-
Becas y convocatorias
Poderán optar á bolsa aqueles estudantes de arquitectura e novos arquitectos con nacionalidade española ou portuguesa ou cidadáns con permiso de residencia en España ou Portugal que, na data de finalización da presentación de solicitudes, cumpran os seguintes requisitos:
Estudantes
a) Ter superado polo menos o 60% dos créditos necesarios para obter o título habilitador para o exercicio da profesión de arquitecto nunha escola de arquitectura de España ou Portugal.
b) Estar matriculado no curso 2020/2021 nunha escola de arquitectura de España ou Portugal.
Arquitectos
Ter obtido o título habilitador para o exercicio da profesión de arquitecto nunha escola de arquitectura de España ou Portugal, ou ter obtido o título fóra dos ditos países e homologado nalgún deles, con posterioridade ao 30 de abril de 2020.
Apertura convocatoria: 2 xaneiro 2021
Periodo de inscrición: 2 de xaneiro ao 30 de abril de 2021
Resultados: última semana de xullo 2021
Acto de entrega: outubro2021
Goce da bolsa: a partir de outubro 2021
Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pódese optar por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultaneamente. Convócanse 12 bolsas para a modalidade concurso e o resto para a modalidade expediente. Para garantir unha distribución xeográfica axeitada das bolsas, farase unha ponderación proporcional ao número de inscricións válidas recibidas por centro de estudos e modalidade.
Os candidatos poderán optar a realizar as prácticas en todos os destinos ofrecidos pola Fundación Arquia dentro do programa. Para iso, deberán seleccionar as súas preferencias ao realizar a inscrición e cumprir os requisitos específicos de cada bolsa
Expediente académico. Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Este valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas da carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas de Proxectos (para este efecto, consideraranse todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal como se especifica no Anexo I das Bases.
Concurso. Os estudantes serán seleccionados en virtude do material achegado ao concurso, tal como se especifica no Anexo II das Bases.
A información poderá editarse ata o día e hora de finalización das inscricións: 30 de abril de 2021 ás 12 h do mediodía (hora peninsular española).
Expediente académico. Unha vez realizada a inscrición, accede á área privada de usuario introducindo correo electrónico e contrasinal e introduce a media das notas descritas anteriormente na caixa habilitada para esta (apartado de bolsas, opción «editar participación»). Posteriormente, os preseleccionados deberán ter un PDF do expediente académico.
Concurso 2021: «Vivir y convivir. Pensar la ciudad. Alternativas a la manzana Cerdà, o no…». Unha vez realizado a inscrición, accede á área privada de usuario introducindo correo electrónico e contrasinal e adxunta e completa os campos obrigatorios.
Presentación en dous arquivos PDF (72 dpi, formato .pdf e un tamaño máximo de 10 MB) que inclúe o seguinte material:
Documentación gráfica da proposta a nivel de anteproxecto en formato A3
Memoria explicativa con esquemas e reflexións en formato A4
Imaxe de portada
Os estudios foron seleccionados por estudantes de escolas españolas de Arquitectura como os seus preferidos para faceren prácticas profesionais, segundo os resultados da VIII enquisa en liña de estudantes de arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 2020. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos mediante unha enquisa en liña.
Os estudios participantes nesta convocatoria, cos que a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en prácticas, son os seguintes:
Aires Mateus e Associados
Alberto Campo Baeza
Álvaro Siza
Amid.cero9
Anupama Kundoo
Barozzi Veiga
Carme Pinós
Cruz y Ortiz Arquitectos
Emilio Tuñón arquitectos
Fala atelier
Foster and Partners
H-arquitectes
Herreros Arquitectos
Izaskun Chinchilla
Lacaton & Vassal Architectes
Langarita Navarro
MVRDV
Nieto Sobejano Arquitectos, Madrid
NoMAD
OAB Carlos Ferrater
Patxi Mangado
Rafael Moneo
RCR. Aranda Pigem Vilalta
TEd’A arquitectes
A Fundación Arquia, coa colaboración de Architect-US, convoca 2 bolsas para novos arquitectos de España e Portugal para a realización de prácticas profesionais en estudios de arquitectura dos Estados Unidos nos seguintes estudios:
OMA*AMO Architecture, New York
Diller Scofidio + Renfro, New York
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supón o coñecemento práctico da profesión, convoca 2 bolsas para arquitectos mozos titulados nalgunha escola de arquitectura de España ou Portugal interesados en urbanismo, innovación e desenvolvemento da cidade destinadas á realización de prácticas profesionais na Fundación Metrópoli.
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supón o coñecemento práctico da profesión, convoca 1 bolsa para estudantes de arquitectura e arquitectos mozos das escolas de arquitectura de España e Portugal destinada á realización de prácticas de xestión cultural, non laborais, na sede da Royal Academy of Arts en Londres.
O obxectivo da bolsa é ofrecer aos candidatos a posibilidade de complementar, mediante prácticas nunha institución dedicada a fomentar a creación, o goce e o coñecemento das artes visuais a través de exhibicións, educación e debate, os coñecementos culturais adquiridos durante os seus estudos e os seus primeiros anos de actividade profesional.
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supoñen o coñecemento práctico da profesión convoca, coa colaboración da Dirección Xeral de Arquitectura e Axenda Urbana do Ministerio de Transportes Movilidad e Axenda Urbana, 3 bolsas para estudantes de arquitectura e novos arquitectos das escolas españolas de arquitectura destinadas á realización de prácticas profesionais na Administración Pública en Madrid e 3 bolsas para novos arquitectos noMinisterio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación (2 bolsas en Madrid e 1 en Roma).
*A adxudicación das bolsas coa administración pública está supeditada anualmente á prórroga dos convenios xa asinados coa Fundación Arquia.
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supoñen o coñecemento práctico da profesión, convoca, coa colaboración da Fundación Arquitectura y Sociedad, 2 bolsas de matrícula para estudantes de arquitectura e novos arquitectos das escolas de arquitectura de España e Portugal para a participación no Campus Ultzama 2021.
As bolsas pretenden dar aos candidatos a posibilidade de complementar, mediante a participación en encontros de arquitectura e na Escola de Verán Ultzama, os coñecementos adquiridos durante a súa formación e contribuír ao achegamento entre o ámbito profesional e o académico.
A inscrición no concurso arquia/bolsas só se pode realizar mediante o sistema de inscrición en liña, completando o formulario habilitado para iso.
Para facilitar o proceso de inscrición podes gardar o estado da inscrición en calquera momento e seguir máis tarde.
Venres 30 de abril ás 12 h do mediodía (hora peninsular española).
Venres 30 de abril ás 12 h do mediodía (hora peninsular española).
Última semana de xullo 2021
Despois de acadar o recoñecemento internacional xunto con Enric Miralles con proxectos como o Cementerio de Igualada, Carme Pinós funda o seu propio estudio en 1991.
Durante todos estes anos, Carme Pinós compaxinou a súa actividade como arquitecta coa docencia, sendo profesora visitante en prestixiosas universidades como UC Berkeley, la Harvard Graduate School of Design, l’École Polytechnique Fédérale de Lausanne ou la Columbia University de NY.
Entre os seus proxectos recentes destacan a Praza da Gardunya, a Escola de Arte Massana e a fachada posterior do Mercado da Boquería en Barcelona; o Centro Cultural Caixaforum de Zaragoza, o edificio de Departamentos en el Campus WU de Viena e as Torres de Oficinas Cube I e Cube II en Guadalajara, México.
Recibiu numerosos premios e mencións entre os que se atopan o Richard J.Neutra Medal for Professional Excellence (2016), o 2016 Berkeley-Rupp Prize, a Creu de Sant de Sant Jordi da Generalitat de Catalunya (2015), o Premio de Arquitectura Española del CSAE (1995). Tamén en 2012 foi nomeada International Fellow del Royal Institute of British Architects e en 2011, Honorary Member del American Institute of Architects.
VIVIR Y CONVIVIR
PENSAR LA CIUDAD
ALTERNATIVAS A LA MANZANA CERDÀ, O NO…
O coronavirus fíxonos descubrir cousas que, agardo, non esquezamos. Unha foi a posibilidade do teletraballo que, sospeito, no futuro combinarase co traballo presencial. Outra é o descubrimento para moitos dos significados de barrio: día tras día os veciños foron vistos e recoñecidos mentres daban palmas nos balcóns ou facían colas nas tendas de proximidade. Los barrios tiveron veciños e non simplemente ocupantes.
Propoño repensar a cidades, repensar as vivendas. Quero que os candidatos traballen libres de orde zas, só co sentido común e a responsabilidade que implica crear espazos de relación e convivencia, así como pensar o medio ambiente.
Escollín unha zona con influencia do rueiro Cerdà pero con posibilidades de dar alternativas.
O territorio é suficientemente extenso e ben comunicado como para poder repensar a cidade, tanto a nivel de programa como en volumetría e conexións.
Non é unicamente unha reflexión sobre o rueiro urbano senón tamén un traballo de arquitectura. O concursante deberá pensar o tipo de vivenda e de comercio, así como os espazos públicos, quer abertos, quer pechados.
Pídese un mínimo de 70.000 m2 construídos, e déixanselle ao concursante reflexións sobre o grao de densidade e a relación co programa.
Lembramos que se trata de reflexionar sobre a cidade e non tanto sobre o deseño duns edificios, aínda que deixamos o concursante libre de chegar á definición arquitectónica que considerar necesaria para explicar a súa proposta.
SOLAR:
4 quinteiros comprendidos entre C/ Pere IV e C/Fluvià no oeste e C/ Selva de Mar e C/ Venezuela no leste. É un proxecto teórico polo que consideramos que o terreo está libre de edificacións que se deban conservar.
MATERIAL REQUIRIDO:
-Documentación gráfica da proposta como anteproxecto en formato A3.
-Memoria explicativa con esquemas e reflexións en formato A4.
Non se valorará tanto a cantidade de información presentada, como a singularidade e o rigor do pensamento exposto dunha maneira clara.
Carme Pinós, 2020