arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

Emprendemento Arquitectura

 I convocatoria bolsas en emprendemento e innovación

 2 bolsas de emprendemento e innovación
en Factoría Cultural/viveiro de industrias creativas en Matadero Madrid
  • Bases
  • A Fundación Arquia, en colaboración con Factoría Cultural Matadero Madrid, pon en marcha o programa Bolsas Arquia en Emprendemento e Innovación co fin de apoiar os arquitectos fomentando a cultura do emprendemento e a iniciativa empresarial como motores do crecemento económico.

    • Obxecto
    • Convócanse 2 bolsas de matrícula no viveiro de industrias creativas Factoría Cultural en Matadero Madrid, de seis meses de duración, dirixidas a arquitectos titulados nunha escola de Arquitectura do territorio español que desexen crear a súa propia empresa en calquera dos eidos relacionados coa súa profesión.

    • Candidatos
    • Arquitectos superiores titulados en calquera das escolas técnicas superiores de arquitectura do territorio español, arquitectos estranxeiros con título obtido en España e arquitectos con título obtido fóra do territorio español e validado en España cunha idea de negocio, independentemente da fase en que se atope (pre-incubación, incubación ou aceleración).

    • Calendario
    • Apertura convocatoria: 16 de marzo de 2015
      Período de inscrición: 16 de marzo a 22 de abril de 2015
      Resultados: 30 de abril
      Incubación: desenvolvemento dos proxectos: 1 de maio a 1 de novembro de 2015
      Campaña de crowdfunding: do 1 de outubro ao 30 de decembro de 2015

    • Documentación e envío
    • A documentación requirida poderase enviar a través do formulario de inscrición até o mesmo día do peche da convocatoria (22 de abril de 2015 ás 12.00 do mediodía).

      Máis información nas bases en PDF.

  • Inscrición
  • A inscrición á convocatoria só se poderá realizar en liña dende a plataforma da Fundación Arquia. Para poder iniciar a inscrición, necesitarase previamente acreditación na plataforma web FQ para aqueles que non sexan usuarios FQ ou aínda non estean acreditados. Acreditación usuario FQ.

    Unha vez acreditados, poderán acceder ao formulario de inscrición dende o botón Inscrición.

    Unha vez enviado o formulario coa documentación requirida, o candidato recibirá un correo en que se confirme o seu correcto envío.

  • Data límite de inscrición e envío de documentación
  • 16 de abril de 2015 ás 12.00 do mediodía

    22 de abril de 2015 ás 12.00 do mediodía
  • Xurado
  • O xurado estará composto por un equipo mixto de representantes de Factoría Cultural, Fundación Arquia e dous asesores:

    Rosina Gómez-Baeza

    Presidenta Factoría Cultural

    Marta Cervelló

    Patroa Fundación Arquia

    Mónica Bonafonte

    Directora da Escola Sert do Colexio de Arquitectos de Cataluña

    José Javier Quintana

    Director de BSA Rethinking Architecture
  • Criterios de valoración
  • Ser unha idea innovadora e que achegue un novo enfoque de traballo

    Potencial de impacto. Debe contribuír de maneira significativa no ámbito da arquitectura.

    Viabilidade, o proxecto debe ter obxectivos claros e realistas, unha planificación estudada e un orzamento detallado.

    Capacidade, o solicitante debe posuír unhas cualificacións e coñecementos fortes, debe demostrar capacidade para levar a cabo o proxecto con éxito.

  • Criterios de avaliación
  • As solicitudes serán valoradas polo xurado tomando en consideración os seguintes criterios:

    Currículo académico-profesional da persoa solicitante

    Memoria do proxecto proposto para a bolsa

  • Dotación
  • A bolsa inclúe os servizos de formación e mentoría nas diversas áreas relacionadas co emprendemento, un plan de empresa personalizado, 100 MB de Internet simétrico e o asesoramento legal, contable e de comunicación.

    Á parte dos servizos e recursos de Factoría Cultural, a Fundación Arquia pon ao dispor dos arquitectos bolseiros dous asesores de recoñecido prestixio no eido da xestión do desenvolvemento profesional na arquitectura que titorizarán o proxecto mediante sesións presenciais e virtuais.

    A Fundación Arquia asumirá os gastos da viaxe de desprazamento a Madrid (un único billete de ida e volta en avión, tren ou vehículo propio), proporcionará cobertura nos termos da póliza de asistencia en viaxe contratada a través da aseguradora Arquiseguros e as achegas á Seguridade Social que correspondan.

    A Fundación Arquia aboará directamente o importe da matrícula da bolsa a Factoría Cultural. Caso de que o emprendedor bolseiro desexe traballar cun equipo dunha, dúas ou máis persoas, facturaríanse ao interesado as seguintes cantidades:
    • Importe para a 2.ª persoa: 87,50 € + IVE (bonificación 75 %)
    • Importe para a 3.ª persoa: 175 € + IVE (bonificación 50 %)
  • Factoría Cutural_Viveiro de industrias creativas
  • Factoría Cultural/viveiro de industrias creativas é un espazo para a creación e o desenvolvemento de iniciativas empresariais nos distintos ámbitos das artes, a comunicación e as novas tecnoloxías, todos eles incluídos entre as industrias culturais e creativas. Factoría Cultural tamén se dirixe a entidades e asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade neste sector.

    É un viveiro que nace para fomentar e facer realidade proxectos innovadores e sustentables nunha contorna de traballo agradable, humana, aberta, dinámica, orientada ao usuario e que favoreza o networking, que acolle e apoia emprendedores que desexen facer realidade unha idea ou proxecto creativo.

    Factoría Cultural aspira a crear un ecosistema que facilite ao emprendedor residente o acceso aos recursos, os servizos e a formación requiridos para desenvolver a súa idea ou proxecto en condicións idóneas.

    Neste sentido, quere converterse nun referente, a nivel nacional e internacional, no mundo dos viveiros e aceleradores especializados nas industrias culturais e creativas.
    Visita a web de Factoría Cultural

Bolseiros

Os bolseiros correspondentes á convocatoria 2015 son:

Bolseiros

ESTHER RODRIGUEZ RAMOS

E.T.S. A - Madrid - UPM
MADRID, ESPAÑA

MyStreetBook SISTEMA INTERACTIVO PARA LA CONEXIÓN DE LA ARQUITECTURA Y EL URBANISMO CON LA SOCIEDAD

Salvador García Ochoa
E.S. A - Univ. Cardenal Herrera CEU
MURCIA, ESPAÑA

LEAN-3DPRINTER