arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
Las cookies propias y de terceros nos permiten mejorar nuestros servicios. Al navegar por nuestro sitio web, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información Aceptar
X

Área profesional / Convocatorias

Emprendemento Arquitectura

V CONVOCATORIA BOLSA DE EMPRENDEMENTO E INNOVACIÓN EN ARQUITECTURA

1 bolsa de emprendemento e innovación en arquitectura
en Factoría Cultural/Vivero de Industrias Creativas en Matadero Madrid
  • Bases
  • A Fundación Arquia, en colaboración con Factoría Cultural / Vivero de Industrias Creativas en Matadero Madrid, convoca unha bolsa de emprendemento e innovación destinada ao desenvolvemento dun proxecto de negocio en calquera dos campos da profesión de arquitecto, co fin de promover e apoiar a creación de iniciativas empresariais e de impulsar a innovación nos ámbitos relacionados coa arquitectura, favorecendo así a creación de postos de traballo.

    • Obxecto
    • A bolsa ten como obxectivos:

      Fomentar a cultura do emprendemento e a iniciativa empresarial como motor de crecemento económico apoiando propostas innovadoras nos ámbitos relacionados coa arquitectura.

      Ofrecer aos candidatos coñecementos e ferramentas que complementen a súa formación académica para poder facer realidade o seu proxecto de negocio.

      Dar impulso a novos proxectos emprendedores xurdidos a partir de valores como o esforzo, o empeño e a innovación.

    • Candidatos
    • Poderán optar á bolsa aqueles arquitectos que obtivesen o título nunha escola española de Arquitectura ou fóra do país e homologado en España, que teñan permiso de residencia no territorio español, ou equipos pluridisciplinares integrados maioritariamente por arquitectos e cunha idea de negocio viable, creativa e innovadora.

      O proxecto pode ser desenvolvido por un ou máis membros dun estudio, sociedade ou agrupación.

      Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que gozasen dunha bolsa da Fundación Arquia na actual ou en anteriores convocatorias.

    • Calendario
    • Apertura convocatoria: 1 de febreiro de 2019 ás 12 h do mediodía
      Período de inscrición: dende o 1 de febreiro de 2019 ás 12 h do mediodía ata o 1 de abril de 2019 ás 12 h do mediodía.
      Resultados: xuño de 2019
      Incubación: desenvolvemento dos proxectos: dende o 15 de setembro de 2019 ata o 15 de marzo de 2020.
      Campaña de crowdfunding: desenvolverase durante os 2 meses seguintes á finalización da bolsa

    • Documentación e envío
    • A documentación requirida poderase enviar a través do formulario de inscrición ata o mesmo día do peche da convocatoria (1 de abril de 2019 - 12 h do mediodía).

  • Inscrición
  • O proceso de inscrición realízase a través da plataforma web da Fundación Arquia e formalízase segundo os seguintes puntos:

    • A inscrición na convocatoria só se poderá efectuar en liña a través da plataforma da Fundación Arquia.

    • Para poder iniciar a inscrición, necesitarase previamente acreditación na plataforma web da Fundación Arquia para aqueles que non sexan usuarios FQ ou aínda non estean acreditados.

    • Unha vez acreditados, poderán acceder ao formulario de inscrición, cuxo botón de ligazón se atopa situado na páxina HTML da convocatoria aloxada na web da Fundación Arquia

      (http://fundacion.arquia.es/es/concursos/otrosconcursos/emprendimiento/arquitectura/Convocatoria)

    • A participación quedará efectuada cando se complete o formulario de inscrición e se anexen os arquivos requiridos na convocatoria. Non se aceptarán propostas presentadas por outro medio que non sexa Internet.

    • A resolución do xurado será inapelable.

    • A Fundación reserva para si o dereito á reprodución ou exposición total ou parcial das propostas seleccionadas do concurso.

  • Data límite de inscrición e envío de documentación
  • 1 de abril de 2019 ás 12 h do mediodía
  • Criterios de valoración
  • Cremos en proxectos con gran potencial que deben cumprir os seguintes criterios: O xurado valorará as solicitudes tendo en conta os seguintes criterios:

    Currículo académico profesional do solicitante ou de cada integrante do equipo, para avaliar a capacidade de liderado, compromiso e motivación cara ao proxecto empresarial.

    Memoria do proxecto proposto para a bolsa en que se saliente a súa orixinalidade e viabilidade. Análise Canvas.

    O titor e os membros do xurado poderán contactar directamente cos candidatos para realizar unha entrevista personalizada no caso de que fose necesario aclarar aspectos sobre a idea ou proxecto.

  • Criterios de avaliación
  • Cremos en proxectos con gran potencial que deben cumprir os seguintes criterios:

    Orixinalidade da idea de negocio: debe ser unha idea creativa e innovadora que achegue un novo enfoque de traballo e que contribúa de maneira significativa no ámbito relacionado coa arquitectura.
    A idea de negocio deberá contar cunha estrutura clara, ordenada e lexible, e estar baseada nunha oportunidade de mercado con potencial suficiente de monetización.
    Modelo de negocio innovador con alta capacidade de xeración de valor e un gran potencial de crecemento.
    O proxecto deberá permitir unha inserción viable no mercado: obxectivos claros e realistas, definición de estratexias e recursos para a súa posta en práctica, unha planificación estudada e un orzamento detallado.
    Capacidade e liderado do emprendedor ou equipo emprendedor: cómpre posuír cualificacións e coñecementos sólidos e débense demostrar competencias para levar a cabo o proxecto con éxito.

  • Dotación
  • Durante o período de formación, a Fundación Arquia subvencionará o bolseiro cunha dotación económica de 7000 €.

    A bolsa tamén inclúe o desenvolvemento do plan de innovación e emprendemento de Factoría Cultural, consistente en 24 horas de asesoramento (durante 3 meses) distribuídas en tres bloques (mercado, oferta de valor e desenvolvemento de prototipo) onde se desenvolverán obradoiros de Mercado, Oferta, Branding e Mercadotecnia e sesións de creatividade. A isto cómpre sumarlle 6 horas de seguimento do proceso (durante tres meses máis) por parte dun mentor de Factoría Cultural, que seguirá a implementación do prototipo e a saída a mercado.

    A este plan de innovación e emprendemento engadiranse os servizos transversais de Factoría Cultural, tales como: 100 MB de Internet simétrica de subida e baixa de contidos, accesos a asesoramentos (entre outros: legal, contable, tecnoloxía, programación, comunicación etc). Así mesmo, inclúense outros programas de valor engadido: acceso a campaña de crowdfunding, acceso a campañas de mercadotecnia dixital e programas de visibilidade.

    Á parte dos servizos e recursos de Factoría Cultural, a Fundación Arquia pon á disposición do emprendedor bolseiro, dende o primeiro día, un (1) asesor de recoñecido prestixio na xestión do desenvolvemento profesional relacionado co ámbito da arquitectura, que titorizará durante todo o proxecto mediante sesións presenciais e virtuais. Esta titorización orientarase á toma de decisións e guiaraos en todo o proceso de elaboración do plan de empresa e análise da súa viabilidade. Tamén facilitará ao bolseiro os contactos e as informacións necesarias para traballar o seu proxecto empresarial con éxito.

    A Fundación Arquia asumirá os gastos de desprazamento a Madrid (un billete de ida e volta en avión, tren ou vehículo - segundo determine a Fundación), proporcionará cobertura nos termos da póliza de asistencia en viaxe contratada a través da corretoría Arquiseguros e realizará as achegas correspondentes á Seguridade Social.

    O aboamento da matrícula realizarase directamente a Factoría Cultural.

    No caso de que o candidato bolseiro traballe cun equipo dunha ou dúas persoas máis, Factoría Cultural bonificaralle ao interesado as seguintes cantidades:

    • Bonificación 2.ª persoa: 75 % da cota mensual.
    • Bonificación 3.ª persoa: 50 % da cota mensual.

     

  • Factoría Cutural_Viveiro de industrias creativas
  • Factoría Cultural/Vivero de Industrias Creativas é un espazo para a creación e o desenvolvemento de iniciativas empresariais nos distintos ámbitos das artes, a comunicación e as novas tecnoloxías, todos eles incluídos entre as industrias culturais e creativas. Factoría Cultural tamén se dirixe a entidades e asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade neste sector.
    É un viveiro que nace para fomentar e facer realidade proxectos innovadores e sostibles nun contorno de traballo agradable, humano, aberto, dinámico e orientado ao usuario e que favoreza o networking, que acolle e apoia os emprendedores que desexen realizar unha idea ou proxecto creativo.
    Factoría Cultural pretende crear un ecosistema que facilite ao emprendedor residente o acceso aos recursos, os servizos e a formación requiridos para desenvolver a súa idea ou proxecto en condicións idóneas.
    Neste sentido, quere converterse nun referente, nacional e internacional, no mundo dos viveiros e aceleradores especializados nas industrias culturais e creativas.


    Visita a web de Factoría Cultural