e Bolivia.
O tamaño tamén estará suxeito ao criterio de cada autor, aínda que deberá ser reducido, semellante ao dunha capela pequena.
As referencias empregadas para ilustrar este enunciado poden ser moi variadas: a sala de reflexión de Antoni Tàpies na UPF, a capela Rothko de Houston, a capela de campo Bruder Klaus de Peter Zumthor, o proxecto do monte Tindaya de Chillida, o Sonsbeek pavilion de Aldo van Eyck, a MIT Chapel de Saariner, etc.
Todas estas arquitecturas están moi marcadas polo material co que están construídas. Espazos interiores illados do exterior onde a fachada adquire un papel subordinado.
Unha ocasión para reencontrar os valores esenciais da arquitectura e o seu potencial para transformar o espírito humano.

Material de entrega:
Un arquivo .pdf en formato Din A3 que conteña:
Un máximo de 3 páxinas coa información que o autor estime necesaria para explicar o proxecto: localización; andares, seccións e alzados a escala; esbozos, esquemas ou diagramas; fotografías da maqueta, imaxes renderizadas, perspectivas ou fotomontaxes e unha pequena memoria.
O tamaño máximo do arquivo PDF será de 5Mb.
A extensión da memoria será, como máximo, de 500 palabras e deberá incluírse nunha das páxinas.

Percorrido Arquitectónico

O percorrido arquitectónico pola cidade de Barcelona tivo lugar o venres 23 de outubro de 2015.
  • Ver toda a galería