-
Becas y convocatorias
A bolsa ten como obxectivos:
Fomentar a cultura do emprendemento e a iniciativa empresarial como motor de crecemento económico apoiando propostas innovadoras nos ámbitos relacionados coa arquitectura.
Ofrecer aos candidatos coñecementos e ferramentas que complementen a súa formación académica para poder facer realidade o seu proxecto de negocio.
Dar impulso a novos proxectos emprendedores xurdidos a partir de valores como o esforzo, o empeño e a innovación.
Poderán optar á bolsa aqueles arquitectos que obtivesen o título nunha escola española de Arquitectura ou fóra do país e homologado en España, que teñan permiso de residencia no territorio español, ou equipos pluridisciplinares integrados maioritariamente por arquitectos e cunha idea de negocio viable, creativa e innovadora.
O proxecto pode ser desenvolvido por un ou máis membros dun estudio, sociedade ou agrupación.
Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que gozasen dunha bolsa da Fundación Arquia na actual ou en anteriores convocatorias.
Apertura convocatoria: 1 de febreiro de 2019 ás 12 h do mediodía
Período de inscrición: dende o 1 de febreiro de 2019 ás 12 h do mediodía ata o 1 de abril de 2019 ás 12 h do mediodía.
Resultados: xuño de 2019
Incubación: desenvolvemento dos proxectos: dende o 15 de setembro de 2019 ata o 15 de marzo de 2020.
Campaña de crowdfunding: desenvolverase durante os 2 meses seguintes á finalización da bolsa
A documentación requirida poderase enviar a través do formulario de inscrición ata o mesmo día do peche da convocatoria (1 de abril de 2019 - 12 h do mediodía).
O proceso de inscrición realízase a través da plataforma web da Fundación Arquia e formalízase segundo os seguintes puntos:
A inscrición na convocatoria só se poderá efectuar en liña a través da plataforma da Fundación Arquia.
Para poder iniciar a inscrición, necesitarase previamente acreditación na plataforma web da Fundación Arquia para aqueles que non sexan usuarios FQ ou aínda non estean acreditados.
Unha vez acreditados, poderán acceder ao formulario de inscrición, cuxo botón de ligazón se atopa situado na páxina HTML da convocatoria aloxada na web da Fundación Arquia
(http://fundacion.arquia.es/es/concursos/otrosconcursos/emprendimiento/arquitectura/Convocatoria)
A participación quedará efectuada cando se complete o formulario de inscrición e se anexen os arquivos requiridos na convocatoria. Non se aceptarán propostas presentadas por outro medio que non sexa Internet.
A resolución do xurado será inapelable.
A Fundación reserva para si o dereito á reprodución ou exposición total ou parcial das propostas seleccionadas do concurso.
Cremos en proxectos con gran potencial que deben cumprir os seguintes criterios: O xurado valorará as solicitudes tendo en conta os seguintes criterios:
Currículo académico profesional do solicitante ou de cada integrante do equipo, para avaliar a capacidade de liderado, compromiso e motivación cara ao proxecto empresarial.
Memoria do proxecto proposto para a bolsa en que se saliente a súa orixinalidade e viabilidade. Análise Canvas.
O titor e os membros do xurado poderán contactar directamente cos candidatos para realizar unha entrevista personalizada no caso de que fose necesario aclarar aspectos sobre a idea ou proxecto.
Cremos en proxectos con gran potencial que deben cumprir os seguintes criterios:
Orixinalidade da idea de negocio: debe ser unha idea creativa e innovadora que achegue un novo enfoque de traballo e que contribúa de maneira significativa no ámbito relacionado coa arquitectura.
A idea de negocio deberá contar cunha estrutura clara, ordenada e lexible, e estar baseada nunha oportunidade de mercado con potencial suficiente de monetización.
Modelo de negocio innovador con alta capacidade de xeración de valor e un gran potencial de crecemento.
O proxecto deberá permitir unha inserción viable no mercado: obxectivos claros e realistas, definición de estratexias e recursos para a súa posta en práctica, unha planificación estudada e un orzamento detallado.
Capacidade e liderado do emprendedor ou equipo emprendedor: cómpre posuír cualificacións e coñecementos sólidos e débense demostrar competencias para levar a cabo o proxecto con éxito.
Durante o período de formación, a Fundación Arquia subvencionará o bolseiro cunha dotación económica de 7000 €.
A bolsa tamén inclúe o desenvolvemento do plan de innovación e emprendemento de Factoría Cultural, consistente en 24 horas de asesoramento (durante 3 meses) distribuídas en tres bloques (mercado, oferta de valor e desenvolvemento de prototipo) onde se desenvolverán obradoiros de Mercado, Oferta, Branding e Mercadotecnia e sesións de creatividade. A isto cómpre sumarlle 6 horas de seguimento do proceso (durante tres meses máis) por parte dun mentor de Factoría Cultural, que seguirá a implementación do prototipo e a saída a mercado.
A este plan de innovación e emprendemento engadiranse os servizos transversais de Factoría Cultural, tales como: 100 MB de Internet simétrica de subida e baixa de contidos, accesos a asesoramentos (entre outros: legal, contable, tecnoloxía, programación, comunicación etc). Así mesmo, inclúense outros programas de valor engadido: acceso a campaña de crowdfunding, acceso a campañas de mercadotecnia dixital e programas de visibilidade.
Á parte dos servizos e recursos de Factoría Cultural, a Fundación Arquia pon á disposición do emprendedor bolseiro, dende o primeiro día, un (1) asesor de recoñecido prestixio na xestión do desenvolvemento profesional relacionado co ámbito da arquitectura, que titorizará durante todo o proxecto mediante sesións presenciais e virtuais. Esta titorización orientarase á toma de decisións e guiaraos en todo o proceso de elaboración do plan de empresa e análise da súa viabilidade. Tamén facilitará ao bolseiro os contactos e as informacións necesarias para traballar o seu proxecto empresarial con éxito.
A Fundación Arquia asumirá os gastos de desprazamento a Madrid (un billete de ida e volta en avión, tren ou vehículo - segundo determine a Fundación), proporcionará cobertura nos termos da póliza de asistencia en viaxe contratada a través da corretoría Arquiseguros e realizará as achegas correspondentes á Seguridade Social.
O aboamento da matrícula realizarase directamente a Factoría Cultural.
No caso de que o candidato bolseiro traballe cun equipo dunha ou dúas persoas máis, Factoría Cultural bonificaralle ao interesado as seguintes cantidades:
Factoría Cultural/Vivero de Industrias Creativas é un espazo para a creación e o desenvolvemento de iniciativas empresariais nos distintos ámbitos das artes, a comunicación e as novas tecnoloxías, todos eles incluídos entre as industrias culturais e creativas. Factoría Cultural tamén se dirixe a entidades e asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade neste sector.
É un viveiro que nace para fomentar e facer realidade proxectos innovadores e sostibles nun contorno de traballo agradable, humano, aberto, dinámico e orientado ao usuario e que favoreza o networking, que acolle e apoia os emprendedores que desexen realizar unha idea ou proxecto creativo.
Factoría Cultural pretende crear un ecosistema que facilite ao emprendedor residente o acceso aos recursos, os servizos e a formación requiridos para desenvolver a súa idea ou proxecto en condicións idóneas.
Neste sentido, quere converterse nun referente, nacional e internacional, no mundo dos viveiros e aceleradores especializados nas industrias culturais e creativas.