-
Becas y convocatorias
Poderán optar á bolsa aqueles estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente con nacionalidade española ou cidadáns estranxeiros con permiso de residencia en España que, á data de finalización da entrega de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:
Estudantes
a) Ter superado nalgunha escola española de Arquitectura, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título de arquitecto.
b) Estar matriculado no curso 2015/2016 nalgunha escola española de Arquitectura.
Arquitectos
Ter obtido o título de arquitecto nalgunha escola española de Arquitectura ou, caso de obtelo fóra do país, telo homologado en España despois do 30 de abril de 2015.
Non poderán optar á bolsa aquelas persoas candidatas que obtivesen unha bolsa da Fundación Arquia nunha convocatoria anterior.
Os estudios de destino son seleccionados polos estudantes de escolas españolas de Arquitectura como os seus preferidos para facer prácticas profesionais segundo os resultados de VI enquisa online a estudantes de Arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 2014. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos por medio dunha enquisa online.
Os estudios participantes na presente convocatoria, con que a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en réxime de prácticas, son os seguintes:
Barcelona
OAB Carlos Ferrater
Carme Pinós
EMBT. Miralles Tagliabue
Madrid
Ábalos + Sentkiewicz arquitectos
Alberto Campo Baeza
Herreros Arquitectos
Emilio Tuñón arquitectos
Nieto Sobejano, Arquitectos
NoMAD
Rafael Moneo
Olot
RCR. Aranda Pigem Vilalta
Pamplona
Patxi Mangado
Sevilla
Cruz y Ortiz Arquitectos
Basilea
Herzog & de Meuron
Lisboa
Aires Mateus e Associados
Londres
AZPML. Alejandro Zaera-Polo Maider Llaguno Architecture
Foster and Partners
Oporto
Álvaro Siza
París
Lacaton & Vassal Architectes
Rotterdam
MVRDV
Apertura convocatoria: 1 de xaneiro de 2016
Período de inscrición: 1 de xaneiro a 2 de maio de 2016
Resultados: primeira semana de xullo de 2016
Acto de entrega: outubro de 2016
Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pódese optar por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultaneamente. Convócanse 10 bolsas para cada modalidade. A fin de asegurar unha distribución xeográfica axeitada das bolsas, farase unha ponderación proporcional ao número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.
Expediente académico
Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Este valorarase en función da media das notas obtidas nas materias superadas da carreira e en función da media das notas obtidas nas materias superadas de Proxectos (para tal efecto consideraranse todas as materias que dependan do departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal como se especifica no anexo I das bases.
Concurso 2016
Os estudantes serán seleccionados en virtude do material achegado a concurso.
A información pódese editar até o día que rematen as inscricións.
Expediente académico
Unha vez realizada a inscrición, acceder á área privada de usuario inserindo o correo electrónico e o contrasinal, e introducir a media das notas descritas anteriormente na casa habilitada para iso (apartado «Bolsas», opción «Editar participación»).
Posteriormente, hase requirir aos preseleccionados o PDF do expediente académico.
Concurso 2016: Unha capela laica
Unha vez realizada a inscrición, acceder á área privada de usuario inserindo o correo electrónico e o contrasinal, e completar os campos obrigatorios achegando ademais a documentación indicada:
Un arquivo PDF en formato Din A3 que conteña 3 páxinas, como máximo, coa información que o autor estime necesaria para explicar o proxecto: emprazamento; plantas, seccións e alzados a escala; esbozo, esquemas ou diagramas; fotografías de maqueta, imaxes renderizadas, perspectivas ou fotomontaxes e unha pequena memoria. A extensión da memoria será como máximo de 500 palabras e deberá vir incluída nunha das páxinas.
O tamaño máximo do arquivo PDF será de 5 MB.
A inscrición ao concurso arquia/bolsas só pode realizarse a través do sistema de inscrición en liña, completando o formulario específico.
Para facilitar o proceso de inscrición podes gardar o estado da inscrición en calquera momento e seguir noutro momento.
Luns 2 de maio de 2016, ás 12.00 do mediodía
Luns 2 de maio de 2016, ás 12.00 do mediodía
(Barcelona, 1961) arquitecto pola ETSAB dende o 1989.
Fundador e director do estudio de arquitectura BAAS, combina o seu labor profesional como arquitecto coa de profesor no Departamento de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (ETSAB).
Tamén colabora como articulista no xornal ARA, e é editor da bitácora de arquitectura HIC. Xunto con Félix Arranz, foi comisario de VOGADORS, a exposición que representou a Cataluña e Baleares na 13.ª Bienal de Arquitectura de Venecia 2012.
Entre as súas obras máis recentes atópase o Museo Can Framis (Premio Cidade de Barcelona 2009 e Premio FAD da Opinión), a rehabilitación da fábrica Oliva Artés como Museo de Historia de Barcelona MUHBA, o edificio de oficinas Alta Diagonal e a sede do FAD.
Nestes momentos, o estudio está a construír, entre outros proxectos, a Universidade de Cinema, Radio e Televisión na cidade de Katowice no sur de Polonia, a sede do Barcelona Supercomputing Center en Barcelona e un edificio de vivendas en Palma de Mallorca.
www.baas.cat/es
'Unha capela laica'
Un espazo de silencio dentro dunha gran cidade.
Un lugar de meditación, calma e reflexión que che illa da velocidade e o ruído da contorna e colócache nunha situación espiritual particularmente sensible.
Todos experimentamos ese efecto cando, ao pasearmos por unha gran cidade, decidimos entrar nunha igrexa e repousar uns instantes. A experiencia física e sensorial transfórmate durante uns minutos. A temperatura é distinta do exterior, especialmente agradable no verán cando pode ser uns cantos graos máis fresca. Os ollos deben adaptarse á penumbra e poden tardar uns segundos en facelo, durante os que te detés e esperas. Cando volves recuperar a marcha, oes só o eco dos teus pasos e esa é a máxima expresión do silencio. O cheiro a cera queimada e incenso transpórtate a unha espiritualidade conectada á túa infancia…
Unha experiencia semellante á que podes experimentar cando, após unha longa ascensión a unha montaña, atopas unha pequena capela no cumio e decides entrar nela. Soidade e silencio.
A proposta é deseñar un lugar que proporcione este tipo de experiencias na gran cidade. Unha cámara de baleiro.
Proponse un emprazamento no centro dunha gran cidade. A praza das Glòries en Barcelona. Un gran baleiro urbano que será nun futuro un gran parque metropolitano. A peza deberá, pois, atender á situación provisional actual do emprazamento mais coa mirada posta no futuro, cando a arquitectura quedará plenamente integrada dentro da paisaxe do parque.
Para iso tomarase como punto de partida o proxecto gañador do concurso arquitectónico convocado polo Concello de Barcelona, obra da Agence TER
e Ana Coello.
Cada proxectista deberá escoller a situación exacta da peza dentro dese ámbito situado entre as rúas Cartagena, Badajoz, Consell de Cent e Bolivia.
O tamaño tamén queda aberto ao criterio de cada autor, mais deberá ser reducido, semellante ao dunha capela pequena.
As referencias que poden ilustrar este enunciado poden ser moi variadas: a sala de reflexión de Antoni Tàpies na UPF, a capela Rothko en Houston, a capela de campo Bruder Klaus de Peter Zumthor, o proxecto da montaña Tindaya de Chillida, o Sonsbeek Pavilion de Aldo van Eyck, a MIT Chapel de Saarinen etc.
Salienta en todas estas arquitecturas o feito de estaren moi marcadas pola materia que as constrúe. Espazos interiores illados do exterior en que a fachada adquire un papel subordinado.
Unha ocasión para reencontrar os valores esenciais da arquitectura e o seu potencial para transformar o espírito humano.
A Fundación Arquia, convoca, coa colaboración do Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, 3 bolsas para estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente destinadas á realización de prácticas profesionais na Administración pública, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo.
A Fundación Arquia acordou coa Fundación Metrópoli a admisión de 2 arquitectos de titulación recente que estean interesados en urbanismo, innovación e desenvolvemento da cidade para realizar prácticas profesionais nas súas instalacións de Madrid.