-
Becas y convocatorias
Poderán optar á bolsa aqueles estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente con nacionalidade española ou portuguesa e os cidadáns estranxeiros con permiso de residencia en España ou Portugal que, á data de finalización da entrega de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:
Estudantes
a) Ter superado nalgunha escola española de Arquitectura de España ou Portugal, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título habilitante para o exercicio da profesión de arquitecto.
b) Estar matriculado no curso 2017/2018 nalgunha escola de Arquitectura de España ou Portugal.
Arquitectos
Estar en posesión do título habilitante para o exercicio da profesión de arquitecto obtido nunha escola de Arquitectura de España ou Portugal ou, de telo obtido fóra, homologado nalgún destes dous países despois do 30 de abril de 2017.
Os estudios foron seleccionados polo estudantado de escolas españolas de Arquitectura como os seus preferidos para facer prácticas profesionais segundo os resultados da VII enquisa online a estudantes de Arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 2017. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos por medio dunha enquisa online.
Os estudios participantes na presente convocatoria, con que a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en réxime de prácticas, son os seguintes:
Barcelona
Barozzi Veiga
Carme Pinós
EMBT. Miralles Tagliabue
Flores Prats Architects
H-arquitectes
OAB Carlos Ferrater
Madrid
Alberto Campo Baeza
amid.cero9
Emilio Tuñón arquitectos
Estudio Herreros
Nieto Sobejano, Arquitectos
NoMAD
Rafael Moneo
Olot
RCR. Aranda Pigem Vilalta
Pamplona
Patxi Mangado
Sevilla
Cruz y Ortiz Arquitectos
Basilea
Herzog & de Meuron
Berlin
Kéré Architecture
Lisboa
Aires Mateus e Associados
Londres
AZPML. Alejandro Zaera-Polo Maider Llaguno Architecture
Foster and Partners
Oporto
Álvaro Siza
París
Lacaton & Vassal Architectes
Rotterdam
MVRDV
A inscrición á convocatoria só se poderá realizar en liña dende a plataforma da Fundación Arquia. Para poder iniciar a inscrición, necesitarase previamente acreditación na plataforma para aqueles que non sexan usuarios FQ ou que aínda non estean acreditados. Acreditación usuario FQ.
Unha vez acreditados, poderán acceder ao formulario de inscrición dende o botón Inscrición.
Unha vez enviado o formulario coa documentación requirida, o candidato recibirá un correo en que se confirme o seu correcto envío.
Luns 30 de abril de 2018 ás 12.00 do mediodía (hora peninsular española).
Luns 30 de abril de 2018 ás 12.00 do mediodía (hora peninsular española).
Eduardo Souto de Moura nace en Oporto (Portugal) o 25 de xullo de 1952.
Licenciouse en Arquitectura pola Escola Superior de Belas Artes de Oporto en 1980.
Colabora co arquitecto Noé Dinis en 1974.
Colabora co arquitecto Álvaro Siza Vieira de 1975 a 1979.
Colabora co arquitecto Fernandes de Sá de 1979 a 1980.
De 1981 a 1991 traballa como profesor asistente do curso de Arquitectura na FAUP.
Inicia a actividade como profesional liberal en 1980.
Profesor convidado en París-Belleville, Harvard, Dublín, Zúric, Lausanne e Mantova.
Recibiu varios premios e participou en varios seminarios e conferencias en Portugal e no estranxeiro. En 2011 recibe o Premio Pritzker; en 2013, o Premio Wolf, e en 2017, o Premio Piranesi.
Cabanón de Le Corbusier, Roquebrune-Cap-Martin (Francia). Autor: Olivier Martin-Gambier.
Programa: o programa consiste en deseñar un cabanón para un mesmo, en calquera parte do mundo, despois da lectura do libro ««Viaje a la vuelta de mi habitación» de Xavier de Maistre. Existen varias referencias e experiencias que forman parte da historia, tales como: Le Corbusier (Sur de Francia); Celine (Dinamarca); Heidegger (Selva Negra); Virginia Woolf (Inglaterra) etc.
As áreas serán mínimas e non poden superar os 49 m2: 1 cuarto (integrado ou non nunha sala), 1 baño e 1 cociña pequena.
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supón o coñecemento práctico da profesión, convoca 1 bolsa para estudantes de Arquitectura e arquitectos de recente titulación nas escolas de Arquitectura de España e Portugal destinada á realización de prácticas de xestión cultural, non-laborables, na sede da Fundación Arquia en Barcelona.
A Fundación Arquia, convoca, coa colaboración do Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, 3 bolsas para estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente destinadas á realización de prácticas profesionais na Administración pública, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo.
A Fundación Arquia acordou coa Fundación Metrópoli a admisión de 2 arquitectos de titulación recente que estean interesados en urbanismo, innovación e desenvolvemento da cidade para realizar prácticas profesionais nas súas instalacións de Madrid.