arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Área profesional / Convocatorias

Emprendemento social

Acerca de Bolsas Arquia de Emprendemento Social

Antecedentes

O emprendemento social é un movemento cuxo obxectivo é xerar un impacto positivo e de mellora no mundo, propondo solucións innovadoras para os problemas máis graves da sociedade. Son iniciativas empresariais que, a pesar de non teren un gran recoñecemento como proxectos noutras áreas, achegan o seu esforzo en accións que promoven a sostibilidade ambiental, facilitan a inclusión laboral e social, ofrecen oportunidades ás persoas dependentes e contribúen a reducir as desigualdades, transformando positivamente a sociedade.

Obxectivos

A Fundación Arquia, en colaboración con Barcelona Activa, convoca 1 bolsa de emprendemento social destinada ao desenvolvemento dun proxecto de negocio sostible con forte compoñente social, co fin de promover e apoiar a creación de iniciativas empresariais que teñan como obxectivo conseguir unha incidencia positiva na sociedade mediante a resolución de problemas actuais da poboación, dende unha vertente social ou ambiental.

Descrición

A bolsa ofrécelles aos profesionais a posibilidade de se adaptaren ao futuro grazas á formación e a oportunidade de explorar novas formas de traballar e de iniciar un negocio, no marco dunha prestixiosa institución no ámbito do fomento do emprendemento e a innovación como Barcelona Activa, onde se poderán beneficiar do ambiente interdisciplinario e colaborativo que existe.
Como vantaxes complementarias ao Programa de Emprendemento Social, a Fundación Arquia ofrece un asesor individual para a titorización do proxecto e unha dotación económica de 7000 euros, para que os beneficiarios poidan asistir ás sesións en Barcelona Activa.

Estrutura

O programa estrutúrase en convocatorias anuais, que mediante equipos sucesivos do xurado, seleccionan aqueles proxectos innovadores e viables, cun potencial de impacto no ámbito social ou ambiental.
O lanzamento da convocatoria, así como a selección e adxudicación da bolsa realízase durante os dous primeiros trimestres do ano. A realización da bolsa en Barcelona Activa desenvólvese durante seis meses coincidindo co período de incubación e de desenvolvemento do proxecto.

Rexístrate na Fundación

Rexístrate como usuario da Fundación nos diferentes perfís de usuario