arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

Emprendemento Arquitectura

Acerca de Bolsas Arquia de Emprendemento en Arquitectura

Antecedentes

A inserción laboral dos arquitectos acabados de graduar é cada vez máis difícil nas empresas consolidadas, xa que o modelo de estudio tradicional está en crise e a esencia mesma da arquitectura está a ser reconsiderada nos últimos anos.
Os arquitectos que desexan montar a súa propia empresa enfróntanse a grandes obstáculos de entrada como a falta de apoio das entidades financeiras, a escasa formación para o emprendemento e a ausencia de programas específicos para apoiar as start-ups de arquitectura.

Obxectivos

A Fundación Arquia, en colaboración con Factoría Cultural / Vivero de Industrias Creativas en Matadero Madrid, convoca 1 bolsa de emprendemento e innovación destinada ao desenvolvemento dun proxecto de negocio en calquera dos campos da profesión de arquitecto, co fin de promover e apoiar a creación de iniciativas empresariais e de impulsar a innovación nos ámbitos relacionados coa arquitectura, favorecendo así a creación de emprego.

Descrición

A matrícula ofrécelles aos arquitectos a posibilidade de se adaptaren ao futuro grazas á formación e a oportunidade de explorar novas formas de traballar e de entender o seu oficio, no marco dunha prestixiosa institución entre creadores e innovadores como Factoría Cultural / Vivero de Industrias Creativas en Matadero Madrid, onde se poderán beneficiar do ambiente interdisciplinario e de colaboración que existe. O desenvolvemento da iniciativa empresarial levarase a cabo nun contorno estimulante e experimental que fomenta a aprendizaxe personalizada, o intercambio e o networking nos distintos eidos que conforman as industrias culturais e creativas.

Estrutura

O programa estrutúrase en convocatorias anuais que, mediante equipos sucesivos de xurado, seleccionan aqueles proxectos innovadores e viables, cun potencial de impacto no ámbito da arquitectura.
O lanzamento da convocatoria, así como a selección e adxudicación da bolsa realízase durante os dous primeiros trimestres do ano. A realización da bolsa en Factoría Cultural desenvólvese durante seis meses e coincide co período de incubación e de desenvolvemento do proxecto. Finalmente, como culminación do proceso, durante os dous meses seguintes á finalización da bolsa, xestiónase unha campaña de crowdfunding para o financiamento do proxecto.

 

Rexístrate na Fundación

Rexístrate como usuario da Fundación nos diferentes perfís de usuario